Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  IR-RAMAN  »  Recepción de Mostras

Recepción de Mostras

As mostras deben entregarse na Unidade acompañadas dunha folla de solicitude debidamente cumplimentada.

Para IR:

Tipo de mostras: pódense registrar mostras sólidas(polvos, superficies, fibras, espumas, films etc..) e liquidas(pastas, xeles, aceitosas etc..).

No modo de traballo en transmisión (pastillas de KBr, ventas de ICs). As mostras sólidas deberán estar totalmente libres de auga ou restos de disolventes para mezclarse con KBr e molerse antes de conformarse en pastilla.

No modo ATR as mostras non necesitan ningunha preparación anque deben cumplir alguns requisitos. A utilización do accesorio de ATR  con cristal de diamante permite la obtención de espectros de ATR de materiales poco usuales nesta técnica, como por exemplo sólidos pulverulentos, espumas, fibras , mostras  acusas etc. Tratase dunha  técnica non destructiva

Nestos momentos e posible o análise de mostras líquidas e sólidas tanto por ATR como por transmisión.

 

Para FT-Raman:

Tipo de mostras:Pódense registrar mostras sólidas e líquidas. Si se trata de polvos entregarase preferiblemente en tubo capilar, outro tipo de sólidos estudiarase a preparación necesaria para  a súa medida.

Para mostras liquidas existe cubeta para líquidos ou tamén é posible o seu rexistro en tubo de RMN.

Para Raman Dispersivo:

Esta técnica é de carácter non destructivo. As limitacións poden estar relacionadas, en alguns casos, con mostras multicomponentes e disolucions de mostras moi diluidas debido a que o espectro Raman asociado pode resultar intrinsicamente débil.

Tipo de mostras:
A naturaza das mostras pode ser sólida (con distintos estados de agregación como polvos, pezas partículas etc..) e liquidas. Dado que se trata dunha técnica de microespectroscopía o tamano da mostra pode ser microscopico,  permitindo análizar distintas zonas dentro da mesma mostra. No caso de mostras de maior tamaño, ou que non poidan adaptarse a base do microscopio, disponse dun accesorio que permite realizar este tipo de rexistros.

Preparación da mostra: As mostras a análizar non necesitan ningún tratamento previo.  Preferiblemente a mostra debe traerse en porta obxetos ou en cubre para adaptarse mellor a  base do microscopio, en caso contrario podese estudar a preparación.