Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Laboratorio de Radiofísica  »  Equipamento

Equipos e instrumentación

Feixe de radiación:

unidad_2

O feixe de radiación gamma do Laboratorio de Radiofísica está xerado por unha fonte de cobalto 60 instalada nunha unidade de terapia AECL Theratron 780. A unidade está montada con capacidade de xiro isocéntrico de forma que o feixe pódese disparar en tódalas direccións contidas nun plano. O Theratron 780 pode colima-la sección transversal do feixe en formas cadradas ou rectangulares. A taxa de dose que pode suministrar esta fonte radiactiva a un punto nun volume dun medio depende da actividade da fonte, da composición do medio, da localización do punto dentro do volume, da localización do volume respecto da fonte y do área da sección do feixe. A fonte de cobalto 60 tiña unha actividade de 5414 Ci en Decembro de 2012. Os tamaños mínimo e máximo da sección do feixe (área de irradiación) definidos a unha distancia de 80 cm da fonte radiactiva son 4.7 cm x 4.7 cm e 34.9 cm x 34.9 cm respectivamente.

Instrumentación para medida de dose absorbida:

Como Laboratorio de dosimetría secundario, o Laboratorio de Radiofísica dispón dun patrón de dose absorbida en auga secundario (trazado ó laboratorio primario alemán PTB). Dito patrón se compón de:

  • Un electrómetro PTW T10001 UNIDOS
  • Duas cámaras de ionización para niveis de terapia de tipo Farmer somerxibles PTW TM30013
  • Duas cámaras de ionización para niveis de terapia de tipo Farmer non somerxible PTW TM30012-1

Adicionalmente, o laboratorio dispón dos seguintes instrumentos para a medida de dose absoluta ou relativa:

  • Un electrómetro PTW T10002 UNIDOS
  • Un electrómetro IBA DOSE1
  • Tres cámaras de ionización para niveis de terapia de tipo Farmer somerxibles PTW TM30013
  • Unha cámara de ionización para niveis de terapia de volume pequeno SCX-WF CC01
  • Un diodo de dosimetría de fotóns PTW TM60016
  • Un diodo de dosimetría de fotóns PTW TM60008

Instrumentación para medida de parámetros ambientais:

As condicións ambientais do laboratorio mídense ca seguinte instrumentación toda ela calibrada en laboratorios acreditados:

  • Un barómetro absoluto DHI RPM4 A 200 Ks
  • Un teletermómetro Isotech TTI-22 con duas sondas PT-100 SIKA
  • Un higrómetro Vaisala HMP45A HUMICAP

Adicionalmente o laboratorio dispón doutras duas sondas PT-100.

Instrumentación para medida de magnitudes dimensionais:

O laboratorio conta cos seguintes equipos calibrados en laboratorios acreditados para a medida de lonxitudes.

  • Micrómetro de interiores de dous contactos Mitutoyo 137-204
  • Calibre Mitutoyo 500-708-11

Equipos auxiliares:

  • Mesa de tratamentos regulable.
  • Colimador multilámina: O Theratron 780 pode ser equipado cun colimador multilámina cun ancho de lámina proxectado no isocentro (a 80 cm da fuente) de 7 mm. O multilámina dispón de 20 pares de láminas.
  • Sistema de cuba e bancada de calibración: Para as actividades de calibración en niveis de terapia disponse dun sistema de cuba de auga e bancada para o posicionamento preciso do equipo a calibrar.
  • Cuba de auga: O laboratorio conta cunha cuba de auga motorizada reequipada con motores paso a paso.
  • Pranchas de auga sólida: Sen e con insertos para cámaras de ionización.
  • Sistema de imaxe portal: Sistema de imaxe portal baseado nunha pantalla Kodak Lanex.

Instrumentación auxiliar:

  • Multimetro dixital Keithley 3706 con tarxeta multiplexadora de 40 canais.
  • Fontes de corrente continua regulables
  • Multímetro Agilent
  • Fontes de HV
  • sistema de alarma GSM