Capítulo I- Ámbito de Aplicación
Capítulo II- Dereito de Sufraxio
Capítulo III- Administración Electoral
Capítulo V- Regras xerais de procedemento en materia electoral
-------------------------------------------------------------------------
CAPÍTULO 1 ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo 1.
As disposicións comúns contidas no Título Primeiro son de aplicación a tódolos procesos electorais regulados no presente regulamento, sen prexuízo das peculiaridades de cada un deles tidas en conta na súa regulación específica.
CAPÍTULO 2 DEREITO DE SUFRAXIO
Artigo 2. Principios xerais
O sufraxio, dentro de cada un dos sectores considerados en cada elección, será universal, igual, libre, directo e secreto.
En todo caso, os requisitos esixidos para exerce-lo dereito de sufraxio activo ou pasivo deberán reunirse na data da convocatoria das elección e manterse ata o día da votación.
Ninguén pode ser obrigado ou coaccionado baixo ningún pretexto no exercicio do seu dereito de sufraxio, nin a revela-lo seu voto.
Artigo 3. Titulares do dereito
1. Poderán exercita-lo dereito de sufraxio:
No caso do profesorado, axudantes e persoal de administración e servicios, os que estean na situación de servicio activo ou, reunindo os requisitos legalmente establecidos para iso, presten servicio na Universidade. Non obstante, carecerá de dereito de sufraxio o persoal que desempeñe praza ou posto en comisión de servicios ou en servicios especiais fóra da Universidade.
No caso de alumnos, os que estean matriculados na Universidade en estudios conducentes á obtención de títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
2.- Así mesmo, poderán exercita-lo dereito de sufraxio aqueles outros colectivos que, formando parte da comunidade universitaria, teñan representación nos distintos órganos colexiados.
3.- Non se pode exercita-lo dereito de sufraxio en dous sectores ou en dúas circunscricións para unha mesma elección.
4.- Para o desempeño de cargos estarase ó disposto no artigos 62 dos Estatutos da USC.
Artigo 4. Circunscricións e colexios
Son circunscricións Electorais:
a) Nas eleccións ó Claustro:
- Para o profesorado, axudantes e para o alumnado serán os centros no que se atopen censados por prestar servicios ou cursar estudios respectivamente.
- No caso do persoal de administración e servicios constituiranse dúas circunscricións electorais, correspondentes ós campus de Lugo e Santiago.
b) Nas eleccións a representantes nas Xuntas de Facultade ou Escola, serán os centros no que se atopen censados os membros da comunidade universitaria por prestar servicios ou cursar estudios.
c) Nas eleccións a representantes nos consellos de departamento, serán os departamentos.
d) Nas eleccións a representantes nos consellos científicos dos institutos serán os institutos.
e) Nas eleccións a rector, o colexio electoral estará constituído polo Claustro.
f) Nas eleccións a decano de facultade ou director de escola, o colexio electoral estará constituído polas respectivas Xuntas de Facultade ou Escola.
g) Nas eleccións a director de departamento, o colexio electoral estará constituído polo consello de departamento.
h) Nas eleccións a director de instituto universitario o colexio electoral estará constituido polo consello de goberno do instituto.
CAPÍTULO 3 ADMINISTRACIÓN ELECTORAL
Artigo 5. Finalidade
A administración electoral ten por finalidade garantir, nos termos do presente regulamento,a legalidade, obxectividade e transparencia dos procesos electorais.
Artigo 6. Denominación
A administración electoral corresponderá ás comisións electorais que se denominarán:
Comisión Electoral Central da Universidade (CE), que terá a súa sede no Rectorado.
Comisións Electorais de Centros (CEC)
Comisións Electorais de Departamento (CED)
Comisións Electorais de Instituto (CEI)
Artigo 7. Funcións das comisións electorais
Corresponde ás comisións electorais no seu respectivo ámbito:
A cualificación e a proclamación de candidatos e a resolución dos recursos que estes interpoñan contra a mencionada proclamación.
O sorteo para establece-la orde de colocación dos candidatos nas papeletas oficiais de votación.
A organización do procedemento de emisión do voto e a determinación do número de Mesas Electorais, así como a situación das mesmas, garantíndose, polo menos, unha Mesa por cada sector a representar, sen prexuízo do disposto no apartado do artigo do presente regulamento.
O sorteo dos membros titulares e suplentes das Mesas Electorais.
O exame e resolución das causas xustificadas que impidan formar parte das Mesas Electorais.
A libre designación dos electores que estimen máis adecuados para formar parte das Mesas Electorais, no suposto de inasistencias á constitución destas e durante o curso das votacións.
A dirección e coordinación das Mesas Electorais.
A expedición ós presidentes das Mesas Electorais do correspondente recibo acreditativo da recepción do expediente electoral, se así se solicita.
O escrutinio xeral, verificando o reconto dos votos admitidos nas diversas Mesas Electorais.
l. A proclamación dos electos e a extensión da correspondente acta por duplicado.
m. A provisión de urnas, cabinas, papeletas e sobres.
n. A remisión ó rector das cuestións disciplinarias que se produzan en relación a actos electorais.
ñ. Aquelas outras recollidas neste regulamento, así como as que, non atribuídas por outra norma a outro órgano da Universidade, garden relación coa xestión e control dos procesos electorais.
Artigo 8. Funcións da Comisión electoral Central
Ademais das funcións indicadas no apartado anterior, corresponde á CE:
A elaboración e publicación do censo
A resolución, en única instancia, dos recursos que interpoñan os titulares do dereito ó sufraxio contra a súa inclusión ou omisión indebidas no censo
A publicación do censo definitivo.
A expedición, no seu caso, das certificacións censais específicas
A distribución, cando proceda, do número de representantes elixibles en cada sector, subsector e, de se-lo caso, colexio, en cada procedemento electoral, así como a resolución dos recursos que se interpoñan contra a dita distribución..
Aproba-lo modelo oficial a que se axustarán o escrito de presentación de candidaturas, as papeletas, as credenciais dos interventores, o xustificante de emisión do voto, a certificación censal específica e o recibo acreditativo da recepción do expediente electoral, de se-lo caso.
Aproba-los modelos de actas de constitución de Mesas Electorais, de escrutinio, de sesión, de escrutinio xeral e de proclamación de electos. Tales modelos deberán permiti-la expedición instantánea de copias das actas mediante documentos autocopiativos ou outros procedementos análogos.
Elaborar un manual de instruccións sobre as funcións dos membros das Mesas Electorais.
Resolve-los recursos que se interpoñan contra o acto de proclamación de electos das Xuntas Electorais.
l. Revocar de oficio en calquera tempo ou, a instancia de parte interesada, dentro do prazo de cinco días, as decisións das CEC e CED que, por oporse á interpretación da normativa electoral realizada pola CE, se recorren ante esta afectados por aquelas.
m. Resolver con carácter vinculante as consultas que lle eleven as CEC e a CED.
n. Resolve-las consultas que por escrito ou de forma verbal formulen os órganos universitarios.
ñ. Cursar instruccións de obrigado cumprimento ás CEC e CED, en calquera materia electoral.
o. Unifica-los criterios interpretativos das CEC e CED en aplicación da normativa electoral.
Artigo 9. Composición da Comisión Electoral Central
A Comisión Electoral, de acordo co establecido no artigo 63.3 dos Estatutos, estará composta por:
O rector, ou persoa en quen delegue, que a presidirá.
Cinco profesores, procurando que polo menos tres teñan coñecementos xurídicos.
Dous axudantes.
Tres estudiantes, dos que un será do terceiro ciclo.
Dous membros do persoal de administración e servicios.
Os membros elixibles da Comisión Electoral serán elixidos polos claustrais do respectivo sector. No sector de estudiantes serán elixidos os dous candidatos máis votados de primeiro e segundo ciclos, e o de terceiro ciclo que obtivese o maior número de votos.
