Para poñer fin á situación anómala dos contratos de Profesor Asociado T3P4, propónse asimilalos a outros colectivos máis regulares e integrar no salario a bolsa que perciben actualmente.
O sentido da transfomación que se lle propón á Xunta de Goberno é o seguinte:
a) Se as necesidades docentes reais para o curso 1992-1993 aconsellaran novas contratacións de Profesorado, en lugar de proceder a éstas, propiciarase a transformación do número de contratos ASO-T3P4 precisos en contratos de ASO-T3TC (ou, no seu caso, de ASO-T2TC), coas obrigas docentes que corresponden á nova situación e con efectos económicos e administrativos do 1 de outubro de 1992. Excepcionalmente, se as circunstancias o aconsellan e o permiten, poderían transformarse en prazas de TIT-UN ou TIT-EU interinas, e neste caso sairían a concurso.
Os Departamentos, a través dos seus Consellos , deben facer proposta razoada dos contratos que ó seu xuízo deben ser transformados. Esta proposta será remitida ó Vicerrectorado de Profesorado que aprobará ou denegará o cambio. No caso de que varios candidatos cun mesmo perfil quixeran optar á transformación será preciso un concurso interno para establecer cales contratos en concreto se transforman.
b) Os restantes contratos de ASO-T3P4 quedarán asimilados a efectos retributivos ós de Axudante de primeira etapa, tamén con efectos de 1 de outubro de 1992, mantendo as obrigas docentes de 4 horas semanais.
c) Se antes da citada transformación entra en vigor a anunciada reforma da L.R.U., uns e outros pasarán ás novas figuras que se determinen (no último borrador Profesor Colaborador e Axudante), de acordo cos requisitos previstos na lei e procurando sempre por parte da Universidade, a transformación máis ventaxosa para tódalas partes.