O Servizo Universitario de Residencias (SUR) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un Servizo cunha acreditación avalada pola confianza e satisfacción que amosan os seus usuarios. A situación xeográfica, as instalacións de que dispón e os servizos adicionais que se ofrecen (cafeterías, comedores, bibliotecas, salas de informática con internet, etc...) son boa mostra da vontade institucional de consolidar, aínda máis, o SUR como un servizo de calidade para beneficio dos individuos e de toda a colectividade universitaria.
Malia a todo, queremos avanzar na mellora da eficacia cunha xestión responsable da ocupabilidade dos Centros. É por iso que pedimos a todos os sectores implicados neste proceso a súa colaboración no cumprimento das presentes normas:
1. O/A responsable da organización do Congreso ou persoa en quen delegue, solicitará a reserva de prazas mediante o modelo que aprobe a Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria, que deberá cumprimentar en todos os seus apartados, e enviarao á dirección de correo electrónico que figure no mesmo.
Cunha antelación non superior a doce meses á realización do Congreso, poderán solicitarse ata un máximo de reserva de 200 prazas. As solicitudes excepcionais, que excedan dese máximo da reserva antes indicada, serán analizadas pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria.
2. Recibidas as solicitudes, e tamén mediante correo electrónico, a Sección de Servizos á Comunidade Universitaria (en adiante a Sección), do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, comunicaralle ao/á solicitante, en que centros do SUR se lle fixo a reserva para os congresistas, tendo sempre en conta as preferencias de centros amosadas e a dispoñibilidade de prazas.
3. O/A responsable do Congreso ou persoa en quen delegue, poderá realizar modificacións no número das reservas feitas inicialmente, ata dous meses antes no caso de congresos propios e de tres nos alleos , da ocupación das prazas.
As prazas non anuladas neste prazo constituirán a reserva firme . Nese momento a Sección notificaralle o/a responsable ou persoa en quen delegue, o custo que supón o 25 por 100 do total do aloxamento cuxo importe, para poder proceder elevar a definitiva a reserva, deberá aboar no prazo de 7 días desde a notificación mediante :
a. Folla de pedimento
b. En Caixa Galicia por medio do impreso normalizado ao efecto, dispoñible nas residencias, colexios maiores e no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
c. Transferencia bancaria á conta desta Universidade nº 2091 0388 98 3110001172 de Caixa Galicia, Oficina Principal, Santiago de Compostela.
Os xustificantes de pago enviaranse a:
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
Pavillón Estudantil - Campus Sur
15782-Santiago de Compostela
Recibido o xustificante de pago comunicaráselle ao/á responsable do Congreso ou persoa en quen delegue de forma definitiva, en que centros do SUR se aloxaran os congresistas.
De non recibirse o dito xustificante no prazo deses 7 días, entenderase que se renuncia á petición efectuada.
4. Cun mínimo de dez días de antelación á celebración do Congreso , se son congresos propios da USC, e dun mes , se son congresos alleos, deberán remitir á Sección, o xustificante de ter aboado o 75 por 100 restante do importe total e o listado dos asistentes cos centros asignados a cada un.
Neste momento, e sin que supoña ningún custo, admitirase unha anulación dun 10 por 100 das prazas que constituíron a reserva firme, o resto aboaranse integramente sexan ou non ocupadas.
O pago será efectuado sempre polo/a responsable do Congreso emitíndose unha única factura.
5. Os prezos, que como norma xeral serán revisados anualmente, son os que figuran como Anexo I a estas normas
PREZOS DE ALOXAMENTO NO SUR PARA CONGRESOS
1. PREZOS DE CUARTOS INDIVIDUAIS E DOBRES POR DÍA
|
Cuarto individual |
Cuarto dobre |
|
25€ |
40€ |
A estes prezos hai que engadirlle o 7% do IVE
Características:
Todos teñen os seguintes servizos: cuarto de baño, salón con cama supletoria, cociña, TV, microondas, neveira e menaxe.
Dous apartamentos pequenos: un cuarto con dúas camas individuais,
Catro apartamentos medianos: un cuarto cunha cama de matrimonio e outro cunha cama individual e,
Tres apartamentos grandes: un cuarto cunha cama de matrimoio e outro con dúas camas individuais.
