Saltar ao contido principal
Inicio  »  Investigación  »  Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico  »  Secuenciación e Xenómica Funcional  »  Unidade de Secuenciación e Análise de fragmentos  »  Información para usuarios

Información para usuarios

Funcionamento do Servizo

O usuario interesado pode poñerse en contacto co persoal da Unidade para solicitar información e/ou presuposto do servizo. Para solicitar o servizo, é necesario que o usuario envíe por correo electrónico ou fax o xls Formulario de solicitude [xls - 55 kb] debidamente cuberto.

Envío de Mostras

A análise de mostras inferiores ou non múltiplos de 96 terá un custo meirande se se mantén o prazo de entrega de 48 horas. Nestes casos as tarifas manteranse se o prazo de entrega se pode demorar.

Fragmentos

Os fragmentos a analizar en cada pocillo deben vir previamente mesturados, se non cobrarase un custo extra de preparación da mostra.

Secuencias

Tanto as mostras como os primers deben enviarse perfectamente etiquetados en tubos tipo Eppedorf ® independentes ou en placas de 96 pocillos. Procurar que o nome sea inferior a 8 caracteres e non usar signos de puntuación.

No caso de produtos de PCR purificados polo usuario enviarase 1,5µl de primer específico a unha concentración de 5µM por mostra, e 10 µl de ADN. A concentración recomendada á que debe estar a mostra pode consultarse na seguinte táboa:

Tipo de ADN Concentración
Plásmidos (3-20 kb) 100 ng/ µl
Plásmidos (>20 kb) e cósmidos 200 ng/ µl
Produtos de PCR até 500 pb 50 ng/ µl

*Para outros tipos de ADN consultar

Se os produtos de PCR non están purificados debe especificalo, isto suporá un custo a maiores e unha demora na entrega de resultados. É importante que o usuario se tivera cerciorado da presenza dun único ADN molde.

Se se prevé que a mostra poida orixinar dificultades para a súa secuenciación é importante comunicalo ao persoal da unidade  para recibir asesoramento e avaliar o problema.

As mostras (tubos ou placas), xunto co xls Formulario de solicitude [xls - 55 kb] de servizo enviaranse en sobres acolchados por correo postal ou mensaxería (evitando envíos os venres e vésperas de festivos) a temperatura ambiente.

Envío de Resultados

O usuario recibirá mediante enderezo electrónico os cromatogramas e as secuencias de texto, nun prazo de 2 días, contados desde a recepción da mostra.