Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Secuenciación e Xenómica Funcional

Plataforma de Secuenciación e Xenómica Funcional

Esta plataforma nace coa vocación de respostar e servir de apoio á Investigación, estando a disposición do propio Organismo, doutras Institucións Públicas e Privadas, en todo o ámbito estatal e internacional. A plataforma dispón de recursos técnicos e humanos de primeira liña, cun instrumental moderno e con equipos de alta tecnoloxía. Estas infraestruturas permiten resolver numerosas cuestións no campo da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico.

A plataforma de secuenciación foi creada pola USC no ano  2006 para prover de servizos de secuenciación á propia comunidade universitaria e prestar asemade estes mesmos servizos de alta calidade a investigadores doutras entidades públicas e privadas. Desde o su inicio a actividade da plataforma estivo estreitamente vinculada aos grupos de investigación dos doutores Angel Carracedo e Paulino Martínez. Co obxectivo de incorporar á plataforma a importante experiencia e know-how destes dous grupos na área de xenómica funcional, en 2009 a plataforma reorientase  para incluír tamén estas tecnoloxías no seu portfolio de servizos e actividades.