O
Servizo Universitario de Residencias (SUR) da Universidade de Santiago de
Compostela (USC) é un Servizo cunha acreditación avalada pola confianza e
satisfacción que amosan os seus usuarios. A situación xeográfica, as
instalacións de que dispón e os servizos adicionais que se ofrecen (cafeterías,
comedores, bibliotecas, salas de informática con internet, etc...) son boa
mostra da vontade institucional de consolidar, aínda máis, o SUR como un
servizo de calidade para beneficio dos individuos e de toda a colectividade
universitaria.
Malia a todo, queremos avanzar na mellora da
eficacia cunha xestión responsable da ocupabilidade dos Centros. É por iso que
pedimos a todos os sectores implicados neste proceso a súa colaboración no
cumprimento das presentes normas:
Aos
efectos desta normativa, Visitante é toda persoa que, non sendo membro da nosa
Comunidade Universitaria, ven realizar alguna actividade docente, investigadora
ou cultural na USC. Queda excluído o estudantado matriculado en estudos
conducentes á obtención de titulacións de grado ou de posgrado e CAP ou
equivalente.
1.
As solicitudes de reserva realizaranse mediante o modelo que aprobe a
Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria,
cumprimentado que deberá cumprimentar en todos os seus apartados –nome do
visitante, tipo de cuarto, data de entrada e saída, etc.- e enviarase por
correo electrónico á dirección que nel figure.
2.
Poderán
facerse a través de calquera das estruturas orgánicas da Universidade
(Facultades, Escolas Universitarias, Departamentos, Institutos,...).
3.
A Sección de Servizos á Comunidade Universitaria do Servizo de Axudas e
Servizos ao Alumnado, poñerase en contacto co solicitante, tamén a través do
correo electrónico, para comunicarlle en que colexio maior ou residencia se lle
concede a reserva ou a imposibilidade da concesión, ben por non dispor de
prazas vacantes ben por non axeitarse a petición a estas normas.
4.
O importe do aloxamento será aboado polo Departamento, Instituto, Facultade ou
Escola que realizou a reserva, ou polo propio interesado.
A)
No primeiro caso, o responsable económico do centro de gasto deberá enviar,
coa maior brevidade posible, a folla de pedimento debidamente cumprimentada coa
autorización da retención do gasto, á administración do colexio maior ou
residencia asignado. Contra esta folla expedirase o correspondente cargo
interno.
B)
Se o importe do
aloxamento corre a cargo do interesado este deberá aboalo o primeiro día da súa estancia, segundo se indica
de seguido:
1.
Na administración
do centro onde lle foi concedida a praza,
por medio de tarxeta de crédito.
2.
Co impreso de pago normalizado
que se lle facilitará no propio centro.
3.
No caso de que
a entrada no Centro se realice en sábado, domingo ou festivo, o visitante,
previamente á súa chegada, deberá aboar o custo do aloxamento mediante:
4. Transferencia bancaria á conta desta Universidade nº 2091 0388 98 3110001172 de Caixa Galicia, Oficina Principal, Santiago de Compostela.
O
xustificante da transferencia entregarao ao persoal de servizo ese día no
Centro.
5.
No caso de anulación da reserva, que se fará por correo electrónico, non se
efectuará ningún cargo se se comunica cunha antelación mínima de 7 días. De
non mediar dita comunicación que xustifique a anulación, o custo completo do
aloxamento será aboado por quen efectuou a reserva quen, á súa vez, farase
responsable dos problemas que poidan xurdir.
6.
Os prezos, que como norma xeral serán revisados anualmente, son os que figuran
como Anexo I a estas normas.
PREZOS
DE ALOXAMENTO NO SUR PARA VISITANTES
ANO
2005
Atendendo á duración da estadía considéranse tres
tramos económicos que supoñen unha redución que vai desde un 50 ata un 80 por
100 do custo inicial.
Nos seguintes cadros calcúlase o prezo por día e
tramo:
|
PREZOS
DE CUARTOS INDIVIDUAIS |
|||||
|
Primeiro Tramo |
Segundo Tramo |
Terceiro Tramo |
|||
|
1 DIA |
24 € |
11 DIAS |
247,20 € |
21 DIAS |
316,80 € |
|
2 DIAS |
48 € |
12 DIAS |
254,40 € |
22 DIAS |
321,60 € |
|
3 DIAS |
72 € |
13 DIAS |
261,60 € |
23 DIAS |
326,40 € |
|
4 DIAS |
96 € |
14 DIAS |
268,80 € |
24 DIAS |
331,20 € |
|
5 DIAS |
120 € |
15 DIAS |
276,00 € |
25 DIAS |
336,00 € |
|
6 DIAS |
144 € |
16 DIAS |
283,20 € |
26 DIAS |
340,80 € |
|
7 DIAS |
168 € |
17 DIAS |
290,40 € |
27 DIAS |
345,60 € |
|
8 DIAS |
192 € |
18 DIAS |
297,60 € |
28 DIAS |
350,40 € |
|
9 DIAS |
216 € |
19 DIAS |
304,80 € |
29 DIAS |
355,20 € |
|
10 DIAS |
240 € |
20 DIAS |
312,00 € |
30 DIAS |
360,00 € |
|
PREZOS
DE CUARTOS DOBRES |
|||||
|
1 DIA |
40 € |
11 DIAS |
412 € |
21 DIAS |
528 € |
|
2 DIAS |
80 € |
12 DIAS |
424 € |
22 DIAS |
536 € |
|
3 DIAS |
120 € |
13 DIAS |
436 € |
23 DIAS |
544 € |
|
4 DIAS |
160 € |
14 DIAS |
448 € |
24 DIAS |
552 € |
|
5 DIAS |
200 € |
15 DIAS |
460 € |
25 DIAS |
560 € |
|
6 DIAS |
240 € |
16 DIAS |
472 € |
26 DIAS |
568 € |
|
7 DIAS |
280 € |
17 DIAS |
484 € |
27 DIAS |
576 € |
|
8 DIAS |
320 € |
18 DIAS |
496 € |
28 DIAS |
584 € |
|
9 DIAS |
360 € |
19 DIAS |
508 € |
29 DIAS |
592 € |
|
10 DIAS |
400 € |
20 DIAS |
520 € |
30 DIAS |
600 € |
A
estes prezos hai que engadirlle o 7% de IVE
Se a estadía é superior a un mes, o prezo de cada día que exceda do dito mes será de 12€ en habitación individual e de 20€ en habitación dobre.
