Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Proxectos  »  Patrimonio Cultural de Amoeiro

 Presentación

O interese patrimonial Formigueiro_03_vista do concello de Amoeiro radica en que posúe pegadas de tódalas etapas do pasado que contribúen a crear unha paisaxe cunhas características excepcionais difíciles de atopar noutras áreas.  

A vantaxe principal é que todos os restos que perviven atópanse, en conxunto, en boas condicións de conservación. A isto únese o feito de que o concello presenta unha paisaxe rural moi ben conservada, rexida por unha organización territorial tipicamente campesiña.

Polo tanto, o valor patrimonial do Concello de Amoeiro non é maior nin menor que o de calquera concello de Galicia, pero si excepcional e único en si mesmo. A maiores trátase dun entorno rural naturalmente privilexiado a pouca distancia dunha grande urbe e, ademais, atópase no centro xeográfico e simbólico dunha extensa comarca cunhas características patrimoniais e naturais específicas: Os Chaos de Amoeiro.

De seguido relaciónanse en dous listados os diversos e amplos elementos que compoñen o Patrimonio Cultural de Amoeiro:

CAPELAS
 5
CASAS RECTORAIS
 8
CASAS TRADICIONAIS E ADEGAS
 21
CRUCEIROS
 12
EIRAS
 5
FONTES, LAVADOIROS E BEBEDEIROS
 12
FORNOS
 7
HÓRREOS E CABACEIROS
 29
IGREXAS
 8
MUÍÑOS
 1
OUTROS
 12
PAZOS
 8
PETOS DE ÁNIMAS
 2

  

                      

  

         

   

ARAS ROMANAS
 2
CASTROS
 3
PEDRAS CASTREXAS DECORADAS
 6
PETRÓGLIFOS
 30
SARTEGOS E SEPULCROS
 8
TÚMULOS
 3
XACEMENTOS PALEOLÍTICOS
 2
XACEMENTOS ROMANO-MEDIEVAIS
 1



                

1.         Patrimonio ambiental e paisaxe rural

 A pesares das obras públicas, das repoboacións e das consecuencias do éxodo rural cara á cidade, pódese dicir que o impacto medioambiental en Amoeiro non é grave polo que o concello segue a ter un entorno natural ben conservado. As pozas do río Barbantiño, os amplísimos horizontes que se divisan dende o monte Rodeiro e outros miradoiros, a flora autóctona… son algunhas das características destacables desta zona.

O poboamento da zona ten un marcado carácter rural e está caracterizado por concentracións de pequenos núcleos que hoxe en día seguen a estar habitados.

Aínda que a paisaxe rural sufriu os procesos de abandono e cambio propios doutras zonas de Galicia, na actualidade aínda se pode distinguir perfectamente unha organización do territorio baseada nunha economía campesiña, á cal se debe o bo estado de conservación do patrimonio natural. Trátase pois dunha paisaxe rural tradicional, entendendo o termo “tradicional” non como algo estancado ou inmutable ao longo do tempo senón como algo que, aínda que foi modificado, puido sobrevivir conservando as súas características estruturais.

 

2.         Patrimonio cultural

2.1.    Prehistoria:

Seguindo unha liña cronolóxica podemos sinalar ao Monte do Rodeiro, na súa caída cara ao Miño, así como a zona de Venda Nova (Bacurín), como as áreas do concello onde se poden recoñecer os restos máis antigos de actividade humana. Nestas áreas concéntranse a diversidade de materiais deixados polas sociedades cazadoras-recolectoras características do Paleolítico. O tipo de material atopado está formado fundamentalmente por lascas, na súa maioría de cuarzo e cuarcita, así como algúns soportes 006_Pedra de A Ferradura de sílex. Tamén destaca na mesma zona a existencia dalgúns abrigos rochosos que poderían estar dedicados a actividades de talla, oteadeiros, resgardos, etc.

As evidencias arqueolóxicas do período neolítico correspóndense a monumentos funerarios tipo mámoa ou túmulo megalítico, agrupados en necrópoles principalmente situadas nas dorsais do Monte do Rodeiro. O número de túmulos documentados non semella excesivamente alto, de momento só tres no entorno de “As Chairas”, pero as características topográficas do Monte do Rodeiro e as informacións etnográficas suxiren unha ampla densidade aínda por coñecer. Como sucede no caso dos xacementos paleolíticos, a magnífica conservación do entorno natural permite explicar e divulgar de xeito elocuente as sociedades que alí viviron, os seus modos de vida e a percepción que tiñan sobre os seus monumentos, algo moito máis difícil noutros lugares de Galicia onde a introdución do eucalipto ten alterado enormemente a paisaxe.

