Raios X
Quén somos?
A Unidade de RaiosX forma parte da rede de infraestruturas de apoio á investigación e desenvolvemento tecnolóxico da USC (
R.I.A.I.D.T). Particularmente, estamos adicados ó estudio da estrutura dos compostos cristalinos (seccións de Difracción) e da determinación cuantitativa dos elementos químicos (sección de Fluorescencia). Para coñecernos mellor, podedes baixar estes
ficheiros pdf con estatísticas recentes do funcionamento da Unidade.
Acceso ao equipamento
Os servizos da Unidade poden ser requiridos por calquera investigador interesado. O acceso ó equipamento da Unidade está restrinxido ó persoal técnico da propia Unidade, salvo naqueles casos dos usuarios que acrediten unha axeitada experiencia no manexo dos mesmos e do hardware-software necesario. A Unidade oferta
cursos de capacitación de Usuarios para as diferentes técnicas presentes.
Recepción de mostras
As mostras deben entregarse na sede da Unidade, e deberán ir acompañadas dun impreso-formulario onde se reflectira-los datos mínimos necesarios para comeza-la toma de datos. Os correspondentes impresos están a dispor tanto na sede da Unidade como dende
estas páxinas web. Antes de proceder á toma de datos, o persoal técnico da Unidade, realizará unha inspección das mostras para determinar se son axeitadas para a toma de datos. No tocante ás mostras para seren medidas en
fluorescencia, os usuarios autorizados dispoñen dunha
páxina web para realiza-las reservas .
Normativa de cupos
Có fin de garanti-lo acceso da maior cantidade de usuarios aos servizos de difracción da Unidade, establecerase un sistema de cupos. O número máximo de mostras a medir por grupo e mes, dependerá do número total de mostras depositadas na Unidade, do estado de funcionamento dos aparatos, e do número de profesores integrantes do grupo de investigación. As mostras urxentes limitaranse a una por grupo cada tres semanas. No caso do servizo de Fluorescencia, o cupo se establecerá en función do número de reservas efectuadas, no caso de que o servizo estivera saturado.
Dirección postal e teléfonos
Edificio CACTUS Campus Vida, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 881 816 223
Fax. 881 816 203
raios_x@usc.es