O rector ou persoa en quen delegue, será o presidente da Comisión Electoral e terá voto de calidade. A Comisión elixirá un secretario de entre os seus membros.
Artigo 10. Composición da Comisión Electoral de Centro
1.- A Comisión Electoral de Centro estará composta por:
O decano ou persoa na que delegue que a presidirá.
O secretario do centro que o será da Comisión
1 profesor
1 estudiante
1 membro do persoal de administración e servicios
2.- A designación dos representantes do profesorado, estudiantado e PAS e os seus suplentes realizarase a sorteo entre os censados no centro
Artigo 11. Comisión Electoral de Departamento
1.- A Comisión Electoral do Departamento estará composta por:
O director que a presidirá.
O secretario do departamento que o será da Comisión.
1 estudiante
2 membros do consello que non sexan estudiantes
2.- A designación dos membros e dos respectivos suplentes realizarase a sorteo entre os membros do consello de departamento.
Artigo 12. Comisión Electoral de Instituto
1.- A Comisión Electoral do Instituto estará composta por:
O director.
O secretario do instituto que o será da comisión.
3 membros do persoal científico vinculado ó instituto.
2. A designación dos membros e dos respectivos suplentes realizarase a sorteo entre os membros do consello científico do instituto
Artigo 13. Condicións dos membros
A condición de membro dunha comisión electoral é obrigatoria e irrenunciable agás por causas xustificadas apreciadas pola Comisión Electoral.
A duración do mandato dos membros da Comisión Electoral Central é de catro anos, agás os axudantes e alumnos que se renovarán cada dous anos, logo da renovación destes sectores no claustro.
As comisión electorais de centro ou departamento terán unha duración de dous anos, renovándose os membros sorteados no prazo dun mes dende a renovación dos membros electos da xunta de facultade.
A condición de membro da comisión electoral é incompatible coa condición de candidato a cargos unipersoais, membro de mesa electoral ou interventor. No caso de que os membros da Comisión electoral fosen á vez candidatos a órganos colexiados non poderán intervir naquelas cuestións que lles afecten directamente.
No caso de que o decano ou director de centro ou de departamento sexan candidatos, á presidencia da comisión electoral corresponderá ó profesor do centro ou do departamento de maior categoría e máis antigo na USC.
No caso de concorrer no secretario a circunstancia prevista no apartado anterior, actuará como tal o membro da comisión que determine o presidente.
No caso de que os vocais foran candidatos entrarán a formar parte da Comisión os respectivos suplentes.
Artigo 14. Sorteo dos Vocais
O sorteo dos vocais das CEC e CED realizarase ante os secretarios dos respectivos centros e departamentos, en acto público, cun mes de antelación á expiración do mandato para o que foron elixidos os anteriores.
Artigo 15. Suplentes dos Vocais
No sorteo dos vocais da CEC e CED incluiranse dous suplentes por cada vocalía que pasarán, sucesivamente, a ocupar o cargo por cesamento do titular, o cal se producirá cando perda algún dos requisitos esixidos para a súa designación, ou ben, cando este concorrese a algunhas elección nas que teña competencia a Comisión á que pertenza.
Ante o cese de tódolos suplentes procederase a un novo sorteo no menor prazo posible.
O cargo dos suplentes durará ata que proceda a renovación total das xuntas electorais correspondentes.
Artigo 16. Funcionamento
As sesións das Comisións Electorais convocaranas os seus respectivos presidentes.
No caso da Comisión Electoral Central, para que a reunión se celebre válidamente deberán concurrir en primera convocatoria a metade dos seus membros, debendo figurar entre eles o Presidente e o Secretario, ou persoas que os substitúan. En segunda convocatoria, bastará a presencia de un tercio dos seus membros, sempre que asistan o Presidente e o Secretario, ou quenes os substitúan.
Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes. O voto do presidente será de calidade en caso de empate.
No caso de ausencia do presidente ou do secretario asumirán as súas funcións o vocal en quen aqueles deleguen.
As Xuntas Electorais poderán delegar no seu presidente ou no seu secretario, ou en ambos, a resolución dos asuntos que expresamente se determine.
Artigo 17. Disposicións xerais
Para o exercicio do dereito ó sufraxio activo será necesaria a inclusión no censo electoral correspondente.
No censo electoral, ademais do nome e os apelidos, incluirase o documento nacional de identidade.
Para cada elección utilizarase o censo electoral vixente no día da convocatoria.
Os candidatos poderán obter o día seguinte á proclamación definitiva de candidaturas unha copia do censo correspondente ós electores que poden vota-la súa candidatura.
Artigo 18. Elaboración
A elaboración dos censos para a elección de representantes en órganos colexiados corresponderá á Comisión Electoral Central da Universidade.
Artigo 19. Publicación e recursos
As listas do censo expoñeranse publicamente nos respectivos colexios, no prazo dos cinco días seguintes ó da convocatoria de eleccións. No caso de Colexio Electoral único as listas tamén serán expostas nos centros nos que haxa electores correspondentes a dito colexio.
Os titulares do dereito ó sufraxio están lexitimados para interpoñer recurso ante a Comisión Electoral Central correspondente, no prazo de cinco días dende a publicación do censo, xa sexa por inclusión ou por omisión indebidas, no seu sector ou, no seu caso, subsector.
A Comisión Electoral resolverá en única instancia, no prazo máximo dos tres días seguintes ó da finalización do prazo ó que se refire o apartado anterior, e procederán, ó día seguinte, á publicación do censo definitivo.
CAPÍTULO 5 REGRAS XERAIS DE PROCEDEMENTO EN MATERIA ELECTORAL
Artigo 20. Expedición de copias
As copias ou exemplares que se expidan de documentos electorais realizaranse por calquera medio de reproducción mecánica, pero só surtirán efectos cando neles se estampen as sinaturas e carimbos esixidos para os orixinais.
Artigo 21. Conservación dos actos electorais
Non procederá nulidade cando o vicio do procedemento electoral non sexa determinante do resultado da elección.
A invalidez da votación nunha ou varias Mesas tampouco determinará a nulidade da elección cando aquela non alterase o resultado final.
Artigo 22. Fin da vía administrativa
Os actos da Comisión Electoral Central da Universidade esgotan a vía administrativa.
Artigo 23. Períodos inhábiles e cómputo de prazos
Para os efectos electorais, considéranse períodos inhábiles os meses de xullo, agosto e setembro, así como as correspondentes vacacións de Nadal e Semana Santa e os demais festivos previstos con carácter xeral para toda a Universidade no calendario académico.
Agás disposición en contrario, os prazos sinalados por días neste regulamento computaranse en días hábiles e os sinalados por meses de data a data.
Para o cómputo dos prazos, os sábados serán días hábiles, se ben cando un prazo termine en sábado e prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
En todo o non expresamente regulado por este regulamento en materia de procedemento será de aplicación a Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Artigo 24. Infraccións electorais
O rector exercerá a potestade disciplinaria naqueles casos de incumprimento da normativa establecida neste regulamento ou da negativa a asumir os deberes establecidos no mesmo.
CAPÍTULO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 25. Requisitos xerais
A resolución de convocatoria de eleccións para membros de órganos colexiados indicará, polo menos, as seguintes datas e prazos do calendario:
Data de exposición pública do censo electoral
Prazo de presentación de recursos contra o censo
Data de publicación do censo definitivo
Data do sorteo para a designación dos membros das Mesas Electorais
Prazo de presentación de candidaturas
Data de proclamación provisoria de candidatos
Prazo de presentación de recursos contra o acto de proclamación provisoria de candidatos
Prazo de resolución dos recursos contra o acto de proclamación provisoria dos candidatos
Data de proclamación definitiva de candidatos
l) Prazo da campaña electoral
m) Data da xornada de reflexión
n) Data de votacións, que necesariamente será un día lectivo
ñ) Data de proclamación provisoria de candidatos electos
o) Prazo de presentación de recursos contra o acto de proclamación provisoria de candidatos electos
p) Prazo de resolución dos recursos contra o acto de proclamación provisoria de candidatos electos
q) Data de proclamación definitiva de candidatos electos
Así mesmo, a resolución de convocatoria incluirá, cando proceda, o número de representantes elixibles en cada sector, subsector e, no seu caso, Colexio Electoral
Igualmente, a resolución de convocatoria conterá os locais onde se celebrarán as votacións, así como o horario durante o que se desenvolverán as mesmas.
