O Servizo de Tomografía de Haz de Cono (CBCT Cone Beam Computed Tomography) para usos non clínicos nace ca vocación de ser unha nova técnica de análise de imaxe de carácter non destructivo que implementa a RIAIDT dentro da súa oferta científico-tecnolóxica.
A Tomografía de raios X é unha técnica que está en boga para aplicacións dentro dos sectores industriais, alimentario, da construcción, museístico e histórico-arqueolóxico entre outros ámbitos xa que é unha técnica na que se obteñen imaxes de cortes radiolóxicos do interior das mostras permitindo así facer estudos de homoxeneidade interna, diferencias composicionais, texturas, análise de ocos, fisuras e poros, detección de impurezas, estudo de grosores e contornas, obter medicións, densidades radiolóxicas en unidades Hoensfield, radiografías, reconstuccións 3D, etc. A gran vantaxe é que o obxecto que se analiza non sufre nengún dano permanecendo totalmente intacto despois da análise e amáis obtense un rexistro dixital permanente do obxecto ensaiado que se pode almacear e utilizar para posteriores extraccións de información e de imaxes.
O equipamento do que se dispón ubícase na Facultade de Medicina e Odontoloxía onde se utiliza para usos clínicos. O resto de usos non clínicos mencionados anteriormente é xestionado a través da RIAIDT.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |