|
NORMATIVA SOBRE REGULACIÓN DO TÍTULO PROPIO DE GRADUADO EN CIENCIAS CRIMINOLÓXICAS E DA SEGURIDADE PÚBLICA |
Para poder iniciar estudios é necesario ter superadas as probas de selectividade ou de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, ou ter outro título de acceso aos estudos universitarios. O resto das prazas adxudicaranse conforme o procedemento xeral de acceso a centros universitarios.
A Universidade de Santiago de Compostela poderá establecer anualmente o límite de prazas que se fixarán na convocatoria, a proposta do Instituto. Así mesmo, poderá establecer unha cota de prazas, de entre a totalidade das ofertadas, para os colectivos pertencentes a Corpos, Escalas e Categorías das Forzas e Corpos de Seguridade e de Institucións Penitenciarias, en todo caso estes colectivos deberán optar pola vía de acceso, reserva ou xeral.
Os alumnos que inicien estudios deberán superar como mínimo un 50% da carga lectiva correspondente ao primeiro curso nos tres primeiros cursos académicos. De non facelo non poderán continuar estes estudios, agás circunstancias extraordinarias apreciadas polo órgano competente.
O prazo de matrícula para os alumnos de Criminoloxía será o ordinario da Universidade de Santiago para as titulacións oficiais.
Así mesmo a xestión de expedientes será a ordinaria dos estudantes oficiais de primeiro e segundo ciclo e Graduados Superiores da USC.
Os alumnos que teñan cursado e superado materias de estudios universitarios españois ou estranxeiros con contidos equivalentes aos do plan de Criminoloxía poderán solicitar a súa validación. Tamén poderán solicitar a validación doutros estudios profesionais que a USC considere que reúnen os requisitos de equivalencia de nivel e contidos cos impartidos nesta titulación. O procedemento se iniciará a petición do alumno mediante a correspondente solicitude que deberá ir acompañada da certificación de superación de ditas materias así como os programas cursados.
A validación será concedida logo do informe do Instituto de Criminoloxía. Para estes efectos o Instituto poderá establecer e aprobar táboas de validacións que serán aplicables sen necesidade de solicitar novos informes ao centro.
Os alumnos que cursen na USC os estudios correspondentes ao título propio do Diploma en Criminoloxía, de conformidade co Plano de Estudios aprobado pola Orde do 20-7-1981 (BOE 30-9-1981), poderán adaptar as materias que teñan superado ao Plano de Estudios do título de Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública de acordo cos criterios que aprobe a USC.
1. Os prezos a abonar polos estudios de Criminoloxía serán os establecidos para os títulos oficiais no Decreto anual da Xunta de Galicia, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais, que poderán ser abonados nos prazos que estableza a Universidade.
2. Así mesmo os alumnos deberán abonar o importe que fixe a Universidade por soporte informático e documentación da matrícula e por seguro; e as tarifas de secretaría fixadas no mencionado Decreto.
3. Non caberán exencións nin bonificacións de prezos, agás en virtude de convenios que establezan, no marco do intercambio internacional, unha exención de abono de dereitos de matrícula en condicións de reciprocidade. Tamén poderán existir convenios ou acordos que establezan a subvención de prezos, a todos ou a algúns dos alumnos, especificamente para esta titulación, sempre sometidos ao principio de compensación á USC dos ingresos deixados de percibir.
4. Non serán aplicables nin os descontos de familia numerosa, nin outras bolsas axudas, subvencións nin outro tipo de exencións previstas para primeiro, segundo ou terceiro ciclo.
5. O impago dos prezos por matrícula determinarán os efectos establecidos no Decreto de prezos e nas disposicións da USC.
O persoal docente estará composto preferentemente por persoal da USC. A súa dedicación deberá figurar nun Plan de Organización Docente propio do Instituto. As actas do persoal alleo á USC serán asinadas polo Director do Instituto previa comunicación das cualificacións outorgadas polos respectivos profesores.