A convocatoria e os actos derivados da mesma publicaranse nos taboleiros de anuncios correspondentes.
Artigo 26. Órganos convocantes
As eleccións a representantes en órganos colexiados serán convocadas cun mes de antelación á expiración do mandato dos representantes pola Comisión Electoral Central.
SISTEMA ELECTORAL
Artigo 27. Sistema maioritario simple de voto limitado
O sistema electoral será o maioritario simple de voto limitado por listas abertas, podendo votar cada elector a un número que se aproxime o máximo posible ó 70 por cento do número tope de elixibles no seu Colexio e sector, e, se é o caso, subsector correspondente. No caso de que dous números presenten idéntica proximidade, optarase polo número inferior tal como se recolle na seguinte táboa
|
A
|
B
|
A
|
B
|
| 1 | 1 | 21 | 15 |
| 2 | 1 | 22 | 15 |
| 3 | 2 | 23 | 16 |
| 4 | 3 | 24 | 17 |
| 5 | 4 | 25 | 18 |
| 6 | 4 | 26 | 18 |
| 7 | 5 | 27 | 19 |
| 8 | 6 | 28 | 20 |
| 9 | 6 | 29 | 20 |
| 10 | 7 | 30 | 21 |
| 11 | 8 | 31 | 22 |
| 12 | 8 | 32 | 22 |
| 13 | 9 | 33 | 23 |
| 14 | 10 | 34 | 24 |
| 15 | 11 | 35 | 25 |
| 16 | 11 | 36 | 25 |
| 17 | 12 | 37 | 26 |
| 18 | 13 | 38 | 27 |
| 19 | 13 | 39 | 27 |
| 20 | 14 | 40 | 28 |
Presentación e proclamación de candidatos
Artigo 28. Presentación
Poderán presenta-la súa candidatura as persoas que conforme ó establecido neste regulamento ostenten a condición de elixibles.
As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade, ou en calquera dos seus rexistros auxiliares, e nos rexistros dos centros, departamentos e institutos, cando se trate de eleccións organizadas polas comisións electorais súas, en horario hábil, mediante escrito dirixido ó presidente da comisión electoral competente, no prazo de oito días dende a publicación do censo definitivo. Unha vez presentadas as candidaturas non poderán ser obxecto de modificación.
No caso de renuncia ou falecemento do candidato con anterioridade ó día da votación, a comisión electoral competente poñerao en coñecemento das Mesas Electorais correspondentes, para os efectos derivados da aplicación do presente regulamento.
O escrito de presentación de cada candidatura, que ten carácter persoal e estará asinado polo interesado, axustarase ó modelo establecido pola Comisión Electoral Central, o cal deberá conter como mínimo os seguintes datos: nomes e apelidos do candidato, número do documento nacional de identidade, proceso electoral e o sector e, no seu caso, subsector polo que se presenta como candidato.
As candidaturas serán individuais para os efectos de presentación, votación e escrutinio. Os candidatos poderán agruparse para os únicos efectos de realizar a campaña electoral e de nomear interventores. No primeiro suposto, indicarase no escrito de presentación de candidaturas a denominación ou sigla que identifique á agrupación, entendéndose concedida a conformidade á inclusión de aquela identificación na papeleta electoral.
No caso de coincidencia na denominación ou sigla por parte de dous ou máis agrupacións serán resoltas consonte á normativa que sexa de aplicación pola comisión electoral competente. No seu caso, terase en conta a inscripción ou non da asociación e o momento da presentación.
Ningún candidato pode presentarse como titular dunha candidatura e como suplente doutra ou doutras. Así mesmo, ningún suplente poderá incorporarse como tal a máis dunha candidatura.
Non procederá a proclamación de candidaturas que incumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores.
Artigo 29. Proclamación e recursos
Finalizada a presentación de candidaturas, a Comisión Electoral competente procederá no prazo de tres días á cualificación e proclamación provisoria de candidatos. A dita proclamación, que deberá incluír de forma individualizada, polo menos, o nome do candidato e, se é o caso, o do suplente e a sigla ou denominación que identifique á agrupación á que aquel pertence, devirá definitiva se no prazo regulamentariamente establecido non fora obxecto de recurso. Así mesmo, a Comisión Electoral, no indicado prazo, publicará unha relación dos candidatos non proclamados con expresión da causa da súa non proclamación.
No prazo de tres días dende a proclamación provisoria, os candidatos proclamados e os excluídos poderán interpor recurso ante a Comisión Electoral competente, que resolverá no prazo de tres días procedendo á proclamación definitiva.
As resolucións dos recursos en materia de proclamación de candidatos poñen fin á vía administrativa.
Campaña electoral
Artigo 30.
Os órganos de goberno da Universidade que en virtude da súa competencia convocaran un proceso electoral, poderán realizar durante o período electoral unha campaña de carácter institucional, destinada a informar ó correspondente Corpo Electoral, sobre a data da votación, o procedemento para votar, sen incluír, en ningún caso, a orientación do voto dos electores.
Enténdese por campaña electoral, o conxunto de actividades lícitas levadas a cabo polos candidatos en orde á captación de sufraxios.
A campaña electoral comezará ó día seguinte da proclamación definitiva dos candidatos e terminará ás cero horas do día inmediatamente anterior ó da votación, debendo ter unha duración mínima de cinco días
Os centros facilitarán o desenvolvemento das reunións ou actividades electorais. Cando estes poidan implicar algunha alteración da actividade docente, investigadora, administrativa ou laboral, os propoñentes do acto solicitarán a correspondente autorización ó xerente, decano ou director do centro ou Departamento, dependendo do lugar onde se vaia realizar a reunión ou autorización solicitada, a cal haberá de producirse de forma improrrogable no día seguinte á súa notificación. O recurso deberá resolverse no prazo dos dous días seguintes á súa presentación, esgotando a vía administrativa.
Non poderá difundirse propaganda electoral nin realizarse acto ningún de campaña fora do período establecido como tal.
Mesas electorais
Artigo 31. Mesas Electorais para a elección de representantes en órganos colexiados
Corresponde ás Mesas presidir a votación, conservar a orde, realizar o escrutinio e velar pola pureza do sufraxio.
Cada Mesa Electoral estará formada por un presidente e dous vocais, designados por sorteo entre os electores que han de emitir o seu voto nela.
O sorteo, que será público, se realizará pola comisión electoral competente, con dez días de antelación á celebración das votacións, designándose un presidente e dous vocais suplentes.
Non entrarán no sorteo aqueles electores que presenten a súa candidatura nin quen forme parte da comisión electoral correspondente.
A designación como Presidente e Vocal das Mesas Electorais notificarase ós interesados no prazo de tres días. Coa notificación entregarase un manual de instruccións sobre as súas funcións.
O cargo é obrigatorio , e só poderá alegarse causa ata as setenta e dúas horas antes da celebración das votacións. As causas serán discrecionalmente apreciadas pola comisión electoral competente. De admitirse a causa, a comisión electoral designará ó suplente e procederá ó sorteo dun novo suplente.
Se non fora posible compoñer a Mesa conforme ó indicado nos apartados anteriores, a comisión electoral competente, en función do número de electores afectados, ben realizará un sorteo entre os membros do total corpo electoral que corresponda, sen distinción de sectores de representación, ou ben, acordará que os electores voten noutra Mesa nunha urna independente.
O persoal ó servicio da Universidade nomeado presidente ou vocal das Mesas Electorais teñen dereito durante o día da votación e o día inmediatamente posterior a un permiso retribuído de xornada completa, senón desfruta en tales datas do descanso semanal.
