Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Normativa derrogada  »  Resolución Reitoral do 3-II-2003 sobre Normas para o recoñecemento de actividades como créditos de libre configuración
NORMATIVA DEROGADA

Resolución Rectoral do 3-II-2003 sobre Normas para o recoñecemento de actividades como créditos de libre configuración

Con data 30 de xaneiro 2002 a Comisión de Ordenación Académica e Profesorado (COAP) do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, adoptou un acordo sobre a modificación das normas de recoñecemento de actividades como créditos de libre configuración.

O dito acordo revisa a normativa que se estaba a aplicar introducindo modificacions nas normas e no procedemento, e distinta redacción nalgunhas das súas alineas, ademais de dotala dunha estructura da que a normativa anterior carecía.

Consonte ó artigo 20 da Ley Orgánica de Universidades, o rector desenvolve as líneas de actuación aprobadas polos órganos colegiados correspondentes e executa os seus acordos, e é por isto que, este rectorado

RESOLVEU

PRIMEIRO.- Para o recoñecemento de actividades como créditos de libre elección aplicaránse as normas que se establecen no Anexo á presente resolución.

SEGUNDO.- A partir da data do rexistro de saída da presente resolución queda sen efecto a resolución do 19 de decembro de 2001 sobre normas para o recoñecemento de actividades como créditos de libre elección.

NORMAS PARA O RECOÑECEMENTO DE ACTIVIDADES COMO CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN

I. PROPOSTAS DE RECOÑECEMENTO

A.- QUEN PODE PROPOÑER

1.- Poderán propoñer o recoñecemento como créditos de libre configuración dunha actividade:

- Facultades, Escolas, Departamentos ou Institutos da Universidade de Santiago de Compostela.

- Outros órganos estables con función docente ou académica da Universidade de Santiago de Compostela.

- Os órganos de goberno xerais que se sinalan no artigo 13.a) da Lei Orgánica de Universidades (LOU).

2.- No caso de que o organizador da actividade sexa distinto do órgano universitario que propón o recoñecemento, este último asume toda a responsabilidade que puidera derivarse da proposta ante a Universidade.

No caso de que na organización da actividade participen empresas ou organizacións de carácter privado, só se autorizará o recoñecemento no caso de que exista unha implicación e compromiso claro por parte do órgano da Universidade de Santiago que propoña o recoñecemento, respecto á organización e control no desenvolvemento da actividade.

B.- ACTIVIDADES QUE SE RECOÑECEN

3.- A proposta de recoñecemento dunha actividade debe valorar a utilidade na formación dos alumnos, as garantías tanto na organización como no control da asistencia e o rendemento, ademais de que o contido da actividade non sexa idéntico ou semellante ós incluidos nalgunha materia troncal, obrigatoria ou optativa das titulacións para as que se propón.

4.- Para a autorización dos seminarios e actividades académicas requirirase, con carácter xeral, que teñan unha duración de trinta horas lectivas. Trinta horas lectivas, serán equivalentes a 1 crédito, agás acordo en contrario, que deberá ser expreso e a súa motivación recollerse na proposta.

5.- O número máximo de créditos que se poderá recoñecer por calquera actividade será de 9.

6.- Quedan fóra do ámbito de aplicación destas normas, as actividades que teñan a consideración de prácticas en empresas, traballos academicamente dirixidos ou estadías.

7.- (1) Non serán recoñecibles como créditos de libre configuración os estudios de posgrao nin partes ou módulos deles, nin de ningunha actividade dirixida exclusiva ou fundamentalmente a alumnos titulados.

A COAP, previo informe do órgano universitario encargado da aprobación definitiva, poderá autorizar o recoñecemento das actividades de formación continua que se estimen adecuadas para a formación de alumnos universitarios.

8.- Non se recoñecerá para os alumnos da universidade en xeral ou dun campus, as xornadas, congresos ou encontros especializados de calquera tipo, nos que o recoñecemento só se producirá no caso de que exista estreita relación coa Universidade, e só para os alumnos dos centros directamente vinculados coa temática do congreso ou encontro.

II. TRAMITACIÓN DAS PROPOSTAS

9. As propostas de recoñecemento deberán ser únicas por actividade ou seminario e incluirán necesariamente un responsable académico universitario.

10.- As propostas recollerán todos os datos segundo o modelo de solicitude anexo, e no posible, axustaranse ó dito modelo, dirixíndose ó Rector a través do Servicio de Xestión Académica. As ditas propostas acompañaranse da documentación que se estime conveniente sobre o seu contido para o seu estudio e autorización polo órgano correspondente (memoria, trípticos, folleto, etc.).

