A Unidade de Xenómica Funcional oferta a plataforma de microarrays de Agilent Technologies, un dos sistemas máis avanzados de microarrays que proporciona unha metodoloxía de alta calidade e moi reproducible. A plataforma de microarrays de Agilent ofrece unha extensa gama de aplicacións para satisfacer todas as necesidades dos investigadores: Microarrays de Expresión Xénica, Microarrays de Hibridación Genómica Comparativa (oligo aCGH), Inmunoprecipitación de cromatina (ChIP-on-chip), Análises de variantes de splicing (SpliceArray), Metilación do ADN (Arrays de illas CpG) e análises de MicroARNs (miARNs). Para máis información visite a páxina web Open Genomics. Ademáis da ampla gama de microarrays predeseñados a plataforma Agilent permite a síntese de calquera tipo de microarray, abrindo múltiples posibilidades para o estudo de calquera organismo e secuencia: Custom Microarrays. O usuario pode deseñar o seu propio array a través do software de balde e via web eArray 5.0., e enviar o deseño a través da web a Agilent para a súa fabricación. Permite o deseño de microarrays para a expresión xénica, aCGH o ChIP-on-chip. Outra das vantaxes da plataforma de Agilent é a posibilidade de escoller 4 formatos diferentes con diferente densidade, entre eles os formatos multiplex, nos que se sintetizan 2, 4 ou 8 arrays idénticos no mesmo portaobxectos, que posibilitan a análise simultánea de varias mostras.
A unidade pon a disposición dos usuarios o equipamento e persoal necesario para os arrays de expresión de Agilent. Para outras aplicacións consultar na unidade.