A Unidade de Análise Elemental posibilita a determinación e cuantificación do contido en carbono, hidróxeno, nitróxeno, xofre e osíxeno presente nun amplo número de mostras orgánicas e inorgánicas.
A técnica de análise elemental baseada na completa e instantánea oxidación da mostra (combustión) e posterior determinación dos gases procedentes de dita combustión mediante un detector de conductividade térmica; é unha técnica esencial para o investigador de síntesis (químico, farmacéutico, etc.), ó que aporta datos que contribúen a confirmación da estructura dun composto de nova preparación. Tamén resulta de gran utilidade no análise de solos, mostras mariñas, ../riaidt. e en xeral, no control de identidade e pureza de calquer tipo de mostra que conteña os elementos C, N, H, S e O.
![]() |
Aplicacións:
* Identificación da pureza de compostos de nova síntese: mostras orgánicas, organometálicas, haloxenadas, ../riaidt.
* Determinacións do contido de CHNS e O en derivados petroquímicos: fueles, gasolinas, aceites, coques, etc.
* Análise de vexetación, madeiras, algas, etc.
* Análise de alimentos (relación Nitróxeno/proteína).
En función da cantidade e homoxenidade da mostra a análise realizarase en microanálise (1-3 mg.) ou en macroanálise (50-1000 mg.).
DETERMINACIÓN DE CARBONO ORGÁNICO TOTAL
A determinación selectiva da materia orgánica nunha mostra sólida é posible despois da acidificación con HCL.
A acidificación realizase nunha cápsula de prata onde os carbonatos reaccionan (desprendese CO2) e a materia orgánica restante secase a 80 ºC para a total eliminación dos carbonatos e a auga.
A continuación determinase o Carbono Orgánico Total (T.O.C) da mostra cas condicións analíticas standard do analizador.
Xeralmente, analizase tamén a mostra sen tratar para determinar o Carbono Total (T.C.).
Tipo de mostra: solos, sedimentos, compost...
Tamaño da mostra: 20 - 30 mg