Saltar ao contido principal
Inicio  »  Institutos e centros de investigación  »  Instituto de Dereito Industrial

Instituto de Dereito Industrial (IDIUS)

CabeceraGIF2

 

Actualidade
9 de marzo de 2012
"Seminarios IDIUS: La protección de la competencia en España"

O IDIUS ten o pracer de contar coa colaboración do actual Presidente da Comisión Nacional da Competencia, D. Joaquín García Bernaldo de Quirós, para a celebración dun seminario sobre defensa da competencia en España.

O evento terá lugar o vindeiro martes 13 de marzo ás 11:00 da mañá, na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Dereito. A entrada será libre ata completar aforo.

Cartel do seminario
- - -
16 de febreiro de 2012
"IX Curso Jean Monnet de Integración Europea y Derecho Privado"

Aberto o prazo de matrícula para o "IX Curso Jean Monnet Integración Europea y Derecho Privado", que terá lugar do 20 ao 29 de Marzo de 2012 no Salón de Graos da Facultade de Dereito (USC). Prazas limitadas.

Máis información e matrícula dispoñible en: IDPUE, CEDE

Cartel do curso
- - -
14 de decembro de 2011
Vol. 31 de "Actas de Derecho Industrial y Derecho de Autor"

Dende comezos de decembro de 2011 xa está dipoñible en librarías o Volume 31 da revista "Actas de Derecho Industrial y Derecho de Autor", correspondente ó período 2010-2011.

Pode consultar os seus contidos na sección de Índice de volumes publicados de ADI.

NuevoADI31

 

Presentación

O Instituto de Dereito Industrial (IDIUS) é un Instituto Universitario propio da Universidade de Santiago de Compostela adicado á investigación da Competencia económica, a Propiedade Industrial e a Propiedade Intelectual.

 

Entidades colaboradoras

No seu obxectivo de investigar e promover o coñecemento nos campos da Propiedade Industrial, a Propiedade Intelectual e o Dereito da Competencia, o IDIUS conta coa colaboración das seguintes entidades:

 

Logo oepm2small
LogoTGDCsmall logo CEDEsmall