ADI so acepta traballos de investigación orixinais e inéditos en español, inglés, portugués ou galego. Excepcionalmente tamén se aceptará publicar a primeira versión en español de traballos publicados orixinalmente en linguas distintas das citadas.
Antes do 30 de xaneiro de cada ano deberá notificárselle á Direción da revista (actas.derecho.industrial@usc.es), ou directamente a calesqueira dos membros da Secretaría, a intención de enviar un traballo co título provisorio. Os traballos orixinais deberán ser presentados no Instituto de Dereito Industrial (actas.derecho.industrial@usc.es) antes do 30 de marzo de cada ano. A aceptación comunicarase a máis tardar o 15 de maio.
Os traballos presentados a ADI serán sometidos á avaliación confidencial dos expertos alleos ao equipo editorial seguindo criterios internacionais. A avaliación é cega, de modo que os e avaliadores non coñecen a identidade do autor, nin este a daqueles. No caso de que os avaliadores propoñan modificacións na redación do orixinal será responsabilidade do equipo editorial- unha vez informado o autor- o seguimento do proceso de reelaboración do traballo. No caso de que o traballo non sexa aceptado, o orixinal será devolto ao autor xunto cos dictámenes emitidos polos avaliadores. A secretaría da revista comunicará aos autores, no prazo de tempo máis breve posible, e sempre antes dol 15 de maio, o rexeitamento dos orixinais remitidos. A falta de comunicación antes do 15 de maio significa que o orixinal foi admitido e que se publicará no volume de ADI do ano en curso.
Os dereitos de edición e publicación, en cualquera soporte, dos traballos aceptados e publicados correspóndenlle á Universidade de Santiago de Compostela. As colaboracións en ADI son gratuitas, tanto polo que respecta aos traballos publicados como á labor dos Avaliadores Externos.