Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Regulamento

REGULAMENTO DA REDE DE INFRAESTRUTURAS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN E AO DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO (RIAIDT) DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

(Aprobado por acordo de Consello de Goberno do 22 de xullo de 2009)
   

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

   O presente regulamento vai desenvolver a organización e funcionamento da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico, por mor de aproveitar a experiencia obtida na súa implantación desde que se creara por Acordo de Xunta de Goberno de 23 de xullo de 1997. Con esta actuación preténdese optimizar o funcionamento da infraestrutura necesaria para o desenvolvemento dos programas de investigación dos investigadores, grupos de investigación, departamentos, institutos e centros da USC, así como incrementar e mellorar as prestacións e rendibilidades dos investimentos feitos na adquisición de grandes equipos, mediante a racionalización do seu réxime de explotación. Asimesmo preténdese dar cabida na RIAIDT a novas formas de apoio a investigación a través da incorporación de coñecementos, tecnoloxías ou instrumentación de grupos de investigación da USC na forma de Plataformas Científico-Tecnolóxicas. Para a consecución destes obxectivos, a USC velará porque a RIAIDT dispoña dun instrumental e dunha dotación de persoal técnico cualificado axeitados. O funcionamento da RIAIDT rexerase polas normas recollidas neste Regulamento e máis por todos aqueles preceptos emanados do Consello de Goberno da USC que lle sexan de aplicación.

   TÍTULO I. Natureza, Obxectivos e Finalidade.

   Artigo 1.

      A RIAIDT é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT e darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

      Son funcións da RIAIDT:

         1. Dar soporte á investigación dos diferentes investigadores, grupos de investigación, departamentos, institutos, centros e servizos da USC, así como tamén a outros centros públicos ou privados, no marco de convenios, concertos ou acordos que a USC estableza.
         2. Desenvolver a investigación metodolóxica propia das técnicas experimentais necesarias para mellorar e ampliar as prestacións, de acordo coas directrices de política científica da USC.
         3. Asesorar á comunidade universitaria en todo o que faga referencia ao seu ámbito de actuación, así como difundir os seus servizos.
         4. A formación dos investigadores da USC nas técnicas implantadas nas unidades e áreas da Rede co fin de que poidan aproveitar ao máximo o potencial das infraestruturas dispoñibles.
         5. A promoción da creación de plataformas científico-tecnolóxicas de prestación de servizos de apoio a investigación, que poderán ser mixtas, con participación de unidades da RIAIDT xunto con grupos de investigación da USC, ou estar constituídas únicamente por grupos de investigación da USC.

   TÍTULO II. Estrutura e Xestión.

   Artigo 2.

         1. A RIAIDT estará adscrita ao/aos Vicerreitorados con competencias en Investigación da USC.

         2. A RIAIDT estará estruturada en unidades e plataformas científico-tecnolóxicas.

         3. As unidades son estructuras que reúnen equipamento científico-tecnolóxico e persoal altamente especializado co obxectivo de dar servicio aos investigadores da USC e a outros investigadores de entidades públicas ou privadas que o soliciten, así coma de desenvolver novas tecnoloxías ligadas á temática da unidade.

         4. As plataformas cientifico-tecnoloxicas son estructuras que xurden do conecemento e experiencia dun ou varios grupos de investigacion co fin de articular unha doble funcion de prestacion de servizos, en areas diferentes e complementarias das unidades da RIAIDT, e de desenvolvemento tecnoloxico ou investigacion propiamente dita ligados a estes servizos. As plataformas crearanse naqueles casos nos que os grupos dispoñan de coñecementos, tecnoloxía ou instrumentación que, engadidos ós dispoñibles na RIAIDT, permitan mellorar de maneira considerable o alcance do servizo correspondente, ou nos casos nos que permitan satisfacer demandas de servizos non abordables coas capacidades existentes na RIAIDT. O modelo de funcionamento das plataformas científico-tecnolóxicas no marco da RIAIDT será definido específicamente para cada plataforma dacordo coas súas características pero en tódolos casos se baseará nunha aportación conxunta de recursos por parte da RIAIDT e do grupo de investigación impulsor da plataforma.

         5. As unidades e plataformas científico-tecnolóxicas serán creadas, modificadas ou suprimidas por acordo do Consello de Goberno. Nas propostas de creación, presentarase a estructura de xestión, organización e financiamento das plataformas e unidades.

   Artigo 3.

      Os órganos de goberno da RIAIDT son o/s titular/es do vicerreitorados con competencias en investigación.

      Os órganos de xestión da RIAIDT son:

         1. O director da RIAIDT.
         2. O coordinador da RIAIDT no campus de Lugo.

          Os órganos de asesoramento da RIAIDT son os responsables das comisións científicas.

   Artigo 4.

      O director da RIAIDT poderá ser un PDI ou un técnico profesional e será nomeado polo reitor da USC a prioposta dos vicerreitorados con competencias en investigación.