As cualificacións serán as mesmas que as establecidas para o primeiro e segundo ciclo de titulacións oficiais.
Os alumnos terán os seguintes dereitos: expedición e uso da tarxeta universitaria de identidade (TUI), uso da biblioteca, utilización do bonobús universitario, e acceso aos servizos deportivos e ás actividades culturais nas mesmas condicións que os alumnos da USC de titulacións oficiais, podéndose ampliar estes dereitos por resolución reitoral.
O sistema de representación será o que estableza o Regulamento Electoral da Universidade.
Os deberes serán os mesmos que o resto dos alumnos da Universidade.
1. O procedemento de expedición dos títulos será xestionado na Sección de Títulos do Servizo de Xestión Académica.
2. As cartolinas soporte dos títulos, tamaño DIN A-3, deberán levar impreso o emblema da Universidade de Santiago de Compostela así coma o selo en seco da Universidade e unha clave alfanumérica que se reflectirá tanto no anverso coma no reverso. Os títulos expediranse en versión bilingüe (galego-castelán) nun único documento, de acordo co modelo que aprobe a Secretaría Xeral.
Os títulos levarán impresa no anverso a sinatura do reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén serán asinados no anverso polo xefe da Sección de Títulos e polo propio interesado/a.
No reverso serán asinados polo responsable do Rexistro de Títulos que dará constancia do asento no Libro Rexistro Universitario.
3. Os títulos deberán ser retirados persoalmente polos interesados, acreditando a súa identidade e asinarán o título no momento da súa entrega, do que quedará constancia. No suposto de que non lle fora posible retiralo persoalmente, o interesado poderá autorizar a outra persoa, sempre mediante poder notarial, para que o retire no seu nome. Dito poder notarial arquivarase no expediente do alumno no caso de ser específico, ou unha copia cotexada no caso de tratarse dunha autorización notarial xenérica. Os interesados que residan en localidade distinta do centro no que realizaran os estudos, poderán solicitar mediante instancia dirixida ao xefe da UXA a remisión do título á oficina de Educación ou Oficina Consular máis próxima ao seu lugar de residencia. No caso de falecemento do alumno antes de recoller o título, o reitor poderá acordar a súa entrega aos parentes máis próximos ou herdeiros que o soliciten e acrediten a súa condición. Neste caso o título incluirá a mención legal de invalidación do mesmo.
4. Procederá a expedición de duplicados, previa anulación do título orixinal, no suposto de que se produzan alteracións derivadas de cambio de nome ou calquera outra que afecte ao contido do título. Así mesmo procederá a expedición de duplicado no suposto de extravío, destrución ou deterioro dun título.
O procedemento para a expedición de duplicados será o mesmo que o dos títulos oficiais.
1. Autorízase á Secretaría Xeral, dentro das súas competencias, para ditar instrucións sobre elaboración e xestión de actas, expedición de títulos e xestión académica, así como resolver incidencias e impugnacións conforme a delegación reitoral nesta materia.
2. A Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado poderá ditar instrucións en materia de Programación Académica do Instituto.
Autorízase ao reitor da USC para implementar o curso de nivelación previsto na Orde do 13 de decembro de 2004.
Sen prexuízo das normas transitorias, este acordo entrará en vigor na data da súa aprobación polo Consello de Goberno e substituirá en todo o que se lle opoña á Orde do 20-7-1981.
Disposición Final
Disposición transitoria
Disposición adicional
Artigo 12.- Títulos
Artigo 11.- Dereitos e deberes
Artigo 10.- Cualificacións e mencións
Artigo 9.- Docencia e actas
Artigo 8.- Prezos públicos
Artigo 7.- Adaptacións
Artigo 6.- Validación
Artigo 5.- Matrícula e xestión de expedientes
(Aprobada Consello de Goberno do 20-xuño-2005)
(Art. 2 modificado polo Consello de Goberno o 18 de xullo de 2005)
A Orde do Ministerio de Educación e Ciencia do 17 de xullo de 1978 creou o Instituto universitario de Criminoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Por Resolución da Dirección Xeral de Universidades do MEC aprobouse o seu regulamento que establece como fins do instituto os de "promover, impulsar e desenvolver o coñecemento e investigación da Criminoloxía, ensinar a Criminoloxía en todos os seus aspectos, mediante conferencias e cursos monográficos; formar a quen teñan que especializarse en Criminoloxía e publicar os resultados das investigacións realizada no seu seo".
