NORMAS PROVISORIAS PARA A CREACIÓN E FUNCIONAMENTO
DOS INSTITUTOS UNIVERSITARIOS [1]
(XUNTA DE GOBERNO DO 8 DE XULLO DE 1991)
1.- Os Institutos Universitarios son centros esencialmente destinados á investigación científica e técnica, así como a creación artística.
2.- Ademais das funcións que lles corresponde polo apartado precedente, os Institutos Universitarios poden:
a) Realizar actividades docentes relacionadas con estudios de terceiro ciclo e de especialización, dentro da organización dos programas de estudio da Universidade de Santiago de Compostela.
b) Prestar asesoramento técnico no marco da súa competencia.
3.- Os Institutos Universitarios débense rexer polas disposicións legais e estatutarias que lles sexan aplicables e deben estar dotados dun regulamento de réxime interno aprobado pola Xunta de Goberno.
1.- As presentes normas regulan a creación e funcionamento dos seguintes tipos de Institutos:
a) Os propios da Universidade de Santiago de Compostela.
b) Os Interuniversitarios.
c) Os Mixtos.
d) Os Adscritos á Universidade de Santiago de Compostela
2.- Os Institutos propios da Universidade de Santiago de Compostela dependerán orgánicamente da Xunta de Goberno nos termos establecidos nos seus Estatutos, nestas Normas e no seu regulamento de réxime interno.
3.- A Universidade de Santiago de Compostela poderá concorrer con outras Universidades ou centros de investigación de carácter análogo na creación de Institutos Interuniversitarios mediante convenios específicos: en todo caso, garantirase neses convenios a participación da Universidade de Santiago de Compostela no goberno, actividades e resultados científicos e económicos do Instituto, alomenos en proporción ós recursos materiais e investigadores que aporte.
4.- Por medio do oportuno convenio, que respectará sempre os criterios formulados no apartado precedente, poderán adscribirse á Universiddade de Santiago de Compostela, en calidade de Institutos universitarios, institucións ou centros de investigación ou creación artística de carácter público ou privado.
A creación, modificación ou supresión dos Institutos Universitarios levarase a cabo conforme ó establecido no artigo 10 da Lei de Reforma Universitaria.
1. A iniciativa para a creación de Institutos propios da Universidade de Santiago de Compostela corresponde a un ou a varios departamentos ou centros ou a un ou varios grupos de investigación, mediante solicitude presentada ó Rector, que recabará a opinión razoada dos departamentos que realicen labores investigadoras nas mesmas áreas que o Instituto proposto.
2. O Rector someterá a solicitude á consideración da Xunta de Goberno.
3. O acordo da Xunta de Goberno será elevado ó Consello Social.
4. A solicitude deberá incluir:
a) Unha memoria na que consten alomenos:
- Obxectivos e programas de investigación do Instituto.
- Xustificación da necesidade de creación atendendo ó caracter interdisciplinar, alta especialización e imposibilidade de logra-los obxectivos propostos dentro doutras estructuras da Universidade, especialmente dos departamentos existentes.
- Programación plurianual de actividades.
- Persoal científico que se integraría no Instituto, especificando a súa procedencia e o seu réxime de adicación.
- Estimación dos medios necesarios.
- Presuposto aproximado e fontes de financiación.
b) Proxecto de regulamento de réxime interno.
5. Os Institutos propios remitirán anualmente á Xunta de Goberno unha memoria de actividades e unha memoria económica para a súa avaliación e, en función desta, pondera-la conveniencia da súa continuidade. No seu caso, a Xunta de Goberno, a partir do 2º ano, poderá propoñer ó Consello Social a tramitación da supresión do Instituto.
1. O persoal científico dos Institutos propios estará integrado por profesores, axudantes e bolseiros da Universidade e, no seu caso, por persoal investigador contratado especificamente para programas de investigación.