11.- As propostas de recoñecemento de cursos, seminarios e outras actividades como créditos de libre configuración, deben axustarse ós seguintes prazos:

a.- Actividades para alumnos de toda a Universidade ou dun campus: deberanse tramitar cunha antelación de 45 días naturais ó comezo da actividade.

b.- Actividades para alumnos de centros concretos: as solicitudes de recoñecemento, incluíndo os Acordos favorables das Facultades ou Escolas afectadas, tramitarase cunha antelación de 20 días naturais ó comezo da actividade.

O incumprimento destes prazos producirá a non autorización do recoñecemento da actividade e o arquivo sen mais trámite da solicitude.

12.- O responsable académico da actividade será o encargado da tramitación da proposta e de achegar todos os informes favorables dos Centros afectados.

13.- Recibida unha proposta de recoñecemento, o Servicio de Xestión Académica examinará a documentación achegada e, no seu caso, presentaralle a proposta de recoñecemento ó Rectorado no prazo máximo de 10 días.

14.- No caso de que a documentación sexa insuficiente ou que a actividade ou seminario proposto non se axuste ás normas establecidas, darase conta ó órgano propoñente a través do responsable académico para que resolva as deficiencias no prazo máximo de 10 días. De non recibir resposta neste prazo procederase a arquivar a solicitude.

15.- Recibida unha proposta no Servicio de Xestión Académica, farase pública a través das páxinas WEB da Universidade con indicación do seu estado de tramitación (“en trámite”, “autorizada”, “non autorizada”).

16.- No caso de actividades que se realicen periódicamente sen modificación no seu contido fundamental, poderá dictarse un único recoñecemento para as sucesivas edicións, polo período que se estime conveniente.

III. RESOLUCIÓN DE RECOÑECEMENTO. EFECTOS.

17.- Corresponde á Comisión de Ordenación Académica e Profesorado do Consello de Goberno (COAP), a autorización de recoñecemento como créditos de libre configuración das actividades que afecten ós alumnos de todos os Centros da Universidade, ou a un Campus. Tamén lle corresponderá a autorización de propostas xenéricas que afecten a todos os alumnos de distintos Centros dunha área determinada.

A Comisión, á vista da documentación presentada poderá solicitar os informes que considere precisos.

18.- O recoñecemento de actividades como créditos de libre configuración para os alumnos dun Centro ou Centros concretos, non precisará da dita aprobación, e será suficiente o Acordo favorable dos Centros afectados.

19.- O recoñecemento de seminarios ou actividades académicas como créditos de libre configuración farao o Rector á vista das propostas e informes preceptivos.

20.- As Resolucións polas que se autorice o recoñecemento incluirán un código para identificalas. O responsable académico indicará no certificado oficial de recoñecemento que entregará ós alumnos, este código ademais da data da Resolución pola que se autoriza a actividade.

21.- Dictada a Resolución de recoñecemento dunha actividade, será o responsable académico o encargado de entregarlle ós alumnos o certificado acreditativo de superación da actividade, segundo o modelo oficial aprobado pola Secretaría Xeral.

22.- O dito certificado oficial non substituirá en ningún suposto ó diploma ou certificado de asistencia ou superación que entreguen os organizadores, e só deberá expedirse previa petición do alumno interesado. Os exemplares necesarios solicitaranse ó Servicio de Xestión Académica.

23.- Para o recoñecemento de créditos os alumnos presentarán o certificado na unidade de xestión académica onde se lles expedirá, á vista do documento, o impreso de liquidación de prezos públicos. Aboados os prezos públicos o recoñecemento farase de plano e sen máis trámite.

24.- O sistema de acreditación mediante certificacións individuais establecido nas normas 21, 22 e 23 poderá ser substituido por unha acta na que se inclúan todo os alumnos que superaron a actividade, mediante autorización expresa do Vicerrectorado de Organización Académica e Profesorado. A dita autorización deberá solicitarse no momento da solicitude de recoñocemento da actividade.

Neste caso e unha vez celebrada a actividade, remitirase a acta ó Servicio de Xestión Académica quen será o encargado da acreditación dos alumnos mediante o procedemento que se estableza.

25.- O Rectorado dará conta ó Consello de Goberno a través da Comisión correspondente dos recoñecementos de actividades autorizados por interese universitario que non cumpran estrictamente estas normas.

26.- O Rectorado dará a máxima difusión do presente Acordo entre a comunidade universitaria e os seus órganos de goberno e administración.