Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Área de Radioisótopos e Protección Radiolóxica

Área de Radioisótopos e Protección Radiolóxica

O emprego das radiacións ionizantes experimentou un constante aumento nas últimas décadas, e o desenvolvemento científico e tecnolóxico continua abrindo novas posibilidades de aplicación.


Os beneficios derivados do uso das radiacións ionizantes, están claramente evidenciados, pero ademáis, existen probas dos riscos derivados para a saúde e o medio ambiente que ocasionan certos niveis de radiación, cando non se adoptan as medidas adecuadas de protección.


Na USC desenvólvense unha grande diversidade de actividades de investigación e docencia que implican a utilización de fontes de radiacións ionizantes, en ámbitos tan diferentes como medicina, veterinaria, bioloxía, física ou química, e que dan lugar a unha enorme diversidade de aplicacións, tanto en canto a técnicas como a equipos e radioisótopos que se utilizan.

A Área de Radioisótopos e Protección Radiolóxica da soporte ós membros da comunidade universitaria que utilizan fontes de radiacións ionizantes nas súas actividades, aportando, por unha banda os medios necesarios para o desenvolvemento do seu traballo e dando cumprimento dos requisitos exisidos pola Administración en base ás disposicións legais por outra, a USC conta cun Servizo de Protección Radiolóxica (SPR) propio, expresamente autorizado polo Consejo de Seguridad Nuclear, por acordo do Pleno na súa reunión do día 3 de decembro de 1997. A finalidade deste Servizo é levar a cabo as actividades correspondentes á protección radiolóxica das instalacións que albergan fontes de radiacións ionizantes na Universidade de Santiago de Compostela, de acordo coa normativa vixente e as resolucións de autorización das mesmas, asegurando un nivel adecuado de protección dos traballadores, a poboación e o medio ambiente contra os efectos nocivos que podan derivarse.


Calquera membro da comunidade universitaria que dexese utilizar fontes de radiacións ionizantes na súa actividade investigadora ou docente, deberá poñerse en contacto có Servizo de Protección Radiolóxica, co obxecto de informarlle sobre os riscos derivados, medios para minimizar as súas consecuencias e poñelo en contacto có Supervisor da correspondente instalación radiactiva autorizada (IRA).