INSTITUTOS UNIVERSITARIOS
(XUNTA DE GOBERNO DO 15 DE MARZO DE 1989)
CARÁCTER DOS INSTITUTOS
1.- Os Institutos Universitarios son centros esencialmente destinados á
investigación científica e técnica, así como á creación artística.
2.- A parte das actividades que lles corresponde desenvolver para cumpriren as
funcións que lles atribúe o parágrafo anterior, os Institutos Universitarios poden:
a) Realizar, dentro da organización dos programas de estudio
da Universidade de Santiago de Compostela, actividades docentes relacionadas con ensinanzas
especializadas ou estudios do terceiro ciclo.
b) Prestar asesoramento técnico no marco da súa
competencia.
3.- Os Institutos Universitarios débense rexer polas disposicións legais e
estatutarias que lles sexan aplicables, e deben estar dotados dun regulamento de réxime interno
aprobado pola Xunta de Goberno.
A creación é competencia da Comunidade Autónoma a proposta
de Consello Social, con informe previo da Xunta de Goberno.
A iniciativa tamén pode corresponder a un ou varios
Departamentos e a un ou varios grupos de investigación co informe previo dos Departamentos nos que
estén adscritos.
Dos distintos tipos de Institutos optaríase, nun principio,
pola creación de Institutos Mixtos (financiación externa).
Para a creación dun Instituto Mixto necesítase un convenio
cun organismo público ou privado.
A solicitude deberá incluír, necesariamente:
A) Memoria que expoña
- Obxectivos e programas de investigación.
- Xustificación da necesidade de creación atendendo ó
carácter interdisciplinar, alta especialización e imposibilidade de logra-los obxectivos propostos
con outras estructuras universitarias.
- Entidades, Institucións ou Organismos de Investigación que
participen nos programas.
- Programación de actividades (plurianual).
B) Convenio con organismo/s público/s ou privado/s no que se
estableza a estructura orgánica de múltiple dependencia das entidades colaboradoras.
C) Proxecto do Regulamento do Instituto.
D) Memoria que inclúa:
-Gastos:
- de Persoal
- Correntes
- de equipamento
- de investimentos
-Ingresos, desmembrados en aportacións da Universidade e das
Institucións copatrocinadoras.
Non terán asignación presupostaria no presuposto da
Universidade, a contribución entenderase no persoal propio e equipamento xa existente.
- Dictame previo da Comisión de Investigación da Xunta de
Goberno.
- Informe da Xunta de Goberno.
A) Perfil do Instituto. Centro dedicado a investigación de
interese científico e social, que non supoña duplicación de actividade investigadora dos
Departamentos.
B) Considerarase:
- A coordinación con outros organismos que desenvolvan
actividade análoga.
- As actividades desenvoltas con anterioridade.
- Expectativas de futuro e incidencia da investigación a
realizar na Universidade e na Comunidade.
- Carácter interdisciplinar dos programas de
investigación.
- Outras actividades a desenvolver (Terceiro Ciclo, máster,
especialización).
- Recursos humanos existentes.
- Recursos materiais, existentes e por adquirir, en
concreto: locais, laboratorios, equipos, outros recursos.
- Financiamento, fundamentalmente transferencias doutras
institucións e recursos que poidan xerar.
- Proxectos de convenio, con especial consideración á tutela
pola Universidade.
- Réxime previsto no suposto de extinción do convenio.
- Profesorado Universitario, que continuará mantendo as súas
obrigas docentes no 1º e 2º ciclos. A adscrición ó titulo enténdese soamente para a xornada
investigadora.
- Persoal do organismo copatrocinador.
- Persoal contratado específicamente para programas de
investigación.
- Bolseiros.
- Persoal de Administración e Servicios. Podería ser persoal
propio da Universidade adscrito temporalmente ó Instituto.
O persoal adscrito ó Instituto, e a súa actividade
investigadora, non computarán para os efectos de axuda de investigación no Departamento, nin, por
iso, dispoñerá da mesma.
En tódolos casos de duración limitada (5 anos) renovables,
no seu caso, se continúan cumpríndose as condicións que aconsellaron a súa creación.