O Laboratorio de Radiofísica da USC ofrece o servizo de irradiación de mostras con fotóns gamma de cobalto 60 a distintas taxas de dose. A maior demanda deste servizo é para realizar ensaios de irradiación de dose total a alta ou baixa taxa para componñntes electrónicos, en especial para o sector aeroespacial.
Para facer unha solicitude de ensaio de irradiación, ou para calquera dúbida ou consulta, contacte con nos.
Os ensaios realizanse na sala de irradiación do Laboratorio, que ten unhas dimensións de 10 m x 6 m.
Na sala de control dispónse de espacio para os equipos dos usuarios. Hai trincheiras para pasar cables desde a sala de control á sala de irradiación.
O feixe de cobalto 60 pódese colimar de forma cadrada ou rectangular. Trátase dun feixe diverxente e por tanto o área de irradiación e a taxa de dose dependen da distancia á fonte.
O área de irradiación ten forma cadrada ou rectangular de lados FSx y FSy. O lado do área de irradiación máxima FSmax depende da distancia á fonte d como:
O área de irradiación a unha distancia da fonte dada ten unha homoxeneidade en dosis absorbida mejor que un 5%.
A taxa de dose axústase variando a distancia entre a fonte radiactiva e as muestras ou compoñentes a irradiar. A taxa de dose absorbida en unha mostra dun medio med Dmed situado a unha distancia d da fonte radiactiva calcúlase como:
Onde Dmed(dref) é coñecida.
A taxa de dose absorbida na mostra a irradiar monitorízase en tempo real mediante unha cámara de ionización de aire conectada a un electrómetro de referencia. Para poder obter unha lectura de dose correcta, as mostras a irradiar débense cubrir cunha lámina que proporcione build up para os electróns secundarios. A cámara de ionización de aire mide taxa de exposición que se pode converter fácilmente a taxa de dose absorbida en aire. Para converter a taxa dose absorbida en aire Dair en taxa de dose absorbida no medio Dmed, débese utilizar a relación:
Onde smed,air é o cociente de poderes de freado entre o medio med e aire para os electróns secundarios xerados por un feixe de fotóns de cobalto 60.
O persoal do Laboratorio pode realizar unha simulación Monte Carlo para determinar a taxa de dose na mostra no caso de que ésta teña unha composición heteroxénea ou unha xeometría complexa.
O rango típico de taxas de dose en silicio é de 28 rad/h a 10 krad/h.