Nos seguintes cadros calcúlase os prezos por día
|
PREZOS PARA OS APARTAMENTOS PEQUENOS |
|
PREZOS PARA OS APARTAMENTOS MEDIANOS |
||||||||||
|
1 DIA |
44 € |
11 DIAS |
453,20 € |
21 DIAS |
580,80 € |
|
1 DIA |
50 € |
11 DIAS |
515 € |
21 DIAS |
660 € |
|
2 DIAS |
88 € |
12 DIAS |
466,40 € |
22 DIAS |
589,60 € |
|
2 DIAS |
100 € |
12 DIAS |
530 € |
22 DIAS |
670 € |
|
3 DIAS |
132 € |
13 DIAS |
479,60 € |
23 DIAS |
598,40 € |
|
3 DIAS |
150 € |
13 DIAS |
545 € |
23 DIAS |
680 € |
|
4 DIAS |
176 € |
14 DIAS |
492,80 € |
24 DIAS |
607,20 € |
|
4 DIAS |
200 € |
14 DIAS |
560 € |
24 DIAS |
690 € |
|
5 DIAS |
220 € |
15 DIAS |
506,00 € |
25 DIAS |
616,00 € |
|
5 DIAS |
250 € |
15 DIAS |
575 € |
25 DIAS |
700 € |
|
6 DIAS |
264 € |
16 DIAS |
519,20 € |
26 DIAS |
624,80 € |
|
6 DIAS |
300 € |
16 DIAS |
590 € |
26 DIAS |
710 € |
|
7 DIAS |
308 € |
17 DIAS |
532,40 € |
27 DIAS |
633,60 € |
|
7 DIAS |
350 € |
17 DIAS |
605 € |
27 DIAS |
720 € |
|
8 DIAS |
352 € |
18 DIAS |
545,60 € |
28 DIAS |
642,40 € |
|
8 DIAS |
400 € |
18 DIAS |
620 € |
28 DIAS |
730 € |
|
9 DIAS |
396 € |
19 DIAS |
558,80 € |
29 DIAS |
651,20 € |
|
9 DIAS |
450 € |
19 DIAS |
635 € |
29 DIAS |
740 € |
|
10 DIAS |
440 € |
20 DIAS |
572,00 € |
30 DIAS |
660,00 |
|
10 DIAS |
500 € |
20 DIAS |
650 € |
30 DIAS |
750 € |
|
|
|||||
|
PREZOS PARA OS APARTAMENTOS GRANDES |
|||||
|
1 DIA |
61 € |
11 DIAS |
628,30 € |
21 DIAS |
805,20 € |
|
2 DIAS |
122 € |
12 DIAS |
646,60 € |
22 DIAS |
817,40 € |
|
3 DIAS |
183 € |
13 DIAS |
664,90 € |
23 DIAS |
829,60 € |
|
4 DIAS |
244 € |
14 DIAS |
683,20 € |
24 DIAS |
841,80 € |
|
5 DIAS |
305 € |
15 DIAS |
701,50 € |
25 DIAS |
854,00 € |
|
6 DIAS |
366 € |
16 DIAS |
719,80 € |
26 DIAS |
866,20 € |
|
7 DIAS |
427 € |
17 DIAS |
738,10 € |
27 DIAS |
878,40 € |
|
8 DIAS |
488 € |
18 DIAS |
756,40 € |
28 DIAS |
890,60 € |
|
9 DIAS |
549 € |
19 DIAS |
774,70 € |
29 DIAS |
902,80 € |
|
10 DIAS |
610 € |
20 DIAS |
793,00 € |
30 DIAS |
915,00 € |
A estes prezos hai que engadirlle o 7% do IVE
3. PREZOS POR DÍA PARA O ESTUDANTADO EN
CONGRESOS ORGANIZADOS POLA USC
Aplícaselles estes prezos as asociacións estudantís e ao estudantado que esté matriculado en estudos conducentes á obtención de titulacións de grao ou de posgrao e CAP ou equivalente, tanto se organizan congresos como se participan neles.
Cuarto individual
|
Cuarto dobre
|
12€
|
20€
|
A estes prezos hai que engadirlle o 7 % do IVE