Artigo 32. Constitución das Mesas Electorais
O presidente e os dous vocais de cada Mesa Electoral, así como os seus correspondentes suplentes, reuniranse unha hora antes do inicio da votación no local asignado pola Comisión Electoral competente.
Se o presidente non acudira, asumirá a presidencia o seu suplente e, no seu defecto, o primeiro vocal ou o segundo vocal, por esta orde. Os vocais que non acudiran ou que tomaran posesión como presidentes serán substituídos polos seus suplentes.
En ningún caso poderá constituírse a Mesa sen a presencia dun presidente e dous vocais.
No caso de que non poida cumprirse o requisito establecido no apartado anterior, e sen prexuízo da posible responsabilidade dos que non compareceran, a Comisión Electoral competente designará, libremente, ós electores que constituirán a Mesa Electoral.
No transcurso das votación estarán presentes un mínimo de dous membros da Mesa, suplíndose as ausencias de acordo co previsto no apartado precedente.
Artigo 33. Elementos
Cada Mesa debe contar cunha urna para cada unha das eleccións que se realicen. As urnas terán as características necesarias para garantir o segredo e pureza da votación.
As Mesas Electorais tamén contarán con cabinas de votación.
Así mesmo, disporán dun número suficiente de sobres e de papeletas, que se axustarán ó modelo oficialmente establecido e estar situados na cabina ou cerca dela.
Se faltase calquera destes elementos no local electoral, á hora sinalada para a constitución da Mesa, o presidente comunicarao inmediatamente á Comisión Electoral correspondente, que proverá a súa subministración.
Artigo 34. Constitución
Antes de inicia-la votación, o presidente estenderá a acta de constitución da Mesa, asinada por el mesmo, os vocais e os interventores, e entregará unha copia da dita acta ó interventor que o reclame.
Na acta expresarase necesariamente con qué persoas queda constituída a Mesa en concepto de membros da mesma e a relación nominal dos interventores, con indicación da candidatura pola que o sexan.
Artigo 35. Interventores
Os candidatos, tanto a órganos colexiados como a unipersoais, poderán nomear, ata tres días antes da elección, un máximo de dous interventores por cada Mesa Electoral en que poida votarse a súa candidatura, mediante a expedición de credenciais no modelo establecido para o efecto.
As credenciais por cada interventor serán expedidas por cuadriplicado, sendo un dos exemplares para o propio candidato, quen remitirá os tres restantes á comisión electoral correspondente. Esta, despois de comprobar que os interventores reúnen os requisitos para exercer de tales, remitirán un dos exemplares á Mesa Electoral ante a que se acredita ó interventor e outro á Mesa na lista electoral que figure inscrito este último para a súa exclusión da mesma, de modo que obren no seu poder antes de constituírse aquelas o día da votación. O interventor retirará a súa credencial da Comisión Electoral correspondente o día antes da votación. De non reunir os requisitos esixidos para actuar como interventor, a Comisión Electoral competente comunicarao ó candidato e á Mesa correspondente.
Poderán nomearse interventores para representar a varios candidatos. Esta previsión será de obrigado cumprimento para os que se agrupen a efectos de realiza-la campaña electoral, darán a súa conformidade á inclusión da denominación ou sigla que identifique a súa agrupación na papeleta electoral. En ámbolos dous casos, se se opta polo nomeamento de interventores este requirirá a conformidade de tódolos candidatos expresada por escrito, o cal se remitirá xunto cos exemplares da credencial á Comisión Electoral correspondente.
Para ser designado interventor é preciso estar inscrito no censo electoral e pertencer ó mesmo sector e, de se-lo caso, subsector de representación que o candidato ou candidatos.
Os interventores exercen o seu dereito de sufraxio na Mesa ante a que estean acreditados.
Un interventor de cada candidatura pode asistir á Mesa Electoral, participar nas súas deliberacións con voz pero sen voto e exercer ante ela os demais dereitos previstos por este regulamento.
Para os efectos do disposto no parágrafo anterior, os interventores dunha mesma candidatura acreditados ante a Mesa poden substituírse libremente entre si.
A condición de interventor é compatible coa de candidato pero non así coa de membro de Mesa Electoral.
O persoal ó servicio da Universidade que acredite a súa condición de interventor ten dereito durante o día da votación a un permiso retribuído da xornada completa, se non desfruta en tal data do descanso semanal, e a unha reducción da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.
Artigo 36. Acreditación de interventores
Reunidos o presidente e os vocais, procederán a recibir as credenciais dos interventores que se presenten ata 15 minutos antes da hora fixada para o inicio da votación e confrontaranas coas copias que obren no seu poder. Se as encontran conformes, admitirán ós interventores na Mesa. Se o presidente non recibira as copias o lle ofrecera dúbida a autenticidade das credenciais, a identidade dos presentados, ou ámbolos dous extremos, darálles posesión se así o esixen, pero consignando na acta a súa reserva para o esclarecemento pertinente, e para esixirlles, se fose o caso, a responsabilidade correspondente.
Se se presentan máis de dous interventores por unha mesma candidatura, só dará posesión o Presidente ós que primeiro presenten as súas credenciais, numerando as credenciais por orde cronolóxica de presentación.
As copias das credenciais recibidas polo presidente deberán achegarse ó expediente electoral. As credenciais exhibidas polos interventores, unha vez cotexadas polo Presidente, seranlle devoltas a aqueles. Se o presidente non recibira a copia das credenciais, as presentadas polos interventores achegaranse ó expediente electoral ó finaliza-lo escrutinio.
Se o interventor se presentase na Mesa despois da hora sinalada no apartado 1 deste artigo, unha vez confeccionada a acta de constitución da mesma, o presidente non lle dará posesión do seu cargo, se ben podería votar na dita Mesa.
Votación
Artigo 37. Sobres
Os sobres serán da mesma cor cás correspondentes papeletas. Cando menos nos procesos electorais en que coincidan votación a máis dun órgano colexiado, os sobres levarán impresa a denominación correspondente a cada órgano.
Artigo 38. Papeletas
A Comisión Electoral Central aprobará o modelo oficial das papeletas electorais.
A cor das papeletas será distinta para cada órgano afectado polo proceso electoral.
A confección das papeletas iniciarase inmediatamente despois da proclamación definitiva de candidatos, debendo estar a disposición destes e dos electores con cinco días, polo menos, de antelación á data da celebración da votación, nas Comisións Electorais correspondentes.
Na papeleta oficial de votación deberá consta-lo nome de tódolos candidatos, ordenados alfabeticamente segundo a letra do primeiro apelido e en idénticos carácteres de imprenta, precedidos dun recadro en branco e, se é o caso, a denominación ou sigla que identifique a súa agrupación.
O elector marcará cunha cruz o recadro correspondente ó candidato ou candidatos ó que outorgue o seu voto. A orde de inscrición alfabética de apelidos farase a partir da letra que se determine no sorteo que para os efectos realice a Comisión Electoral competente.
Artigo 39. Horario
Estendida a acta de constitución da Mesa, coas súas correspondentes copias, iniciarase ás dez trinta horas a votación, que continuará sen interrupción ata as dezaoito trinta horas salvo que, con anterioridade, emitiran o seu voto a totalidade dos electores censados na correspondente Mesa. O presidente anunciará o seu inicio coas palabras "empeza a votación".
Artigo 40. Permiso para votar
En cada xornada electoral, os electores dispoñerán de dúas horas para exercer o seu dereito de voto, podendo solicitar da Mesa Electoral o correspondente xustificante da emisión do mesmo.
Artigo 41. Suspensión e interrupción
Só por causas de forza maior poderá non iniciarse ou suspenderse, unha vez iniciado, o acto da votación, sempre baixo a responsabilidade do presidente da Mesa, o cal motivará por escrito a súa decisión. Do dito escrito o presidente enviará, en todo caso, unha copia en man, e inmediatamente despois de estendelo, á comisión electoral competente para que esta comprobe a certeza e suficiencia dos motivos e, de se-lo caso, inste do rector a incoación do procedemento para esixi-las responsabilidades que procedan.
