Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Investigación  »  Regulamento de participación de estudiantes en programas de cooperación con empresas

Regulamento de participación de estudiantes en programas de cooperación con empresas

(Xunta de Goberno do 29 de Xuño de 1989)

O Real Decreto 1471/81, do 19 de xuño (B.O.E. do 23 de xullo de 1981) regula a participación de estudiantes en programas de cooperación con empresas, cara a adquirir unha formación especializada que prepare a súa incorporación futura ó traballo.

Tendo en conta que o mesmo obxectivo se pode acadar participando en calidade de bolseiros nos traballos de carácter científico, técnico ou artístico que se desenvolven nos distintos Departamentos e Institutos da Universidade, faise necesario regula-la participación nos mesmos dos estudiantes.

1.- Os estudiantes dos dous últimos cursos poderán colaborar na realización de traballos subvencionados por Empresas ou Institucións públicas sempre que así o permita o correspondente convenio.

2.- O tempo adicado a esta actividade non poderá exceder ó 50% do tempo que constitúe o curso académico.

3.- O convenio asinado para a realización do traballo terá que prever unha cantidade en concepto de bolsa e a posibilidade de nomear ós estudiantes que se indican no parágrafo 1º.

4.- O traballo dos estudiantes realizarase baixo a supervisión do Investigador Principal que velará pola súa formación.

5.- A participación dunha Empresa nun Programa non suporá a adquisición de máis compromisos que os estipulados no Convenio, e, en ningún caso, derivará obrigas propias dun contrato laboral.

6.- Ó non ser unha relación de carácter laboral a existencia entre o alumno e a Empresa, no caso de que ó termo dos estudios se incorporen ó cadro de persoal dos mesmos, o tempo de estancia non se computará a efectos de antigüidade nin eximirá do período de proba, a menos que no Convenio estivera expresamente estipulado.