ADI ocúpase da propiedade industrial, o Dereito de autor e o Derecho da competencia en España, na Unión Europea e nos seus Estados, nos países latinoamericanos, nos Estados Unidos e na esfera internacional. As linguas oficiais da revista son o castelán, o inglés, o galego e o portugués. A revista está dirixida aos estudosos destas materias, tanto no ámbito académico como no profesional.
A revista divídese nas 9 partes seguintes: Doutrina (I), Crónica e Doutrina breve (II), Comentarios de xurisprudencia española (III), Comentarios de Xurisprudencia Europea e Internacional (IV), Xurisprudencia e Resolucións españolas (V), Xurisprudencia da Unión Europea (VI), Textos e Documentos (VII), Noticias (VIII) e Bibliografía (IX).
A revista edítase polo Instituto de Dereito Industrial da Universidade de Santiago (IDIUS). Publícase anualmente nun único volume ao largo do cuarto trimestre, polo que a súa información exténdese ás noticias producidas de xullo dun ano ata xullo do ano siguinte. Por esta razón xunto ao número de cada volume figuran os dous anos sobre os que informa cada volume de ADI, sen perxuizo de que as partes V, VI ofrezan unicamente información do primeiro ano que figura no título.
Actas de Derecho Industrial y Derecho de Autor está incluida na base de datos ISOC do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) (Categoría ALTA), en DICE (Difusión e Calidade Editorial das Revistas Españolas de Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas), no Repertorio Latindex, en RESH (Revistas Españolas de Ciencias Sociais e Humanas), na Clasificación Integrada de Revistas Científicas (CIRC), na base de datos MIAR e en IN-RECJ (Índice de impacto. Revistas Españolas de Ciencias Xurídicas). Asimismo, a revista está categorizada por ANEP/FECYT e por CARHUS, indexada en Dialnet e El Derecho, e incluida en vLex.
Marcial Pons
San Sotero, 6
E-28037. Madrid
Teléfono: 91 304 33 03. Extranjero: 34-13304 33 03
Fax: 91 327 23 67. Extranjero: 34-1-327 23 67
Correo electrónico: revistas@marcialpons.es