En caso de suspensión da votación non se terán en conta os votos emitidos na Mesa, nin se procederá o seu escrutinio, ordenando o presidente inmediatamente a destrucción das papeletas depositadas na urna, e consignando este extremo no escrito ó que se refire o parágrafo anterior.
Non obstante o disposto no parágrafo un deste artigo, o presidente deberá interrompe-la votación cando advirta a ausencia de papeletas. En tal caso, dará conta da súa decisión á comisión electoral competente para que esta provea a súa suministración. A interrupción non poderá durar máis dunha hora e a votación prorrogarase tanto tempo como estivese interrompida. Neste suposto, non é de aplicación o parágrafo segundo deste artigo.
Artigo 42. Identificación do elector
O dereito a votar acredítase pola inscrición nos exemplares certificados das listas do censo ou por certificación censal específica e, en ámbolos dúas casos, pola identificación do elector, que se realiza mediante documento nacional de identidade, pasaporte, permiso de conducir ou carné da Universidade en que apareza a fotografía do titular.
Cando a Mesa, a pesar da exhibición dalgún dos documentos previstos no apartado anterior, teña dúbida, por si ou a consecuencia da reclamación que na acta faga pública un interventor ou outro elector, sobre a identidade do individuo que se presente a votar, a Mesa, á vista dos documentos acreditativos e da testemuña que poidan presentar os electores presentes, decide por maioría.
A certificación censal específica, a través da cal o elector acredita con carácter excepcional a súa inscrición no censo electoral, se expedirá pola Comisión Electoral competente, no modelo que aprobe a CE, a solicitude persoal do elector, ata o mesmo día da votación, antes da hora do peche do Colexio Electoral, sempre que figurando o elector inscrito no censo electoral, non apareza pola razón que sexa, na lista entregada á Mesa Electoral.
Artigo 43. Emisión do voto
O voto é segredo, persoal e intransferible e non se poderá exercer por delegación nin de forma anticipada.
Os electores só poden votar no Sector e Mesa Electoral que lles corresponda salvo o disposto no apartado 5 do anterior artigo 35. Os electores achegaranse á Mesa de un en un despois de elixi-las papeletas electorais e introducilas nos correspondentes sobres.
Cada elector manifestará o seu nome e apelido ó presidente. Un vocal e os interventores comprobarán, polo exame das listas do censo electoral ou das certificacións aportadas, o dereito a votar do elector, así como a súa identidade, que se xustificará conforme ó disposto no artigo anterior. Inmediatamente, o elector entregará pola súa propia man ó presidente o sobre de votación pechado. A continuación, este, sen ocultalo nin un momento da vista do público, dirá en voz alta o nome do elector e, engadindo "Vota" depositará na urna o correspondente sobre.
O vocal que o presidente designe e, de se-lo caso, os interventores que o desexen anotarán, cada cal nunha lista numerada, o nome e apelidos dos votantes pola orde en que emitan o seu voto, expresando o número co que figuran na lista do censo electoral ou, de se-lo caso, amosando a certificación censal específica. Todo elector ten dereito a examinar se foi ben anotado o seu nome e apelidos na lista de votantes. O membro da Mesa encargado da comprobación dos votantes no censo electoral fará un sinal na lista, a medida que vota cada elector.
Artigo 44. Voto auxiliado
Os electores que por discapacidade física estean impedidos para elixi-la papeleta ou colocala dentro do sobre e para entregala ó presidente da Mesa, poden servirse para estas operacións dunha persoa de confianza.
Artigo 45. Peche do Colexio Electoral
Á hora fixada para o peche do Colexio Electoral, o presidente anunciará en voz alta que vai concluír a votación. Se algún dos electores que se atopen no local ou no acceso ó mesmo non votou aínda, o presidente admitirá que o fagan e non permitirá que vote ninguén mais.
A continuación, votarán os membros da Mesa e os interventores, se os houbese, realizándose a mesma anotación prevista no parágrafo anterior.
Finalmente, os vocais e interventores asinarán as listas numeradas de votantes á marxe de tódolos seus pregos e inmediatamente debaixo do último nome escrito.
Artigo 46. Local Electoral
O presidente da Mesa ten dentro do local electoral autoridade exclusiva para conserva-la orde, asegura-la liberdade dos electores e mante-la observancia do establecido neste regulamento.
Así mesmo, velará por que a entrada ó local se conserve sempre libre e accesible para as persoas que teñen dereito a entrar nel.
Só teñen dereito a entrar no local electoral, os electores, os candidatos, os interventores, os encargados da orde que a tal efecto designa a Universidade, os membros da Comisión Electoral competente e, se fose o caso, os notarios.
Nin nos locais electorais nin nas inmediacións dos mesmos se poderá realizar propaganda electoral de ningún xénero. Tampouco poderán formarse grupos susceptibles de entorpecer, de calquera maneira que sexa, o acceso ós locais, nin se admitirá a presencia nas proximidades de quen poida dificultar ou coacciona-lo libre exercicio do dereito de voto. O presidente da Mesa tomará a este respecto todas as medidas que estime convenientes.
Calquera incidente que afectara á orde nos locais electorais, así como o nome e os apelidos dos que o provocaran, recolleranse na acta da sesión.
Escrutinio
Artigo 47. Escrutinio
Finalizada a votación, comeza, acto seguido, o escrutinio.
O escrutinio que será público e non se suspenderá, salvo causas de forza maior, realizase extraendo o presidente, un a un, os sobres da urna correspondente e lendo en voz alta o nome dos candidatos votados. O presidente poñerá de manifesto cada papeleta, unha vez lida, ós vocais e interventores.
Se algún interventor, ou candidato, tivese dúbidas sobre o contido dunha papeleta lida polo presidente, poderá pedila no acto para o seu exame e concedérselle que a examine.
O presidente ordenará a inmediata expulsión das persoas que de calquera modo entorpezan ou perturben o desenvolvemento do escrutinio.
Artigo 48. Voto nulo e voto en branco
Será considerado voto nulo:
O emitido en sobre ou papeleta diferente do modelo oficial.
O emitido en papeleta sen sobre.
O emitido en sobre que conteña máis dunha papeleta con distintos candidatos.
O remitido en papeleta na que conste o número de marcas superior ó número máximo de candidatos que o elector poida votar.
O emitido en papeleta con riscaduras, emendas, modificacións ou calquera outro tipo de alteración que impida coñecer con claridade a efectiva vontade do elector. De se-lo caso, a nulidade só afectará ó nome ou nomes respecto ós que se suscite a dúbida.
O emitido en sobre con signos externos de recoñecemento.
O voto no que se conteña calquera outra expresión allea ó voto.
Considérase voto en branco, pero válido:
O emitido en sobre que non conteña papeleta.
O emitido en papeleta ou papeletas que non conteñan indicación a favor de ningún dos candidatos.
O voto a unha candidatura legalmente retirada, no suposto de eleccións a órganos unipersoais de goberno.
No suposto de que o sobre conteña máis dunha papeleta cos mesmos candidatos, computarase como un só voto válido.
No suposto de eleccións a representantes de órganos colexiados, o voto emitido a unha candidatura legalmente retirada non se computará.
Artigo 49. Fin do reconto
Finalizado o reconto, confrontarase o total de sobres co de votantes anotados.
A continuación, o presidente preguntará se hai algunha protesta que facer contra o escrutinio e, non habendo ningunha ou despois de que a Mesa resolva por maioría as que se presentaran, anunciará en voz alta o seu resultado, especificando o número de electores censados, o de certificacións censais achegadas, o número de votantes, o de papeletas nulas, o de votos en branco e o dos votos obtidos por cada candidato.
