Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Área de Radioisótopos e Protección Radiolóxica  »  Formularios para o envío de mostras

As seguintes normas de xestión de fontes de radiacións ionizantes foron establecidas mediante procedementos aprobados polo Comité de Seguridade e Saúde da USC e o Consejo de Seguridad Nuclear, e teñen por obxecto a protección das persoas que necesitan utilizar as devanditas fontes na USC como parte da súa actividade, garantindo a súa manipulación en condicións de seguridade e o cumprimento da normativa vixente.
Calquera membro da comunidade universitaria que necesite utilizar estas fontes, poderá e deberá solicitar as correspondentes normas de manipulación ó Servicio de Protección Radiolóxica.

NORMAS DE XESTIÓN DE FONTES NON ENCAPSULADAS

- Normas de adquisición de material radiactivo non encapsulado destinado ás IRAs*.
- Normas de recepción, etiquetaxe e almacenamento de material radiactivo non encapsulado destinado ás IRAs*.
- Normas de transporte de material radiactivo non encapsulado nas IRAs*.
- Normas de manipulación de material radiactivo non encapsulado*.
- Normas de prevención de contaminación con material radiactivo non encapsulado e actuación en caso de incidente*.
- Normas de xestión de materiais residuais con contido radiactivo*.
- Fichas de seguridade de isótopos (H-3, C-14, Na-22, P-32, P-33, S-35, Ca-45, Cr-51, Fe-55, Zn-65, I-125)*.


FONTES DE PRÁCTICAS DE ALUMNOS DA FACULTADE DE FÍSICA

- Normas de utilización de fontes encapsuladas para prácticas da Facultade de Física*.

EQUIPOS DE MEDIDAS DE HUMIDADE E DENSIDADE DE SOLOS

- Normas de utilización e transporte dos equipos nucleares de densidade e humidade de solos*.
- Normas de actuación en caso de incidente cos equipos nucleares de densidade e humidade de solo*.


EQUIPOS DE RAIOS X INDUSTRIAIS

- Normas de manipulación de equipos de raios X con fins industriais*.


PERSOAL:

- Normas de solicitude de autorización para o desenvolvemento de actividades investigadoras nas instalacións de fontes radiactivas non encapsuladas da Universidade de Santiago de Compostela*.
- Normas de utilización de dosímetros persoais*.
- Normas de utilización da tarxeta de acceso ás IRAs*.
- Ficha de solicitude de autorización para o desenvolvemento de actividades investigadoras nas instalacións de fontes radiactivas non encapsuladas da Universidade de Santiago de Compostela*.
- Ficha de solicitude de dosimetría persoal*.
- Ficha de solicitude de tarxeta de acceso a unha IRA*.
- Ficha de solicitude de realización do recoñecemento médico como persoal profesionalmente exposto a radiacións ionizantes*.

*Solicitar a Área de Radioisótopos e Protección Radiolóxica (e-mail: sxspr@usc.es)


ENLACES:

Consejo de Seguridad Nuclear

CIEMAT

Sociedad Española de Protección Radiológica

Sociedad Española de Física Médica

Foro Nuclear Español

ENRESA

IAEA

ICRP

IRPA

ICRU