Grupo de Investigación Calderón de la Barca
Programa [Actualizado: 19/9/12]

O Grupo de Investigación Calderón de la Barca, GIC, fundouse en 1994 baixo a dirección de Luis Iglesias Feijoo, co obxectivo inicial de editar as comedias de Calderón. Tras varios anos de traballo, publicáronse as seis primeiras Partes do dramaturgo, o que supón un total de setenta e dúas comedias editadas con criterios de fiabilidade textual nunca antes aplicados de xeito sistemático ao conxunto da obra de Calderón de la Barca.
O GIC ten a súa base na Universidade de Santiago de Compostela (España) e aséntase sobre un grupo de profesores, investigadores e bolseiros desta institución os cales comparten as súas tarefas con especialistas en Calderón e na literatura do Século de Ouro de todo o mundo.
Ademais da tarefa principal que supón a edición e o estudo das comedias calderonianas, o GIC fomenta e mantén outro tipo de actividades como son a organización de cursos, congresos e conferencias ou a publicación conxunta co grupo GRISO da Universidad de Navarra da revista monográfica sobre o dramaturgo Anuario Calderoniano, ACAL.
Do mesmo xeito, o GIC promove na Universidade de Santiago de Compostela o Seminario Permanente Calderón de la Barca no que impartiron seminarios e conferencias os mellores especialistas a nivel mundial na comedia do Século de Ouro.
A actividade investigadora e formativa do GIC foi recoñecida cun número crecente de proxectos de investigación por parte das administracións española e galega, ademais de participar, como membro fundador, no grupo CONSOLIDER TC/12 que reúne aos grupos de investigación mais importantes ocupados no estudio do teatro áureo.