As papeletas extraídas das urnas destruiranse en presencia dos concorrentes con excepción daquelas ás que se lle negara validez ou que foran obxecto dalgunha reclamación, as cales se achegarán á acta e archivaranse con ela, unha vez rubricadas polos membros da Mesa.
Artigo 50. Acta de escrutinio
A Mesa fará públicos inmediatamente os resultados por medio dun acta de escrutinio que conteña os datos expresados no apartado segundo do artigo anterior, e fixaraa sen demora ningunha na parte exterior ou na entrada do local. Unha copia da dita acta entregarase ós interventores ou candidatos que, estando presentes, a soliciten. Non se expedirá máis dunha copia por candidatura ou, se fose o caso, por agrupación de candidaturas.
Artigo 51. Acta da sesión
Concluídas tódalas operacións anteriores, o Presidente, os Vocais e os interventores da Mesa estenderán por triplicado a acta da sesión, na que se expresará detalladamente o número de electores que haxa na Mesa segundo as listas do censo electoral e as certificacións censais achegadas, a dos electores que votaran, a dos interventores que votaran non figurando na lista da Mesa, a das papeletas nulas, a das papeletas en branco, e a dos votos obtidos por cada candidato, e consignaranse sumariamente as reclamacións e protestas formuladas, e de se-lo caso, polos candidatos, interventores e electores sobre a votación e o escrutinio, así como as resolucións motivadas da Mesa sobre elas, cos votos particulares se os houbera. Así mesmo consignarase calquera incidente que se producira.
Tódolos candidatos e interventores teñen dereito a que se lles expida gratuíta e inmediatamente copia da acta, non podendo excusarse a Mesa do cumprimento desta obriga.
Un exemplar da acta da sesión incluirase no sobre especificado no artigo seguinte, outro quedará en poder do Presidente da Mesa e o terceiro enviarase ó secretario do centro, departamento instituto ou ó secretario xeral da Universidade, dependendo do procedemento electoral de que se trate.
Artigo 52. Preparación do expediente electoral
Acto seguido, a Mesa procede á preparación do expediente electoral, que se compoñerá dos seguintes documentos:
O orixinal da acta de constitución da Mesa.
Un exemplar da acta da sesión.
Os documentos a que esta última faga referencia e, en particular, a lista numerada de votantes e as papeletas ás que se negara validez ou que foran obxecto dalgunha reclamación.
A lista do censo electoral utilizada.
As certificacións censais achegadas.
As credenciais dos interventores.
Preparado o expediente electoral introducirase nun sobre que asinará o presidente, vocais e interventores, de forma que crucen a parte polo que fora pechada.
Artigo 53. Entrega do expediente electoral
Cando teñan preparada a correspondente documentación, o presidente e os vocais, e interventores que o desexen, desprazaranse inmediatamente á sede da comisión electoral competente para facer entrega da mesma.
Previa identificación do presidente e, de se-lo caso, dos vocais e interventores, o presidente da comisión electoral recibirá a documentación e expedirá o correspondente recibo conforme ó modelo establecido, no que se fará mención da data e hora en que se produce a entrega.
Proclamación de candidatos electos
Artigo 54. Desenvolvemento do escrutinio xeral
Durante o escrutinio xeral a Comisión Electoral non pode anular ningunha acta nin voto. As súas atribucións limítanse a verifica-lo reconto e a suma dos votos admitidos nas correspondentes mesas segundo as actas ou as copias das actas das Mesas. Non obstante, no caso de que nalgunha Mesa houbera actas dobres e diferentes ou cando o número de votos que figure nun acta exceda ó dos electores que haxa na Mesa segundo as listas do censo electoral e as certificacións censais presentadas, coa salvidade do voto emitido polos interventores, a Xunta non as computará, salvo que existira erro material ou de feito ou aritmético, caso no que procederá a súa reparación.
A medida que se examinen as actas, os interventores das candidaturas non poderán presentar reclamación nin protesta ningunha, agás aquelas observacións puntuais que se refiran á exactitude dos datos lidos.
Artigo 55. Actas de escrutinio xeral e da sesión
Concluído o escrutinio, a comisión electoral estenderá por duplicado unha acta de escrutinio do colexio electoral correspondente, que conterá mención expresa do número de electores que haxa nas Mesas, segundo as listas do censo electoral e as certificacións censais presentadas, de votantes, dos votos obtidos por cada candidato, dos votos en branco e dos votos nulos.
Rematada a sesión estenderase tamén por duplicado unha acta da mesma na que se fará constar tódalas incidencias acontecidas durante o escrutinio.
A acta da sesión e a do escrutinio serán asinadas polo Presidente, os Vocais e o Secretario da Comisión e polos interventores debidamente acreditados que estean presentes.
Artigo 56. Proclamación provisoria de electos
A Comisión Electoral proclamará provisoriamente ós candidatos electos. A acta de proclamación estenderase por duplicado e será asinada polo Presidente e o Secretario da Comisión e conterá mención expresa dos votos obtidos por cada candidato, así como a relación nominal dos electos.
Para os efectos da proclamación de candidatos electos, nas eleccións a representantes en órganos colexiados resultarán elixidos os candidatos que obtiveran maior número de votos en relación decrecente ó número de postos a cubrir.
No caso de que dous ou máis candidatos obteñan o mesmo número de votos, darase preferencia para a proclamación como candidato electo ó que leva máis tempo vinculado á Universidade de Santiago de Compostela, como funcionario ou contratado laboral indefinido cando se trate de profesores ou de persoal de administración e servicios. Nos restantes casos será elixido o de máis idade.
Artigo 57. Recursos
Contra a proclamación provisoria de candidatos electos efectuada pola comisión electoral correspondente, poderá interpoñerse recurso ante a Comisión Electoral Central da Universidade.
Unicamente estarán lexitimados para interpoñer recursos os candidatos proclamados ou non proclamados.
O prazo de interposición do recurso será de cinco días dende a publicación do acto de proclamación provisoria de candidatos electos e resolverase no prazo doutros cinco.
Artigo 58. Proclamación definitiva de electos
Unha vez resoltos os recursos interpostos contra a proclamación provisoria de candidatos electos, ou transcorrido o prazo previsto para iso sen que se interpoñera ningún, a comisión electoral procederá á proclamación definitiva de candidatos electos.
Artigo 59. Remisión da documentación
A comisión electoral remitirá a relación de candidatos electos ó rector da Universidade ou, cando a elección fora interna da facultade, escola técnica superior, escola universitaria, instituto ou departamento, ó decano ou director correspondente. A dita relación, xunto coa acta de escrutinio, a acta da sesión e a acta da proclamación de candidatos electos, así como os recursos interpostos contra esta proclamación e a súa respectiva resolución, enviaranse á Secretaría Xeral da Universidade ou á secretaría do centro ou departamento correspondente.
Artigo 60. Efectos
Ata a constitución dos órganos colexiados electos, continuarán en funcións os anteriores.
Os efectos administrativos e económicos do candidato electo, cando procedan, computaranse dende o momento en que o órgano competente os nomee.
Substitución de representantes e cargos unipersoais
Artigo 61. Perda da condición de cargo unipersoal
A condición de cargo unipersoal de goberno de caráceter electivo, que é persoal e intransferible, só se perderá por:
Renuncia.
Sentencia xudicial firme.
Falecemento.
Extinción do mandato.
Deixar de pertencer á Universidade.
Cambiar a dedicación de tempo completo a tempo parcial.
Ser nomeado para o desempeño doutro órgano unipersoal.
Aprobación dunha moción de censura.
Cando se produza o cesamento do cargo dun órgano de goberno unipersoal, tamén cesarán do seu cargo aqueles que foran nomeados a proposta daquel, se ben continuarán en funcións ata que se nomee o novo titular que substitúa ó cesante.
Artigo 62. Perda da condición de membro de órganos colexiados.
A condición de membro de órganos colexiados de carácter electivo, que é persoal e intransferible, só se perderá por:
Renuncia.
Sentencia xudicial firme.
Falecemento.
