Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Espectrometría de Masas e Proteómica

Espectrometría de Masas e Proteómica

A Espectrometría de Masas é unha técnica microanalítica que require soamente uns poucos nanomoles de mostra para obter información característica da estrutura e da masa molecular do composto a estudar. É unha técnica destrutiva na que a mostra é consumida durante a análise. En todas as técnicas usadas en espectrometría de masas, algunha forma de enerxía é transferida á molécula dando lugar á ionización da mesma. Na maioría dos casos, o ión molecular (Ión resultante da ionización da molécula que representa á mesma e que é a precursora de todos os fragmentos que compoñen o espectro de masas) da mostra “explota” nunha variedade de fragmentos (Patrón de Fragmentación). Os produtos que se forman son ións en fase gas nos que as súas masas e abundancias relativas constitúen o espectro de masas.