O Laboratorio de Radiofísica da USC está coordinado polo Grupo de Investigación en Radiofísica da USC.
Esta plataforma tecnolóxica conta cunha unidade de terapia de cobalto 60 instalada nun búnker de 60 m2. A unidade de terapia contén unha fonte radioactiva de cobalto 60 de 2080 Ci de actividade (Maio 2009) emisora de fotóns gamma de 1.17 y 1.33 MeV de enerxía.
O laboratorio ofrece o servicio de irradiación gamma de mostras, tecidos ou compoñentes electrónicos. A unidade de terapia admite distintas configuracións que permiten distintas combinacións de área de irradiación e taxa de dose. Calquera usuario pode solicitar a irradiación con fotóns gamma dun material ou instrumento a unha dose total e taxa de dose dadas. Isto permite estudiar os efectos de la radiación gamma sobre un material ou tecido, ou ben utilizar estes efectos para por exemplo esterilizar un material ou realizar o curado dun polímero.
O persoal do laboratorio pode calcular se a dose desexada é administrable e baixo qué condicións. O servicio de irradiación irá acompañado dun informe dosimétrico.
O laboratorio plantexa ademais ofrecer os seguintes servicios nun futuro: