Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Secuenciación e Xenómica Funcional  »  Unidade de Secuenciación e Análise de fragmentos

Unidade de Secuenciación e Análise de fragmentos

Secuenciador ABI 3730

A Unidade de Secuenciación e Análise de Fragmentos pon ao servizo dos seus clientes as tecnoloxías máis avanzadas no campo da secuenciación e xenotipado de ADN e ofrece soporte técnico e asesoramento para aqueles clientes que desexan introducir estas técnicas no seu campo de traballo, como apoio a súa investigación en estudos xenéticos. Dispoñemos da última xeneración de equipos de secuenciación automática de ADN o que nos permite desenvolver varias aproximacións á análise do ADN por persoal altamente cualificado.

Esta unidade de Secuenciación oferta a metodoloxía baseada na reación química de Sanger e posterior migración en secuenciadores capilares automáticos.