Saltar ao contido principal
Inicio  »  Institutos e centros de investigación  »  Instituto de Matemáticas  »  Historia do IMAT

Breve reseña histórica do IMAT

O IMAT nace por iniciativa da Facultade de Matemáticas como unha alternativa ao Seminario Matemático, dependente do Instituto Jorge Juan de matemáticas do CSIC cando dito Instituto do Consello desaparece no ano 1984.

Creado por Orden Ministerial de 27 de marzo de 1982 (B.O.E de 13 de xaneiro de 1983), a existencia do IMAT como centro propio da USC aparece recollida de forma explícita nos primeros estatutos democráticos da USC, aprobados durante a reitoría do Prof. Carlos Pajares, se ben non é ata o ano 1995 no que un grupo de profesores da Facultade de Matemáticas plantea a súa revitalización, co apoio do equipo reitoral da USC, liderado polo Prof. Darío Villanueva. Como froito desta iniciativa elabórase un regulamento de réxime interna que é sometido á aprobación da Xunta de Goberno da USC, que o aproba en decembro de 1995. No mes de febreiro de 1996, a USC nomea Director en Funcións do IMAT ao Prof. José María Isidro, quen convoca una asamblea dos membros do IMAT na primeira semana do mes de abril de 1996, elixindo aos membros do Consello Científico do IMAT e nacendo así o primeiro órgano colexiado contemplado no seu regulamento. O día 11 de abril, o Consello Científico celebra a súa primeira reunión na que acorda propoñer o Consello de Goberno do IMAT, co nomeamento do Prof. Luís Ángel Cordero como director do mesmo. O Prof. Cordero ocupou a dirección do IMAT dende 1996 ata 2000, ano no que foi sucedido polo Prof. Juan M. Viaño Rey (2000-2002). Dende 2002 ata 2010, o director do IMAT foi o Prof. Juan J. Nieto Roig.

A partir deste momento, con todos os órganos colexiados constituídos, o IMAT comeza a desenvolver as súas actividades de forma continuada ata o momento actual. Entre outras moitas, cabe destacar a creación do Programa de Doutoramento en Matemáticas, que se mantivo en vigor dende 1996 ata o ano 2009.

 

 

Páxina de presentación do IMAT