Extinción do mandato.
Deixar de pertencer ó sector da comunidade polo que se foi elixido.
Polo incumprimento grave das súas obrigas, nos termos que sinale a normativa reguladora do órgano.
As vacantes en órganos colexiados cubriranse mediante o nomeamente do seguinte candidato máis votado que non fose proclamado electo, que deberá producirse no prazo máximo de trinta días desde que se coñeza pola Comisión Electoral competente,ou mediante nova elección, segundo se dispoña en cada caso. Se non houbese máis candidatos manterase a vacante ata o remate do período e a celebración das seguintes eleccións.
O mandato do substituto será polo tempo que lle restase ó substituído, agás que especificamente se dispoña o contrario.
CAPÍTULO 2 DISPOSICIÓNS ESPECIAIS
ELECCIÓNS A CLAUSTRO UNIVERSITARIO
Artigo 63.
As eleccións a Claustro Universitario rexeranse polo establecido no Regulamento de Réxime interno do Claustro.
ELECCIÓNS A REPRESENTANTES NAS XUNTAS DE CENTRO
Artigo 64. Representantes de profesorado contratado a tempo parcial
As eleccións a representantes dos distintos sectores nas Xuntas de Centro serán convocadas pola Comisión Electoral Central. Logo da aprobación do censo definitivo, a súa tramitación e desenvolvemento corresponderá á Comisión Electoral de Centro
ELECCIÓNS A REPRESENTANTES NOS CONSELLOS DE DEPARTAMENTO
Artigo 65. Representación do profesorado contratado a tempo parcial.
As eleccións de representantes do profesorado contratado a tempo parcial nos Consellos de Departamento serán convocadas pola Comisión Electoral Central , correspondéndolle á Comisión Electoral do Departamento a súa tramitación e desenvolvemento.
Artigo 66. Representación de bolseiros e persoal investigador.
As eleccións de representantes de bolseiros e persoal de investigación nos Consellos de Departamento serán convocadas pola Comisión Electoral Central, correspondéndolle a Comisións Electoral do Departamento a súa tramitación e desenvolvemento.
Artigo 67. Representación de estudiantes.
A elección dos representantes dos estudiantes nos Consellos de Departamento será convocada pola Comisión Electoral Central, correspondendolle a esta a súa tramitación e desenvolvemento.
Son electores para a elección de representantes nun Consello de Departamento todos aqueles estudiantes matriculados nalgunha das materias que teñan a súa docencia asignada ó departamento, e se atopen no censo do devandito departamento.
Consideraranse alumnos de terceiro ciclo os estudiantes matriculados nalgún programa de doutoramento. Tamén terán esta consideración os que nos tres anos seguintes ó remate do curso de doutoramento estean a realiza-la tese de doutoramento con dedicación a tempo completo, acreditada polo departamento ou instituto.
A comisión electoral a través do seu presidente elevará á Xunta de Goberno e ós correspondentes departamentos o resultado definitivo das eleccións.
ELECCIÓNS A CONSELLOS CIENTÍFICOS DOS INSTITUTOS
Artigo 68.
As elección de representantes no consello científico dos titulados superiores non doutores vinculados ó instituto serán convocadas pola Comisión Electoral do Instituto, correspondéndolle a ésta a súa tramitación e desenvolvemento.
Artigo 69.
De cara á representación nos consellos científicos dos institutos, son electores e elixibles todolos titulados superiores non doutores que teñan vinculación co instituto.
ELECCIÓNS A ÓRGANOS DE GOBERNO EN CENTROS DE NOVA CREACIÓN
Artigo 70.
Previa á constitución da xunta de facultade/centro/escola o rector, coa finalidade de coordena-la creación e posta en marcha do centro, poderá nomear de xeito discrecional un director ou decano-comisario que asuma as funcións de representación do centro en todas aquelas competencias que os Estatutos da Universidade, outorga para os Decanos e Directores de Centros.
A duración do seu mandato rematará coa designación por parte do rector, do decano/director elixido pola Xunta do Centro segundo as normas contidas neste Regulamento.
Artigo 71.
A constitución da xunta de facultade/escola deberá facerse antes do remate do primeiro ano de funcionamento do centro e sempre que existan representantes de alumnos e profesorado, de acordo co disposto no artigo 86 dos Estatutos da Universidade.
Artigo 72.
Con anterioridade á elección para a constitución da xunta de facultade/escolas/centro elaborarase unha relación dos distintos membros que compoñen cada sector co obxecto de determina-la representación que corresponde a cada un na Xunta de Centro. Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do centro e contra a mesma poderá interpoñer reclamación nos mesmos termos que as reclamacións ó censo electoral.
Artigo 73.
Para o desenvolvemento das eleccións aplicarase o disposto neste Regulamento .
A convocatoria das eleccións para a xunta de centro faraa o decano-comisario ou director-comisario unha vez determinado o número de representantes dos distintos sectores.
A tramitación e desenvolvemento das eleccións corresponderá á Comisión Electoral do Centro.
CAPÍTULO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS
DA ELECCIÓN
Artigo 74.Convocatoria
A convocatoria para a elección de cargos unipersoais deberá indicar polo menos as seguintes datas e prazos:
Prazo de presentación de candidaturas
Proclamación provisional de candidatos.
Prazo de reclamacións contra a proclamación provisional de candidatos.
Proclamación definitiva de candidatos.
Data da reunión do órgano colexiado no que se efectuará a votación.
Artigo 75. Órganos convocantes
As eleccións convocaraas o titular do cargo unipersoal cun mes de antelación á expiración do mandato, salvo que o cesamento se producira por outra causa, caso no que as eleccións serán convocadas por quen o substitúa, nos vinte días seguintes ó dito cesamento.
No caso de incumprimento do disposto no apartado anterior, as eleccións serán convocadas polo rector, e, se afectaran a este, pola Xunta de Goberno.
As votacións celebraranse entre os vintecinco e trinta días seguintes á publicación da convocatoria.
Artigo 76. Presentación de candidaturas
O prazo de presentación de candidaturas non será inferior a sete días hábiles, nin será superior a quince días hábiles dende a data de publicación da convocatoria.
Artigo 77. Da sesión para a votación
A reunión do órgano colexiado ó que corresponda a elección na que se procederá á votación non poderá ser convocada para antes de que pasen tres días hábiles despois de pechado o prazo de presentación de candidaturas nin para despois de trinta días naturais dende a data de saída da convocatoria.
Antes de cada unha das votacións ás que fai referencia o presente Regulamento os candidatos poderán expoñe-lo seu programa.
Artigo 78. Presidencia e secretaría da sesión
A presidencia da sesión do órgano na que teñan lugar as votacións corresponderá ó seu titular en funcións.
No caso de que este presente a súa candidatura sería substituído na Presidencia do seguinte xeito:
No caso do Claustro por un vicepresidente.
No Caso de Xuntas de Centro por un vicedecano ou subdirector.
No caso de Consellos de Departamento ou Instituto, polo profesor máis antigo, de acordo co artigo 16 dos Estatutos.
No caso de centros propios da Universidade, polo representante da Xunta de Goberno que sexa membro do Consello do Centro.
No caso de que o secretario presentara a súa candidatura actuará como secretario accidental o membro do órgano de menor idade que reúna as condicións requiridas nos Estatutos para o desempeño do cargo.
Artigo 79. Votación
As eleccións a órganos unipersoais celebrarase de acordo co sistema de dobre volta.
En primeira volta resultará elixido o candidato que obtivera a maioría absoluta dos votos dos membros do correspondente Corpo Electoral. Se esta non se alcanza, procederase a unha segunda votación que se poderá celebrar na mesma sesión ou, a máis tardar, no prazo dos tres días seguintes á primeira, á que poderán concorre-los candidatos que manteñan a súa candidatura, resultando elixido o que obtivera o maior número de votos.
No caso de eleccións a director de departamento, aplicarase o disposto na súa normativa específica..
