REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DO CATALOGO DE SERVICIOS XERAIS (1)
DE APOIO A INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
(XUNTA DE GOBERNO 22 DE DECEMBRO DE 1994)
A situación actual dos Servicios Xerais de Apoio á Investigación, á necesidade de creación de novos Servicios no Campus de Lugo e o feito de que outros Servicios, por diversas causas, xa non están a funcionar como tales, fai aconsellable a Actualización do Catálogo de Servicios de Apoio á Investigación da Universidade de Santiago.
A particular situación do Campus de Lugo, fisicamente máis concentrado, cun tamaño máis reducido e con necesidades específicas propias, aconsellan a creacción de Servicios cunha filosofía diferente, máis inclinada cara a uns servicios integrados propios do Campus nos que se inclúen varias técnicas. É por isto que se propón a creación de dous Servicios Xerais de Apoio á Investigación no Campus de Lugo:
Servicio Xeral de Apoio á investigación Agrobiolóxica de Lugo.- Inclúe técnicas e instalacións xa en funcionamento no campus tales como: microscopía electrónica, animalario, acuario e os equipos e instalados Laboratorio Agroalimentario de Lugo, así como instrumentación futura de semellantes características.
Servicio Xeral de Apoio á investigación Físicoquímica e de Técnoloxía dos Alimentos de Lugo.- Deseñado para prestar apoio nos eidos indicados as unidades de investigación do campus lucense. Inclúe, entre outros, un espectroscopio de RMN, cromatógrafo de gases e un equipo de absorción atómica, así como instrumentación futura de semellantes características.
Por outra banda, outros Servicios creados no seu día, non están a prestar Servicio na actualidade, polo que deben ser dados de baixa, tal e o caso do Servicio de Acidos Nucleicos e do Servicio de Análise de Imaxe.
Consideración á parte merece o Herbario "SANT" que realiza actividade de interese, pero que, nembargantes, non poden estrictamente considerarse servicios de apoio ós investigadores da USC polo que se propón tamen, a súa baixa como Servicio Xeral e a sua consolidación como Herbario da USC dependente do Vicerrectorado de Investigación e Terceiro Ciclo
O catálogo actualizado dos Servicios Xerais de Apoio á Investigación quedaría como segue:
DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
1.- Análise Elemental.
2.- Espectrometría de Masas.
3.- Animalario Central.
4.- Laboratorio de Soprado de Vidro y Cuarzo.
5.- Resonancia Magnética Nuclear.
6.- Crioxenia e Magnetómetro SQUID.
7.- Raios X (difractómetro de po).
8.- Raios X (monocristal).
9.- Espectroscopía Vibracional.
10.-Microscopía Electrónica.
11.-Radioisótopos e Protección Radiolóxica.
12.-Arqueometría.
13.-Análise de Partículas.
14.-Servicio de apoio á investigación agrobiolóxica de Lugo.
15.-Servicio de Apoio á investigación fisicoquímica e de tecnoloxía dos alimentos de Lugo.
(1)ACORDO SOBRE A NOVA ORGANIZACIÓN DAS UNIDADES DA R.I.A.I.D.T.