O Laboratorio de Radiofísica da USC (RPL) estableceu un servizo de radioterapia para animais medianos e pequenos en colaboración có Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVURC). O diagnóstico e a prescrición do tratamento realízanse no servizo de diagnóstico por imaxe do HVURC. O cálculo do tratamento e a súa verificación dosimétrica os realiza o persoal do RPL. Os tratamentos adminístranse nas instalacións do RPL de forma conxunta entre o persoal do RPL e do HVURC.
Para solicitar unha consulta, contacte có servizo de diagnóstico por imaxe do HVURC (Tfno. +34 982 820 920). Para máis información contacte con nos.