Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Análise Elemental  »  DSC

Sección de DSC


O DSC (Calorímetro de Barrido Diferencial) determina a temperatura e fluxo de calor asociados con transicións dos materiais, en función do tempo e a temperatura.Tamén proporciona datos cuantitativos e cualitativos en procesos endotérmicos e exotérmicos de materiais durante transicións físicas que poden ser causadas por cambios de fases, fusión, oxidación e outros cambios relativos ó calor.

Envío de Mostras:

As mostras deben ir acompañadas co formulario debidamente cumprimentado. É de gran importancia o peso da mostra, o método a empregar e sobre todo que o usuario asegure que as mostras non van a desprender gases corrosivos que poidan daña-lo equipo.

Comunícaselle a tódolos usuarios do servicio de Calorimetría Diferencial de Barrido (DSC):

  • Ó longo do ano íranse intercambiando os dous accesorios en períodos que determinará o servicio en función da demanda de mostras.
  • Rógase ós usuarios que antes de envíar mostras se poñan en contacto co persoal da unidade para asegurarse de que o accesorio instalado nese momento é o axeitado para as súas análises.