Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Normalización lingüística  »  Emprego da lingua galega na documentación escrita

EMPREGO DA LINGUA GALEGA NA DOCUMENTACIÓN

ESCRITA

(RESOLUCIÓN RECTORAL DO 29 DE NOVEMBRO DE 1990)

Conforme ó disposto nos artigos 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia, 1, 4 e 6 da Lei de Normalización Lingüistica de Galicia, e mais 8,1 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, a lingua galega é lingua oficial da nosa Universidade. Nos devanditos textos legais tamén se recolle o deber das institucións públicas de promociona-lo idioma galego. Así , os Estatutos da Universidade de Santiago, no art. 8.2, dispoñen: " A Universidade de Santiago de Compostela debe promove-lo estudio e maila utilización da lingua galega...".

E vontade deste Rectorado facer efectivo o principio legal de oficialidade do idioma galego no ámbito administrativo, de xeito que se acabe convertendo na lingua empregada habitualmente na documentación administrativa desta Universidade, sen vulnera-los dereitos dos membros da comunidade universitaria, e poñendo os medios necesarios para aquel fin.

Por iso, este rectorado dispón que a documentación escrita emanada dos servicios administrativos da Universidade de Santiago de Compostela, ben de circulación interna, ben dirixida ó público ou a outros organismos e institucións do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia deberá ser redactado integramente en galego.

O persoal de Administración e Servicios desta Universidade, en tódolos niveis e categorías, proporcionará os medios ó seu alcance, no ámbito das súas competencias e funcións, para levar á práctica os principios debanditos: lémbrase que estas medidas afectan á rotulación, membretes, carimbos, e material impreso de uso regular e oficial nesta Universidade.

Existe un Servicio de Normalización Lingüística ó dispor de todo o persoal de tódolos Servicios da Universidade que ten como misión colaborar para supera-los atrancos, dúbidas e dificultades que xurdan na aplicación desta resolución. Pola súa banda, o Persoal de Administración e Servicios desta Universidade debe facilita-lo labor do persoal de