A Unidade de Soprado de Vidro e Cuarzo Científico, integrada dentro dos servizos de apoio á investigación dende hai máis de tres décadas, oferta a posibilidade de asesorar, deseñar, fabricar e modificar tanto pezas estándar como pezas de novo formato con fins docentes e investigadores.
Toda o seu quefacer vai destinado a servir de soporte a unha ampla gama de liñas de investigación da comunidade universitaria, tales como: Facultades de Bioloxía, Farmacia, Física, Medicina, Químicas e Veterinaria, CSIC, FEDER, Instituto de Cerámica, RIAIDT, así como ás diversas necesidades docentes.
A súa elevada profesionalización e a peculiaridade de ser un traballo na súa totalidade artesanal, esixe ós seus membros estar o tanto das novas técnicas en todo canto se refire ao tema do vidro en xeral.
Esta Unidade é, na súa categoría dentro do conxunto das unidades estatais españolas, pioneira en establecer as técnicas de traballos con cuarzo, ademais de abarcar unha gran diversidade de técnicas en soprado de vidro chegando a elaborar pezas de 16 cm. de diámetro.
![]() |
![]() |
![]() |