Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizo de asesoramento para o deseño de presentacións

Servizo de asesoramento para o deseño de presentacións

Mércores, 27 de abril de 2011 Oficina Web

O Servizo de Normalización Lingüística da USC acaba de poñer a disposición da comunidade universitaria unha web cunha serie de recursos para a realización de presentacións modernas, comunicativas e de calidade.

A páxina ofrece fundamentos sobre a planificación, o deseño e a redacción destes novos textos. Ademais, dispóñense aspectos sobre a posta en escena, é dicir, que facer diante do auditorio con estas ferramentas  e tamén sobre o coidado dos detalles de última hora cos que se pode enfrontar unha persoa e a súa solución.

Ligazóns: