A USEF é unha plataforma de tecnoloxías e servicios da USC para a determinación da actividade farmacolóxica/biolóxica de compostos procedentes de grupos públicos e da industria farmacéutica, combinando screening rápido e técnicas de perfilado molecular de alto rendemento. Esta plataforma está dispoñible tanto para estudos de actividade de algunhas moléculas, a demanda do cliente, como para proxectos completarios de colaboración en descubrimento de fármacos.