 As intervencións arqueolóxicas asociadas ao seguimento da Rede de Gasificación de Galicia permitiron descubrir unha serie de xacementos arqueolóxicos inéditos ata entón na Chan da Ferradura, que teñen sido obxecto de abundantes publicacións e disuasivas interpretacións. Trátase esencialmente dun conxunto de gravados rupestres de tipoloxía diversa e cuxa adscrición cronolóxica situamos na Idade do Bronce e, máis probablemente, na transición á Idade do Ferro. Dada a escaseza de petróglifos na provincia de Ourense, a existencia destes restos convértese nunha novidade de certa relevancia. Por outra banda, a súa localización e as súas asociacións cos xacementos da outra banda do Barbantiño poderían convertelo nun dos lugares óptimos dende o que explicar unha Arqueoloxía da Paisaxe da zona.

Os xacementos castrexos non semellan ser excepcionalmente abundantes no propio concello de Amoeiro, pero si nas súas marxes. É este un dos campos nos que a explicación debe estenderse aos concellos do entorno. Destacan os castros asociados ao Chan da Ferradura (Coto do Castro e A Zarra), así como o espectacular xacemento de Formigueiro, entre outros como A Poboanza e O Castelo. Algúns destes xacementos presentan importantes estruturas, gravados rupestres ou restos materiais en superficie.

2.2.    Período romano:007_Relevo-de-Formigueiro

 O cruce de vías romanas que se produce no concello de Amoeiro é coñecido dende antigo e está ben documentado, entre outras razóns, pola aparición de varias aras dedicadas aos Lares Viais. Aparte deste feito, destacan algúns achados no eido da plástica castrexa e/ou galaico-romana, sobre todo o famoso relevo de Formigueiro, o de Fontefría e os diversos restos do lugar de San Xiao.

Coma en case tódolos períodos que temos tratado ata o de agora, a súa relevancia é sobre todo potencial: trátase dunha concentración de xacementos moi elevada nun lugar que ten sido obxecto de poucas prospeccións de carácter científico. O obxectivo a curto prazo sería unha sistematización da información que permita confirmar tales expectativas.   

2.3.    Tardorromanidade e Alta Idade Media:

O xacemento tardorromano e altomedieval de As Pereiras foi descuberto, o mesmo que os gravados rupestres de A Ferradura, durante as obras da canalización do gas. A súa escavación, moi parcial, reportou algúns restos materiais de considerable relevancia. A importancia dos restos deste período nos concellos contiguos de Punxín e Ourense é un factor a ter en conta, pois permite relacionar e vencellar o proceso histórico da comarca nesta fase relativamente mal coñecida.   

2.4.    Idade Media e Moderna:

 008_Portada da Igrexa de San Pedro de Trasalba Non nos estenderemos sobre o potencial arqueolóxico da Idade Media na zona, por ser ben coñecido e constituír, a día de hoxe, un dos principais activos turísticos do concello009_Pazo de San Damian e da comarca. Igrexas románicas como as de San Pedro de Trasalba ou a de Cornoces, ou o Priorado de Bóveda de Amoeiro son elementos destacados de seu.

A comarca de Amoeiro recibía na Idade Media o nome de “Castela”, pola abundancia das fortificación asociadas. Hoxe moitas delas non son máis que restos arqueolóxicos pouco coñecidos como o castelo de Formigueiro, tamén coñecido como Alba de Búbal, que destaca pola importancia dos restos conservados e aínda visibles entre a maleza, pola documentación histórica que del se conserva e pola súa asociación con outros xacementos próximos.

Como prolongación da cultura nobiliaria da Idade Media, o concello de Amoeiro reúne un denso patrimonio pacego das fidalguías de época moderna. Posúe, en concreto, oito pazos en moi diversas condicións de conservación e propiedade.

2.5.    Construcións populares:

 Amoeiro c010_Horreo en Formigueiro onserva unha importante arquitectura popular en pedra da que da fe unha ampla lista de hórreos, cruceiros, lavadoiros, fornos… algúns dos cales seguen actualmente en uso.

 

  

   


002_Logo Incite 001_Logo I+D

003_Logo LaPa_CSIC