Partes I, III y IV, 32 páxinas como máximo con notas incluidas; Parte II, 20 páxinas; Parte VIII, 5 páxinas; parte IX Recensións 5 páxinas, e notas bibliográficas media páxina.
Os autores de traballos para ser incluidos nas partes I, II, III y IV de ADI, xunto co orixinal do traballo deberán remitir un resumo do mesmo en español cunha extensión máxima de 15 liñas. Tamén deberá acompañarse a correspondente versión en inglés de dito resumo. Xunto co orixinal do traballo tamén deberán remitirse ao menos tres palabras chave (en español e inglés) que faciliten, por exemplo, a súa inclusión en bases de datos.
Será preciso igualmente incluir un sumario dos epígrafes do traballo tanto na lingua na que estea redactado o traballo como en inglés (se o traballo está redactado en inglés, o sumario figurará tamén en español).
Deberá proporcionarse ao menos a cualificación profesional do autor ou autora (Dr., Profesor, Avogado, Xuiz, etc.) e o nome da institución de traballo do autor ou autores de cada artigo. Esta información deberá atoparse nunha nota ao pé co símbolo () que figurará despois do nome dos autores ao principio de cada traballo. Débese incluir tamén un enderezo postal ou de correo electrónico.
Sen perxuizo de que tamén podan presentarse en soporte papel, os traballos presentaranse necesariamente en archivo informático en Word ou equivalente, con suxeción ás siguientes regras:
Tipo de letra: Times New Roman
Tamaño: 12 (notas ó pé: 10)
Folio DIN A-4.
Interlineado: 1,5 (notas ao pé: simple)
Marxes: 3-3-3-3.
Deberanse utilizar necesariamente as abreviaturas que figuran no índice da revista ADI. Se se utilizan siglas de revistas, publicacións periódicas, ou textos legaies que non aparecen no índice de ADI, deberán facerse constar nunha nota inicial do trabajo.
As citas de obras monográficas faranse do seguinte xeito: Inicial do nome (en versalita), Apelidos do Autor, Título da obra (en cursiva), Lugar de publicación, Editorial, Ano, páxs. (por exemplo: M.M. MAROÑO GARGALLO, La protección jurídica de las denominaciones de origen en el derecho español y comunitario, Marcial Pons, Madrid, 2002, páx. 68).
As citas de traballos publicados en revistas faranse do seguinte xeito: Inicial de nome no seu caso e Apelidos do Autor sempre (en versalita), Título do traballo (entre comiñas), Abreviatura da revista se figura no Índice (se non figura no índice o título completo en versalita), Volume, Número (se o houbese), Ano (entre paréntesis), páx. inicial do artigo e, entre paréntesis, a concreta páxina citada. Por exemplo: V., DI CATALDO, El nuevo código de la propiedad industrial italiano, ADI 26 (2005-2006), páxs. 101 ss (104). Unha vez efectuada a primeira cita dun traballo nunha revista, en citas sucesivas non é preciso reiterar o título do trabajo e basta citar o membrete bibliográfico coa páxina citada.
Os orixinales que non se axusten a estas instrucións serán devoltos aos autores para que realicen as correspondientes modificacións ou adicións. De non efectuarse no prazo sinalado non se publicará o traballo. De cualquera xeito, a Direción resérvase a facultade de efectuar directamente as correcións oportunas para axustarse ás Instrucións cando nestes casos concretos considere prioritaria a publicación do traballo polo interese e valor do seu contido á marxe dos defectos formais.