(Xunta de Goberno do 16 de Marzo de 2000)
A Universidade de Santiago de Compostela, nos últimos anos, ven realizando un esforzo na creación de unha serie de estructuras e mecanismos para que os resultados das investigacións realizadas no seo universitario podan ser o xerme dunha actividade productiva no sector privado, facilitando que estes coñecementos se poñan ó servicio do desenvolvemento económico e social galego.
Deste xeito, a través do liderato da División de Transferencia Empresarial do Centro de Transferencia de Tecnoloxía a USC creou entidades destinadas a dar apoio ó seguimento destas novas empresas tecnolóxicas a través de UNINOVA, sociedade creada en conxunto co Concello de Santiago. Así mesmo a Universidade participa no accionariado destas novas empresas a través de UNIXEST, sociedade mercantil unipersoal da Universidade.
A experiencia adquirida no pouco tempo que estos instrumentos foron implementandose para favorecer a actividade empresarial da actividade universitaria, fai necesario establecer un pequeno decálogo do procedemento a seguir para a creación destas empresas que, lexos de burocratizar o proceso, coadxuve a conseguir que os proxectos estén enraizados na Universidade e que teñan as suficientes garantías de viabilidade e futuro.
Por todo o anterior, a Xunta de Goberno en sesión de 16-marzo-2000, acorda:
Primeiro.-
Os membros da Comunidade Universitaria poderán promover a creación de iniciativas empresariais sempre que sexan consecuencia ou materialización de capacidades e productos con orixe na I+D desenrolada polos investigadores da USC.
Estas iniciativas deberán ter a súa base tecnolóxica na actividade Científica da USC ou na prestación de servicios de investigación universitarios, que deberán ser susceptibles de explotación comercial rentable.
A Universidade de Santiago, facilitará a súa creación mediante os mecanismos de apoio necesarios e incluso coa participación no capital social.
Segundo.-
O promotor ou promotores dunha destas iniciativas deberá presentar unha solicitude ante o Centro de Transferencia de Tecnoloxía na que expresarán nunha breve memoria:
Obxecto da futura sociedade.
Actividade tecnolóxica que se pretenda comercializar.
Situación actual da investigación no seo da Universidade.
Posibilidades comerciais da iniciativa.
Posible mercado ó que vai dirixido.
Medios necesarios para o seu desenvolvemento.
Terceiro.-
Recibida a solicitude, o CITT elaborará un informe sobre a petición que abarcarán os seguintes aspectos:
Carácter innovador ou non da proposta .
Relación coa I+D.
Cumprimento da Normativa vixente sobre propiedade industrial, intelectual e incompatibilidades.
Proposta de apoio Universitario e modelo de relación USC-Empresa
Así mesmo remitirá a UNINOVA unha copia da proposta para que ésta elabore un informe de viabilidade do proxecto.
Tanto o CITT como UNINOVA poderán solicitar dos promotores aqueles datos ou informacións complementarias para a realización dos informes, así como solicitar outros datos, informes o consultas externas, segundo a natureza da petición.
Cuarto.-
Realizados os informes do apartado anterior, a Comisión Permanente do CITT decidirá sobre o proxecto presentado, aceptándoo ou rexeitándoo e indicando, entre outros aspectos, o apoio e implicación dos servicios universitarios no proxecto tales como: locais, posibilidades de financiamento, apoio de Uninova, porcentaxe de participación no capital da empresa e tipos de acordos necesarios entre a Universidade e a futura empresa para a transferencia de tecnoloxía, etc.
Quinto.-
De propoñerse a participación temporal da Universidade no capital social da empresa, o informe será remitido a UNIXEST para que polo Consello de Administración, se acorde a participación temporal no capital, así como o nomeamento da representación universitaria na empresa e a realización dos trámites oportunos para a súa constitución e rexistro.
Sexto.-
As empresas subscribirán un acordo/convenio coa Universidade que regule súas relacións ( acordo de complementariedade, cesión de patentes, cesión de Know How , etc.).
En ningún caso se poderá formalizar ningún contrato de obras, servicios, subministros nin de consultoría ou asistencia ou calquera outro que esté dentro do ámbito de aplicación da Lei de Contratos das AAPP.
Sétimo.-
Os promotores que sexan persoal da USC, deberán respectar en todo caso a Lei de Incompatibilidades.
Oitavo.-
A DTE poderá requirir ós órganos das empresas información sobre o cumprimento de finalidades para as que se creou a empresa.
A empresa deberá remitir anualmente antes do 30 de marzo as contas da sociedade co Informe de xestión anual a UNIXEST, así como calquera cambio que se pretenda introducir nos seus Estatutos Sociais.
O incumprimento das condicións polas que foi aprobada a empresa ou a perda da súa base tecnolóxica, poderá determinar que a Universidade, a través das súas entidades, retire toda a súa participación e apoio á entidade mercantil.
Disposición Transitoria.-
A presente normativa non será aplicable a aquelas empresas que na súa entrada en vigor xa estiveran constituídas, agás os artigos 6º, 7º e 8º, que serán de aplicación xeral.
Disposición Final.-
A presente normativa entrara en vigor o día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Goberno da USC.
|
INICIO |
ANÁLISE DO PROXECTO |
EVOLUCIÓN |
ESTUDIOS DE VIABILIDADE |
ACORDOS DE PARTICIPACIÓN |
PARTICIPACIÓN NO CAPITAL SOCIAL |
|
|
PROMOTOR |
Presentación do proxecto ó CITT |
|||||
|
CITT |
Recepción do proxecto. Envío dunha copia a UNINOVA |
Informe Técnico CITT |
||||
|
UNINOVA |
Informe de |
Realización do estudio de viabilidade xunto co promotor |
||||
|
COMISIÓN PERMANENTE DO CITT + 1 MEMBRO DE UNINOVA |
Aceptación / Rexeitamento a partires dos informes de UNINOVA e CITT |
Acordo do xeito de participación da USC |
||||
|
CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE UNIXEST |
A proposta da Comisión Permanente do CITT, aprobación da % de participación no Capital Social |