Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Procedemento Envío Mostras

Transporte de mostras entre o Campus de Lugo e o de Santiago

Existe un servizo de transporte de mostras entrámbolos dous campus da USC. O servizo realízase mediante o vehículo habilitado polo servizo de xestión de residuos, aproveitando a ruta que xa fai semanalmente entre Lugo e Santiago.

O transporte faise tódolos mércores. As mostras saen dende o CACTUS de Santiago as 8:15 h da mañá para seren entregadas no Cactus de Lugo dúas horas mais tarde. Ás 12 h sairán do CACTUS de Lugo as mostras que vaian ser transportadas a Santiago. Polo tanto, o horario de recepción de mostras para o seu transporte será a mañá e a tarde do martes (laboratorio de preparación de mostras, planta baixa, CACTUS Santiago) e a mañá do mércores antes das 12 h (planta baixa, CACTUS Lugo). Unha vez que as mostras estean analizadas os propios usuarios deberán proceder a recollelas no punto de partida.

Lémbrase que é obrigatorio achegar coas mostras o  Formulario Carta de Porte, debidamente cuberto, para poder facer uso deste servizo de transporte.

pdf Normas de presentación das mostras para o transporte [pdf - 149 kb][Actualizado: 25/5/11]