2. Poderá pertencer tamén ó persoal científico do Instituto, en calidade de investigadores colaboradores, persoas alleas á comunidade universitaria que, sen vinculación contractual, colaboren asiduamente nalgún proxecto ou programa do Instituto. O regulamento deste contemplará a modalidade de participación destes colaboradores na actividade e goberno do Instituto.
3. O profesorado universitario integrado no Instituto manterá as súas obrigas docentes en Primeiro e Segundo Ciclos. A súa adicación ó Instituto afectará só á súa xornada investigadora, sen perxuízo da posibilidade de dispensar docencia de terceiro ciclo ou postgrao no Instituto.
4. Inicialmente o persoal científico do Instituto consistirá no grupo promotor, que figurará enumerado na solicitude de creación, con especificación da parte da súa xornada investigadora que adicarán ó Instituto. A creación deste implicará a autorización para que os membros do grupo promotor se incorporen ó Instituto nas condicións solicitadas.
5. Os órganos de goberno do Instituto terán autonomía para admitir novos membros, dentro do establecido nestas Normas.
6. Os profesores, axudantes e bolseiros que soliciten o ingreso nun Instituto xa creado deberán contar coa autorización previa do seu Departamento para desenvolver no Instituto a totalidade ou parte da súa xornada investigadora. No caso de que o Departamento lle denegue a autorización o interesado poderá recurrir este acordo perante a Xunta de Goberno.
Os Institutos Universitarios poderán ter locais e asignacións especificas nos presuntos da Universidade, e se lles poderá asignar persoal de administración e servicios.
1. Os Institutos propios, e o seu profesorado a través deles, poderán contratar con entidades públicas e privadas e con persoas físicas a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, asi como o desenvolvemento de cursos de especialización, nas condicións establecidas na Lei de Reforma Universitaria e nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.
As persoas que conclúan os estudios dispensados nos Institutos Universitarios terán dereito á titulación específica correspondente.
1. Os órganos de goberno dos Institutos propios da Universidade de Santiago de Compostela serán:
a) O Consello de Goberno.
b) O Consello Científico.
c) O Director.
d) O Secretario.
2. O Director e o Secretario equipararanse ós Directores e Secretarios de Departamentos no relativo á exención parcial de obrigas docentes.
1. O Consello de Goberno estará composto por:
a) O Rector da Universidade, ou Vicerrector en quen delegue, que presidirá e convocará.
b) Aqueloutros cargos unipersonais ou profesores da Universidade que se especifiquen no seu regulamento de réxime interno.
c) No seu caso, os representantes de institucións públicas ou privadas que contribúan de maneira sustancial e estable á financiación ou á actividade investigadora do Instituto.
d) O Director do Instituto.
e) O Secretario do Instituto, que será tamén do Consello de Goberno.
2. Os membros universitarios deberán constituír sempre a maioría do Consello de Goberno.
Serán funcións do Consello de Goberno.
a) Elixi-lo Director do Instituto, a proposta do Consello Científico, e propoñe-lo seu nomeamento ó Rector e, no seu caso, a súa remoción mediante acordo adoptado polo maioría absoluta dos seus membros.
b) Propoñe-lo presuposto e a programación do Instituto á Xunta de Goberno.
c) Aproba-la memoria anual de actividades e a memoria económica.
d) Informa-los contratos do Instituto e dos seus profesores.
e) Promove-la financiación e a dotación do Instituto.
f) Propoñer á Xunta de Goberno a incorporación ó Consello de Goberno de novos membros en representación da comunidade universitaria ou de institucións públicas ou privadas.
g) Propoñer á Xunta de Goberno a modificación do regulamento do Instituto.
h) Aqueloutras que estableza o seu regulamento en desenvolvemento dos Estatutos ou destas Normas.
O Consello Científico estará composto por:
a) O Director do Instituto, que o presidirá e convocará.
b) O Secretario do Instituto, que o será tamén do Consello Científico.
c) Os doutores membros do persoal científico do Instituto que especifique o seu regulamento.
