Os obxetivos que pretende esta Unidade son:
1. Ofrecer aos distintos grupos públicos e privados que traballan no campo da sínteses química e/o a obtención de productos naturais,un servizo que responda eficazmente ás súas necesidades en canto á definición de perfís químico-farmacolóxicos de interese farmacéutico para as súas novas moléculas, cun crecemento dinámico en función das necesidades e das posibilidades da incorporación de novas tecnoloxías.
2. Ofertar servizos externos de avaliación farmacolóxica de novas moléculas para proxectos de I+D preliminar incluíndo cascadas de selección, e avaliación conformacional.
3. Confeccionar bases de datos (librarías químicas) que permitan xestionar eficazmente os datos xerados e extrair información que poda ser usada en diferentes áreas públicas e privadas.
4. Ofrecer aos distintos grupos biomédicos públicos e privados un servizo de asesoría e apoio científico-técnico para a miniaturización/automatización dos seus ensaios de interese para procesos de I+D de fármacos.
A USEF ten unha aproximación flexible na que os clientes poden elexir o seu nível de implicación, en función das súas necesidades. Os proxectos poden variar de tamaño, desde unhas poucas horas de asesoría, ata o deseño e execución de cascadas de screening de anos de duración.