No caso de empate na segunda votación, repetirase a mesma, e se se mantivese o empate darase preferencia a quen sexa máis antigo de acordo co artigo 16 dos Estatutos.
Se convocadas as eleccións a órganos unipersoais non se presentara ningún candidato, ou se, concluído o proceso electoral, ninguén resultara elixido, convocaranse novas eleccións no prazo máximo de trinta días.
Artigo 80. Efectos
Ata tanto non tomen posesión os cargos unipersoais elixidos continuarán en funcións os anteriores.
Os efectos administrativos e económicos do cargo electo, cando procedan, computaranse dende o momento en que o órgano competente o nomee.
DA MOCIÓN DE CENSURA
Artigo 81.
O titular dun cargo unipersoal pode perde-la súa condición pola adopción, por maioría absoluta, dunha moción de censura.
A moción de censura deberá ser proposta alomenos por un tercio dos membros do órgano colexiado que o elixiu e terá que incluír un candidato alternativo.
Se a moción de censura non fose aprobada, os seus asinantes non poderán presentar outra durante o mesmo período de mandato.
CAPÍTULO 2 DISPOSICIÓNS ESPECIAIS
DA ELECCIÓN DO RECTOR OU DA RECTORA
Artigo 82.
O rector será elixido polo Pleno do Claustro da Universidade convocado para tal efecto de acordo co disposto no Regulamento de Rexime Interno do Claustro Universitario.
ELECCIÓNS A DECANO OU DIRECTOR DE CENTRO
Artigo 83.
O decano ou director será elixido pola Xunta de Centro convocada para tal efecto, de acordo co procedemento establecido para a elección de cargos unipersoais.
Artigo 84.
A convocatoria das elección conterá, ademais dos elementos recollidos no artigo 74, a data e hora prevista para a segunda votación, no caso de que fose precisa.
Artigo 85.
O candidato ou candidatos a decano ou director figurarán nunha lista única, por orde alfabética cun recadro ó seu carón.
Cada elector poderá da-lo seu voto a un único candidato, riscando cunha cruz o recadro correspondente, ou ben absterse.
Artigo 86.
O candidato que resulte elixido consonte ó artigo 79 será nomeado polo rector.
ELECCIÓNS A DIRECTOR DE DEPARTAMENTO
Requisitos dos candidatos.
Artigo 87.
O Consello de Departamento elixirá, por votación entre os seus membros, ó director, que terá a categoría de catedrático de universidade. De non haber candidato desta categoría ou no caso de que ningún dos candidatos acade maior número de votos positivos ca negativos, procederase á celebración dunha nova votación á que poderán incorpora-la súa candidatura os profesores titulares de universidade e os catedráticos de escolas universitarias que teñan título de doutor.
Nos departamentos constituídos exclusivamente por profesores de escolas universitarias, a dirección corresponderá tamén por elección a un dos seus catedráticos que teña título de doutor. De non haber candidato desta categoría, ou no caso de que ningún dos candidatos acade maior número de votos positivos ca negativos, procederase á celebración dunha nova votación, á que poderán incorpora-la súa candidatura os profesores titulares de escola universitaria que teñan título de doutor.
Artigo 88.
De non existir candidatos que reúnan os requisitos esixidos no artigo anterior, a Xunta de Goberno, unha vez oídas as Xuntas de Facultade ou Escola afectadas, e previo informe do Consello de Departamento, encargará provisoriamente as funcións de dirección a un dos profesores dese ou doutro departamento que reúnan os requisitos.
Desenvolvemento da elección.
Artigo 89.
A convocatoria faraa o director do departamento e deberá conter, ademais dos elementos sinalados no artigo 74:
Prazo de presentación de candidatos do corpo de catedráticos de universidade ou, no caso de departamentos formados exclusivamente por profesores de escolas universitarias, do corpo de catedráticos de escolas universitarias co título de doutor.
Outro prazo para o caso de que non se presente ningún candidato destes corpos, para que poidan incorpora-la súa candidatura os profesores titulares de universidade e os catedráticos de escola universitaria co título de doutor ou, no caso de departamentos formados exclusivamente por profesores de escola universitaria, os profesores titulares de escola universitaria, co título de doutor, amais os catedráticos que non o fixesen anteriormente e posúan este título.
Data e hora da votación da segunda fase, no caso de que fose precisa.
Artigo 90.
Na primeira fase da votación participarán como candidatos os profesores que presentaron a súa candidatura no prazo sinalado na convocatoria e cumpran os requisitos sinalados.
Artigo 91.
A continuación procederase a realizar unha votación da maneira seguinte:
As papeletas de votación conterán unha relación alfabética dos candidatos; cabo do nome de cada un deles figurarán as palabras "si" e "non" e á súa beira sendos recadros.
Trala presentación de candidatos, cada membro do Consello de Departamento poderá dar a cada candidato o seu voto "si" ou "non" riscando cunha cruz o recadro correspondente, ou ben absterse.
Artigo 92.
Efectuado o reconto, se existira un só candidato, e se este obtén máis votos positivos ca negativos, resultará elixido.
No caso de concorrer varios candidatos e que un só candidato obteña unha maioría absoluta de votos "si", este proclamarase como director do departamento.
De non se da-los supostos considerados nos apartados anteriores, procederase a unha segunda votación entre aqueles candidatos que conseguisen máis votos positivos ca negativos. Cada membro do Consello votará a un único candidato ou absterase, saíndo elixido o candidato que obteña o maior número de votos.
Artigo 93.
No caso de que ningún dos candidatos obteña máis votos positivos ca negativos, pasarase a unha segunda fase na que poderán incorpora-la súa candidatura ás xa presentadas, os profesores titulares de universidade e os catedráticos de escola universitaria co título de doutor ou no caso de departamentos formados exlusivamente por profesores de escola universitaria, os profesores titulares de escola universitaria co título de doutor , amais os catedráticos que non o fixeren anteriormente e posúan este título.
Artigo 94.
Trala presentación de candidatos procederase a unha votación na que cada membro do consello votará a un candidato ou se absterá, resultando elixido o candidato que obteña a maioría absoluta.
Artigo 95.
De non haber ningún candidato que consiga a maioría absoluta pasarase a unha nova votación na que resultará elixido o candidato que obteña maioría simple de votos.
Artigo 96.
O candidato electo polo consello de departamento será nomeado polo rector. O nomeamento será comunicado á Xunta de Goberno e ós decanos e directores das facultades, escolas e colexios universitarios onde o departamento desenvolva as súas funcións docentes e investigadoras.
ELECCIÓNS A DIRECTOR DE INSTITUTO UNIVERSITARIO
Artigo 97.
O director do instituto será elixido de acordo co establecido nos Estatutos, e segundo o procedemento previsto no Regulamento de Rexime Interno de cada Instituto que deberá respeta-lo establecido neste Regulamento Electoral
ELECCIÓNS A DIRECTOR DE CENTROS PROPIOS DA USC
Artigo 98.
O director de centros propios da Universidade será elixido polo consello do centro convocado a tal fin, seguindo o procedemento establecido para a elección de cargos unipersoais
DISPOSICIÓN FINAL
O presente regulamento entrará en vigor ó día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Goberno, quedando derrogadas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan ó seu contido, expresamente: Regulamento para elección de membros e constitución das Xuntas de Facultade e Escola nas Facultades, e Escolas Técnicas Superiores, Escolas Unversitarias da Universidade de Santiago de Compostela, (aprobado pola Xunta de Goberno do 20 de decembro de 1985). Regulamento para a elección de Directores de Departamentos, (aprobado pola Xunta de Goberno de 29 de xullo de 1989). Regulamento para a elección de representantes dos Estudiantes nos Consellos de Departamento, (aprobado pola Xunta de Gobenro do 24 de febreiro de 1988, e 28 e 29 de xuño de 1988). Normas para a elección de Decanos e Directores de Centros de nova creacción , (aprobadas pola Xunta de Gobenro do 22 de decembro de 1992).