Son funcións do Consello Científico:
a) Programa-las actividades científicas, docentes e de asesoramento técnico do Instituto e velar pola súa realización.
b) Aproba-lo ingreso de novos membros do persoal científico do Instituto e o seu cesamento.
c) Informa-las propostas de programación, presupostos e memoria económica e de actividades do Instituto.
d) Propoñer ó Consello de Goberno o nomeamento do Director do Instituto.
e) Aqueloutras que dispoña o seu regulamento en desenvolvemento dos Estatutos da Universidade e destas Normas.
3. O seu mandato será de tres anos e poderá ser reelixido.
b) Representar ó Instituto no ámbito da súa competencia.
c) Elabora-las propostas de programación e presuposto do Instituto.
d) Redacta-la memoria de actividades e a memoria económica.
f) Dirixir e coordina-las actividades do Instituto.
g) Autoriza-los gastos dentro do presuposto anual.
O Secretario será nomeado polo Director entre os membros do Consello Científico.
Son funcións do Secretario:
a) Redacta-las actas das sesións do Consello de Goberno e do Consello Científico.
b) Custodia-los arquivos e a documentación do Instituto.
c) Expedi-las certificacións no ambito da súa competencia.
d) Supervisa-lo labor do persoal de administración e servicios.
e) Auxiliar ó Director nas súas funcións, e sustituilo en caso de ausencia ou enfermidade.
1. Unha vez aprobada a creación do Instituto, o Rector nomeará un director en funcións entre os membros do grupo promotor que cumpran as condicións establecidas no apartado 1 do artigo 14, que cesará como tal ó se cumpri-las previsións regulamentarias sobre constitución dos órganos ordinarios de goberno do Instituto.
2. No suposto que, trancorrido un curso académico sen que se contituiran legalmente os órganos de goberno do Instituto, o Rector á vista das circunstancias concorrentes, poderá revoga-lo nomeamento do director en funcións e, oída a Xunta de Goberno da Universidade procederá a nomear un Director-Comisario coa única finalidade de remata-lo proceso constitutivo de tódolos órganos do Instituto. Este Director-Comisario poderá pertencer ó grupo promotor ou poderá ser outra persoa independente sempre que cumpra os requisitos do artigo 14.1 deste Regulamento.
Serán de aplicación ós Institutos Interuniversitarios Mixtos e Adscritos tódalas normas precedentes coas salvidades que se establecen nos artigos seguintes.
1. A iniciativa para a creación dos Institutos Mixtos e Interuniversitarios ou para a adscripción dun centro de investigación en calidade de Instituto Universitario poderá corresponder tamén a entidades públicas ou privadas extrauniversitarias, sen prexuízo do establecido no apartado 1 do art. 4 destas Normas.
2. En todo o demais, a tramitación da iniciativa axustarase ó disposto no devandito artigo 4.
Será de aplicación tamén ós Institutos Interuniversitarios ós Mixtos e ós Adscritos o previsto no apartado 5 do art. 4 destas Normas. En caso de informe negativo da Xunta de Goberno, o Claustro Universitario solicitará, se así o acorda, que o Consello Social denuncia o convenio de creación ou adscrición.
Nos Institutos Interuniversitarios, nos Mixtos e nos Adscritos poderá haber, ademais do persoal científico definido no art. 5 , investigadores con vinculación funcionarial ou laboral con outras institucións públicas ou privadas, segundo estableza o correspondente convenio.
O convenio de creación ou de adscrición regulará a titularidade dos bens inventariables ós que fai referencia o apartado 2 do artigo 7 destas Normas.
Os órganos de goberno dos Institutos Interuniversitarios, Mixtos ou Adscritos virán definidos nos correspondentes convenios. En todo caso, a Universidade de Santiago de Compostela procurará que a súa natureza e funcionamento se axusten todo o posible ós dos Institutos propios.
Os actuais Institutos da Universidade de Santiago de Compostela adecuarán a súa estructura e o seu funcionamento ás presentes Normas dentro dos dous anos seguintes a sua aprobación pola Xunta de Goberno.
[1] Inclúe as modificacións aprobadas na Xunta de Goberno do 3 de xullo de 1995.