Cando estean ocupados todos os cuartos individuais, a Vicerreitoría poderá autorizar a utilización de cuartos dobres para uso individual, tendo sempre como horizonte a optimización dos recursos existentes
Os apartamentos están ubicados na Residencia
Universitaria Burgo das Nacións
Ao igual que nos prezos dos cuartos individuais e dobres,
considéranse tres tramos económicos.
Características:
Todos constan de: cuarto de baño, salón con cama
supletoria, cociña, TV, microondas, neveira e menaxe.
Dous apartamentos pequenos: un cuarto con dúas camas
individuais,
Catro apartamentos medianos: un cuarto cunha cama de
matrimonio e outro cunha cama individual e,
Tres apartamentos grandes: un cuarto cunha cama de
matrimoio e outro con dúas camas individuais.
Nos seguintes cadros calcúlase os prezos por día e tramo
|
PREZOS
PARA OS APARTAMENTOS PEQUENOS |
|
PREZOS
PARA OS APARTAMENTOS MEDIANOS |
||||||||||
|
Primeiro Tramo |
Segundo Tramo |
Terceiro Tramo |
|
Primeiro Tramo |
Segundo Tramo |
Terceiro Tramo |
||||||
|
1 DIA |
44 € |
11 DIAS |
453,20 € |
21 DIAS |
580,80 € |
|
1 DIA |
50 € |
11 DIAS |
515 € |
21 DIAS |
660 € |
|
2 DIAS |
88 € |
12 DIAS |
466,40 € |
22 DIAS |
589,60 € |
|
2 DIAS |
100 € |
12 DIAS |
530 € |
22 DIAS |
670 € |
|
3 DIAS |
132 € |
13 DIAS |
479,60 € |
23 DIAS |
598,40 € |
|
3 DIAS |
150 € |
13 DIAS |
545 € |
23 DIAS |
680 € |
|
4 DIAS |
176 € |
14 DIAS |
492,80 € |
24 DIAS |
607,20 € |
|
4 DIAS |
200 € |
14 DIAS |
560 € |
24 DIAS |
690 € |
|
5 DIAS |
220 € |
15 DIAS |
506,00 € |
25 DIAS |
616,00 € |
|
5 DIAS |
250 € |
15 DIAS |
575 € |
25 DIAS |
700 € |
|
6 DIAS |
264 € |
16 DIAS |
519,20 € |
26 DIAS |
624,80 € |
|
6 DIAS |
300 € |
16 DIAS |
590 € |
26 DIAS |
710 € |
|
7 DIAS |
308 € |
17 DIAS |
532,40 € |
27 DIAS |
633,60 € |
|
7 DIAS |
350 € |
17 DIAS |
605 € |
27 DIAS |
720 € |
|
8 DIAS |
352 € |
18 DIAS |
545,60 € |
28 DIAS |
642,40 € |
|
8 DIAS |
400 € |
18 DIAS |
620 € |
28 DIAS |
730 € |
|
9 DIAS |
396 € |
19 DIAS |
558,80 € |
29 DIAS |
651,20 € |
|
9 DIAS |
450 € |
19 DIAS |
635 € |
29 DIAS |
740 € |
|
10 DIAS |
440 € |
20 DIAS |
572,00 € |
30 DIAS |
660,00 |
|
10 DIAS |
500 € |
20 DIAS |
650 € |
30 DIAS |
750 € |
|
|
|||||
|
PREZOS
PARA OS APARTAMENTOS GRANDES |
|||||
|
Primeiro Tramo |
Segundo Tramo |
Terceiro Tramo |
|||
|
1 DIA |
61 € |
11 DIAS |
628,30 € |
21 DIAS |
805,20 € |
|
2 DIAS |
122 € |
12 DIAS |
646,60 € |
22 DIAS |
817,40 € |
|
3 DIAS |
183 € |
13 DIAS |
664,90 € |
23 DIAS |
829,60 € |
|
4 DIAS |
244 € |
14 DIAS |
683,20 € |
24 DIAS |
841,80 € |
|
5 DIAS |
305 € |
15 DIAS |
701,50 € |
25 DIAS |
854,00 € |
|
6 DIAS |
366 € |
16 DIAS |
719,80 € |
26 DIAS |
866,20 € |
|
7 DIAS |
427 € |
17 DIAS |
738,10 € |
27 DIAS |
878,40 € |
|
8 DIAS |
488 € |
18 DIAS |
756,40 € |
28 DIAS |
890,60 € |
|
9 DIAS |
549 € |
19 DIAS |
774,70 € |
29 DIAS |
902,80 € |
|
10 DIAS |
610 € |
20 DIAS |
793,00 € |
30 DIAS |
915,00 € |
A estes prezos hai que engadirlle o 7% do IVE
Se
a estadía é superior a un mes, o prezo de cada día que exceda do dito mes será
de:
22€
o apartamento pequeño
25€
o apartamento mediano
30,50€
o apartamento grande