Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Estudantes e calidade da docencia  »  Regulamento do Servicio Universitario de Residencias

Regulamento do Servicio Universitario de Residencias

TÍTULO PRELIMINAR

TÍTULO PRIMEIRO:
DOS RESIDENTES E COLEXIAIS

TÍTULO SEGUNDO:
ADMISIÓN E RENOVACIÓN DE PRAZAS

TÍTULO TERCEIRO:
ÓRGANOS DE FUNCIONAMENTO DO SUR

TÍTULO CUARTO:
RÉXIME SANCIONADOR

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS


REGULAMENTO DO SERVICIO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS

(XUNTA DE GOBERNO DO 16 DE XUÑO DE 1998)

 (Modificación do artigo 14 e engadido da Disposición Adicional Terceira, Consello de Goberno do 17-02-2005)

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 1.- Definición

O Servicio Universitario de Residencias (SUR) proporciona aloxamento ó estudiantado e demais membros da comunidade universitaria, así como a outras persoas que, aínda que non pertenzan á nosa Universidade, participen nas actividades organizadas por ela.

Ademais de proporcionarlles aloxamento, o SUR promoverá a formación integral de residentes e colexiais, a través da realización de actividades culturais, sociais e deportivas.

 

Artigo 2.- Finalidade

O SUR ten como finalidade esencial a de contribuír a reducir a desigualdade de oportunidades por motivos económicos, a través da convocatoria de prazas subvencionadas de aloxamento.

 

Artigo 3. Centros

O SUR está constituído polas residencias e colexios maiores que se rexan polas disposicións contidas no presente Regulamento.

 

Artigo 4. Servicios

Ademais do servicio de aloxamento, o SUR ofrece unha serie de servicios complementarios. O uso destes estará restrinxido ós residentes ou colexiais, agás autorización expresa do Vicerrectorado de Estudiantes ou da dirección de cada centro.