Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Normativa derrogada  »  Acordo sobre Contratación Excepcional de Profesores Asociados en Áreas de Coñecemento con Dificultades Extremas

 

 

NORMATIVA DEROGADA

ACORDO SOBRE CONTRATACIÓN EXCEPCIONAL DE PROFESORES ASOCIADOS EN ÁREAS DE COÑECEMENTO CON DIFICULTADES EXTREMAS

(XUNTA DE GOBERNO 28 DE XUÑO DE 1988)

O Real Decreto 1200/1986, do 13 de xuño, polo que se modifica e completa o R.D. 898/1985 do 30 de abril, sobre Réxime de Profesorado Universitario establece no seu artigo 1 unha nova redacción para o artigo relativo ós Profesores Asociados, que nos seus apartados 1 e 2 queda como segue:

" 1.- Las Universidades podrán contratar temporalmente, a tiempo completo o parcial, en las condiciones que establezcan sus Estatutos y dentro de sus previsiones presupuestarias, Profesores asociados, de entre especialistas de reconocida competencia que desarrollen normalmente su actividad profesional fuera de la Universidad.

2.- A los efectos de los dispuesto en el número anterior, se entenderá por desarrollo normal de actividad profesional el ejercicio, fuera del ámbito universitario, de cualquier actividad profesional remunerada de aquellas para las que capacite el título académico que el interesado posea durante un período mínimo de tres años dentro de los cinco anteriores a su contratación como Profesor asociado por una Universidad.

Excepcionalmete, y si así lo prevén los estatutos, las Universidades podrán contratar, por acuerdo de la Junta de Gobierno y oído el Consejo Social, a personas de reconocida competencia en quienes no concurran las circunstancias temporales previstas en el párrafo anterior".

Por outra banda, no artigo 2 incorpórase unha disposición transitoria que di o seguinte:

"Cuarta.- Los Claustros de las Universidades, de acuerdo con el sistema establecido en los Estatutos, adoptarán las medidas necesarias para adaptar, en su caso, el texto de estos últimos a las previsiones del Titulo II del presente Real Decreto. Las correspondientes modificaciones se remitirán al Gobierno en las Comunidades Autónomas para su aprobación, de acuerdo con lo establecido en el artículo 12 de la Ley de la Reforma Universitaria.

No obstante lo dispuesto en el párrafo anterior, la Junta de Gobierno de la Universidad podrá acordar una regulación transitoria de los aspectos que en el título II del presente Real Decreto se remiten a los Estatutos de las Universidades, con el fin de posibilitar la contratación del personal docente contemplado en el mismo. En ningún caso esta regulación podrá tener una vigencia superior a dos años, a partir de la entrada en vigor del presente Real Decreto".

A experiencia habida nos cursos pasados pon de manifesto a dificultade de atopar, nun número certamente reducido de áreas de coñecemento, persoal que reúnan os requisitos establecidos pola lexislación para seren profesores numerarios ou asociados e que deste xeito poidan cubri-la docencia teórica existente nas devanditas áreas.

Xa que logo, e sempre referíndose a un número escaso de áreas de coñecemento parece existir unha situación excepcional que aconsellaría a utilización da vía contemplada no artigo 20 e na disposición transitoria cuarta do Real Decreto anteriormente aludido.

En consecuencia, a Xunta de Goberno, na súa sesión do día 28 de xuño de 1988, ACORDA:

1) Excepcionalmente, e previo acordo da Xunta de Goberno, poderán ser contratados como Profesores asociados persoas de recoñecida competencia, aínda que non estean en situación de acredita-los tres anos de actividade profesional, dentro dos últimos cinco, fóra do ámbeto universitario.

2) A eses efectos será considerada circunstancia excepcional a existencia dunha dificultade extrema, a xuízo da Xunta de Goberno, para atopar persoas coa titulación de Doutor para seren contratadas como Profesores Titulares ou Profesores Asociados nas condicións establecidas no primeiro parágrafo do apartado 2 do art. 20 do Real Decreto 1200/86, xunto coa necesidade real e contrastada de impartir docencia teórica nesa área de coñecemento.

3) Do mesmo xeito, naqueles casos en que unha praza convocada a concurso, primeiro como Profesor Titular, e logo como Profesor Asociado, resulte reiteradamente deserta, a Xunta de Goberno poderá tomar en consideración a posibilidade de contratar para esa área de coñecemento, de persisti-la necesidade perentoria de impartir docencia teórica, Profesores Asociados que non cumplan os requisitos previstos no xa mencionado art. 20 do R.D 1200/86.