Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Arqueometría  »  Colaboradores

Asesoramento Científico

No caso de determinacións analíticas para as que a Unidade de Arqueometría non dispón de equipamento e/ou ben no caso de necesidade puntual de asesoramento en determinados traballos, recúrrese a unha serie de investigadores da USC co gallo de optimizar os recursos técnicos e humanos dos que dispón a Universidade en relación á investigación arqueométrica. Tamén se recurre a investigadores doutros organismos públicos.  Os especialistas que asesoran á Unidade pertencen ás seguintes áreas:

- Paleoambiente e análisis edafolóxicas.

- Cerámica prehistórica, desde unha fase de selección da mostra ata unha fase de valoración dos resultados desde o punto de vista arqueolóxico.

- Análises orgánicas.

- Microscopía Electrónica de Barrido.

- Determinación cuantitativa da cor e asesoramento.

- Alteración de monumentos. Análisis da Pedra.

- Restauración de Materiais Arqueolóxicos.

- Xacementos minerais de Galicia.