Posteriormente e por Orden do MEC do 20-7-1981 aprobouse o Plan de Estudios de Criminoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que segue a impartirse na actualidade.
As referidas normas, promulgadas baixo a Lei Xeral de Educación, deben de adaptarse aos cambios producidos dende entonces, tanto polas modificacións normativas da LRU e da LOU como polo sistema de xestión da oferta académica da USC e pola xestión de alumnos. É obxectivo desta normativa adaptarse á regulación dos títulos da USC mantendo as súas características intrínsecas pero integrándose no réxime ordinario de xestión docente e de alumnado coa finalidade de que este título se xestione dentro da oferta ordinaria da USC.
Os estudios de Criminoloxía que actualmente teñen efectos incluso para o acceso a determinados corpos de funcionarios (Orde do 19-11-96), deben de considerarse baixo o amparo do artigo 34.3 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, que establece que as Universidades poden establecer "ensinanzas conducentes á obtención de diplomas e títulos propios".
Pola súa banda o artigo 130.2 dos Estatutos da USC establece que o Consello de Goberno establecerá as normas xerais que regulen a organización, a aprobación e a avaliación dos estudios oficiais e propios e o procedemento para a expedición dos certificados ou diplomas correspondentes, así como o réxime de vinculación dos estudantes coa Universidade. Neste senso faise necesario unha regulación específica destes estudios diferente a doutros títulos propios.
Por último, non debe esquecerse que por Real Decreto 858/2003, de 4 de xullo, se establecen as directrices propias dun título oficial de Licenciado en Criminoloxía, norma pendente de desenvolvemento e de adaptación ás directrices do Espazo Europeo de Educación Superior, que poderá configurar estes estudios como de grao ou de posgrao coa conseguinte necesidade de adaptar, nese intre, a regulación á nova estrutura do título que se aprobe. Así mesmo, a Orde do 13 de decembro de 2004 establece a posibilidade de acceder ao segundo ciclo desta titulación aos alumnos que teñan unha titulación de criminoloxía con menor carga lectiva da contemplada nas directrices xerais mediante a superación dun curso de nivelación.
Por todo o anterior, o Consello de Goberno na súa reunión do 20 de xuño de 2005
ACORDA
Artigo 1.- Obxecto
O obxecto da presente normativa é regular a oferta, xestión, impartición e expedición do título propio "Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública", ao abeiro do artigo 34.3 da Lei Orgánica de Universidades.
Artigo 2.- Organización docente, xestión académica e adscrición
Os estudios de Criminoloxía integraranse na oferta académica da USC como unha titulación propia. A xestión de alumnos integrarase co resto dos alumnos da USC. Deste xeito, naqueles aspectos non regulados especificamente na presente norma será de aplicación supletoria a Normativa de Xestión Académica.
A titulación estará adscrita ao Instituto de Criminoloxía da USC, de conformidade cos fins que motivaron a súa creación pola Orde do Ministerio de Educación e Ciencia do 17 de xullo de 1978, e segundo o disposto no art. 55.3 dos Estatutos da USC.
Artigo 3.- Plan de estudos
O Plan de estudos que rexerá os estudios de Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública será aprobado pola USC
O Consello de Goberno a proposta do Instituto poderá modificar total ou parcialmente o referido plan para adaptalo ás novas estruturas de estudios que se desenvolvan ou requirimentos científicos ou sociais destes estudios.
Poderán obter o título establecido os alumnos que superen a totalidade do Plan de estudios.
Artigo 4.- Admisión e continuación