Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Normas xerais e Estatutos  »  Disposicións Decreto de Segregación da USC

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

l. A segregación efectuada polo presente Decreto terá efectividade, con carácter xeral, a partir do 1 de xaneiro de 1990.


2. Non obstante, a súa efectividade, en canto á xestión do alumnado dos ciclos primeiro e segundo, quedará posposta ata o comenzo de curso académico 1990-91, e continuará a súa xestión a Universidade de Santiago ó longo do resto do curso 1989-90.


3. Os programas de terceiro ciclo para o bienio 89-91, que xa foron aprobados pola comisión de doutoramento da Universidade de Santiago, e nos que participan profesores segregados, seguirán sendo xestionados por esa Universidade, salvo que por convenio entre as universidades se determine o contrario. A expedición dos títulos de doutor dos alumnos matriculados para ese bienio corresponderá ás tres universidades, segundo acordos que establezan baseados nas características e contidos dos distintos programas.


4. Así mesmo, a actividade docente das novas universidades para o curso 1989-90 realizarase de acordo cos plans de organización docente aprobados pola Universidade de Santiago.


5. No referente ós expedientes disciplinarios en trámite a Universidade de Santiago instruirá o expediente e proporá resolución, resolvendo o Rector da Universidade na cal esté destinado o persoal obxecto do expediente incoado, non sendo a separación do servicio, sanción que tan só poderá ser acordada polo órgano competente segundo a lexislación de funcionarios, por proposta do Consello de Universidades.


6. A Universidade de Santiago de Compostela desenvolverá na medida que sexa preciso a xestión administrativa das Universidades da Coruña e Vigo, de acordo cos convenios subscritos pola Universidade de Santiago e as novas Universidades, en tanto estas non posúan unha estructura que lles permita facerse cargo de tódalas súas competencias de xestión, e sempre que as normas estatutarias provisionais das universidades novas contemplen modelos de xestión que sexan compatibles cos da Universidade.


7. O persoal de administración e servicios que actualmente presta servicios na Universidade de Santiago de Compostela, incluído o que resulte segregado, manterá o dereito a participar nos concursos de traslados previos á cobertura das prazas vacantes do cadro de persoal actual da Universidade de Santiago, contidas na oferta de emprego do ano 1989.


8. Ó alumnado que actualmente cursa estudios nas seccións dos colexios universitarios que son obxecto de segregación manterá o dereito a continua-los estudios de 2[[ordmasculine]] ciclo nas facultades correspondentes das outras universidades galegas.


9. Se como consecuencia da transformación dos colexios universitarios se producise a supresión dalgunha sección non transformada en estudios terminais e se para o profesorado con docencia nelas non houbese posibilidade de asignárselle nova docencia na universidade á que pertenzan, poderá procederse á súa transferencia xunto coa dotación económica das súas prazas á universidade na que se manteñan os estudios suprimidos mediante convenio entre ás universidades afectadas e aprobación por decreto da Xunta de Galicia, logo de informe do Consello Universitario Galego.


Para tales efectos e ata que se produza a transformación dos colexios universitarios manterase ese dereito con carácter transitorio.

 

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Co fin de garantir e facilita-lo uso común dos servicios xerais e de apoio á investigación das tres universidades, e das bibliotecas e dos laboratorios dos seno distintos departamentos formalizaranse os correspondentes convenios interuniversitarios.