Prestacións
- Montaxe de instalacións fixas complexas: permite acometer investigacións que precisen instalacións de vidro e cuarzo permanentes cun servizo.
- Reparación de instalacións fixas: o mantemento de instalacións permanentes de vidro e cuarzo precisa de asistencia constante que a Unidade pode levar a cabo "in situ" cos seus equipos móbiles.
- Confección de pezas non estandarizadas: é a razón máis importante da Unidade, pois a rapidez do traballo únese a capacidade de deseñar a peza conxuntamente co responsable da Unidade.
- Reparación de pezas non estándar e de catálogo: as reparacións son posibles con esta Unidade na Universidade.
- A axilidade e rapidez da Unidade son fundamentais para facer atractivo e apreciable este aforro.
- Confección de pezas estándar.
- Manexo xeral de vidro e cuarzo.
- Vitrificación de calcos de símbolos e anagramas en calquera tipo de pezas de laboratorio.
- Asesoramento do deseño de pezas novas.
- Estudio de preparación de pezas, de estimación de custos para a fabricación e/ou ensamblaxe de pezas estándar en series elevadas.
- Comparación técnica e económica das pezas estándar ofertadas polas distintas casas comerciais.