      Son competencias do director da RIAIDT:

         1. A dirección científico-técnica xeral da RIAIDT de acordo coa política científica que a USC defina.
         2. A xestión e formación do persoal da RIAIDT.
         3. A elaboración de propostas de posibles modificaciones na estructura e organización interna das unidades da RIAIDT.
         4. A elaboraración dos plans de desenvolvemento da RIAIDT, en canto a oferta de servizos internos e externos, así como as necesidades infraestructurales e de recursos humanos.
         5. A execución dos plans de desenvolvemento da RIAIDT, previa aprobación polo o/s titular/es do vicerreitorados con competencias en investigación.
         6. A elaboración de propostas de mellora e acreditación dos servizos ofertados polas unidades.
         7. A elaboración de estudos de viabilidade económica, estabrecemento de tarifas e execución do presuposto.
         8. A elaboración de informes en relación cos servicios da RIAIDT.
         9. A proposta de comisións específicas para informar sobre conceptos especiais ou especializados, nomeando conselleiros técnicos.
         10. Velar polo cumprimento deste Regulamento e da normativa de réxime interno.
         11. Representar á RIAIDT diante das autoridades e organismos universitarios.
         12. Elaborar os informes acerca das actuacións da RIAIDT que lle sexan encargados polo o/s titular/es do vicerreitorados con competencias en investigación.
         13. Propoñer acordos, convenios ou plans concertados coa pertinente autorización polo o/s titular/es do vicerreitorados con competencias en investigación.
         14. Supervisar o funcionamento e a xestión das plataformas tecnolóxicas.
         15. Aquelas outras que lle poidan ser conferidas pola Regulamentación vixente.

   Artigo 5.

      O coordinador do campus de Lugo, que poderá ser un PDI ou un técnico profesional, será nomeado polo reitor da USC a proposta do/s titular/es do vicerreitorados con competencias en investigación.

      Son competencias deste coordinador:

         1. A supervisión e coordinación do funcionamento das infrastruturas e equipamento científico do campus de Lugo.
         2. A colaboración co/a director/a na xestión do persoal adscrito ao campus de Lugo.
         3. A supervisión da implantación e cumprimento das normas de funcionamento no campus de Lugo.
         4. A supervisión da execución dos presupostos no concernente ao campus de Lugo.
         5. A optimización das prestacións das unidades do campus de Lugo.
         6. Estudiar e elevar ao director da RIAIDT as melloras aconsellables no funcionamento das unidades do campus de Lugo.
         7. A elaboración dos informes relacionados co campus de Lugo que lle sexan encargados polo director da RIAIDT.
         8. A colaboración co Director/a na elaboración dos planes de desenvolvemento da RIAIDT.
         9. A colaboración co director en calquera ámbito de competencia e interes para o campus de Lugo.
         10. Exercer as funcións do Director/a, por delegación de este/a cando así sexa necesario.

   Artigo 6.

      Para aquelas unidades que polo seu compoñente científico-tecnolóxico o precisen, constituirase unha Comisión Científica de carácter consultivo formada por un total de entre 3 e 5 usuarios regulares e/ou investigadores expertos na materia, e na que participará tamén o/a responsable técnico da unidade, que actuará coma secretario/a da Comisión. Cada Comisión nomeará de entre os seus membros a un responsable científico/a, por un período de dous anos, renovable.

      As Comisións Científicas actuarán de nexo entre a comunidade científica da USC e a Dirección da RIAIDT. As súas funcións serán: asesoramento na planificación da unidade, implementación de novas técnicas, recomendación de adquisicións de novos equipos, integración con outras unidades, dinamización da actividade a través de colaboracións.

      As Comisións Científicas reuniranse polo menos unha vez ao ano, por convocatoria do seu responsable científico/a, ou cando as circunstancias do servizo así o demanden.

   Artigo 7.

      No caso das plataformas científico-tecnolóxicas nomearase un responsable científico, que será un doutor pertencente ó grupo de investigación con maior aportación tecnolóxica á plataforma ou un técnico no caso das plataformas mixtas. Os responsables científicos serán nomeados polo(s) viceirreitor/a con competencias en Investigación.

      Son competencias dos responsables científicos das plataformas científico-tecnolóxicas:

         1. A supervisión científica do servizo prestado pola plataforma científico-tecnolóxica.
         2. A actuación como interlocutor entre os grupos de investigación e o Director/a da RIAIDT ou o Coordinador/a do campus de Lugo en todo o que atinxa ó funcionamento, promoción e expansión da plataforma científico-tecnolóxica.

   TÍTULO III. Do Réxime Económico.

   Artigo 8.

      A dotación económica da RIAIDT e as súas unidades estará consignada no Orzamento Xeral da USC.

   Artigo 9.

      De acordo co que se dispón nos Estatutos da USC, a RIAIDT poderá dispor de fondos provenientes das prestacións extrauniversitarias reguladas por contratos debidamente formalizados polas autoridades correspondentes da Universidade, e polas taxas que se establezan pola utilización dos seus servizos.

DISPOSICIÓN FINAL

   Única.

      Este Regulamento entrará en vigor ao día seguinte de ser aprobado polo Consello de Goberno da USC.