Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Órganos de goberno e Valedor  »  Resolución do 14 de Xullo de 2003 pola que se Delega a Sinatura
RESOLUCIÓN DO 14 DE XULLO DE 2003 POLA QUE SE DELEGA A SINATURA DA POTESTADE CERTIFICANTE DO SECRETARIO XERAL EN DETERMINADOS ÓRGANOS

(DOG nº 158 do 18 de agosto de 2003)

(Corrección de erros DOG 17-10-2003)


(Resolución do 18 de maio de 2004 pola que se modifica a delegación de sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, artigos 9 e 13, DOG 1-xuño-2004)

(Resolución do 28-09-05 de delegación de sinatura da potestade certificante do secretario xeral no xefe da Unidade de Xestión Económica de I+D e no xefe da Unidade de Xestión da Produción Científica e Tecnolóxica, artigo 6, DOG 19-outubro-2005)

(Resolución do 30 de outubro de 2006 pola que se modifica a de 14 de xullo de 2004 pola que se delega a sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, artigos 7 e 8 , DOG 13-novembro-2006)

(Resolución do 12 de abril de 2007 pola que se modifica a do 14 de xullo de 2004, pola que se delega a sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, artigo 6, DOG 2-maio-2007)

(Resolución do 24 de setembro de 2007 pola que se modifica a do 14 de xullo de 2003, pola que se delega a sinatura da potestade certificante do/a secretario/a xeral endeterminados órganos, artigo 13, DOG 5-outubro-2007)

Os Estatutos da Universidade establecen como competencia propia do secretario xeral da Universidade "a expedición de certificacións" e a de ser quen dá fe pública dos acordos dos órganos de goberno, representación e administración da Universidade.

Ó ser competencia propia do secretario esta facultade certificante e ante o incremento das funcións certificantes nos Campus de Santiago e Lugo, procede realizar unha delegación de sinatura, nos termos establecidos no artigo 16 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas, da facultade certificante do secretario xeral en distintos órganos administrativos para axilizar os procedementos administrativos e evitar así o atraso que se pode producir polo asinamento de certificacións.

Por todo o anterior RESÓLVESE:

Primeiro.-

Delégase a sinatura da facultade certificante do secretario xeral da Universidade nos xefes das Unidades de Xestión Académica, para expedir as certificacións das materias seguintes:
  1. As certificacións académicas persoais de materias totais ou parciais.
  2. As que soliciten os interesados ou deban expedirse de oficio referidas exclusivamente ós datos administrativos, que constan nos expedientes que figuren nas devanditas Unidades de Xestión e non se deleguen expresamente nos xefes de División ou Subdivisións.
  3. As que fagan referencia á data de iniciación dos procedementos de matrícula ordinaria ou extraordinaria que formalicen os interesados.

Segundo.-

Apróbase a delegación de sinatura da facultade certificante do secretario xeral da Universidade nos xefes de División ou de Subdivisión, segundo proceda, das Unidades de Xestión Académica, para expedir as certificacións das materias seguintes:
  1. As que acrediten o pagamento ou exención dos prezos de matrícula.
  2. As que se refiran á presentación dos documentos esixidos para formalizar a solicitude de matrícula.

Terceiro.-

Quedan reservados ó secretario xeral da Universidade, e pola súa suplencia, ó secretario xeral adxunto coa excepción establecida no punto quinto da presente Resolución, a titularidade e exercicio en materia de alumnado da facultade certificante respecto de:
  1. As certicacións académicas oficiais.
  2. A certificación sobre cualificacións de grao de Licenciado.
  3. As certificacións supletorias dos títulos oficiais de Diplomado, Licenciado e, de ser o caso, Doutor, así como dos títulos propios e do Diploma de Estudios Avanzados.
  4. As funcións propias recollidas nos Estatutos ou atribuídas polas disposicións legais ou regulamentarias que non sexan obxecto de delegación expresa.

Cuarto.-

Delégase nos xefes das Unidades de Xestión Académica a certificación de anulación de matrícula se o alumno acredita estar admitido ou matriculado noutra Universidade.

Quinto.-

Delégase a sinatura da facultade certificante do secretario xeral no vicerrector de Coordinación do Campus de Lugo nos seguintes actos e sempre dentro do ámbito territorial do Campus de Lugo:

Asinamento das certificacións supletorias dos títulos oficiais de alumnos que rematen os seus estudios nas titulacións do Campus de Lugo.

Asinamento de certificacións en materia de alumnado matriculado no Campus de Lugo nas que a súa sinatura non estea delegada noutros órganos ou unidades administrativas.

Certificados para a solicitude de expedición de duplicados de títulos que se tramitan directamente ó Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Certificados de Probas de Conxunto

Certificados alumnos suxeitos ó Convenio Universidades Galegas

Certificados sobre o Exame de Grao

Certificados de Memoria de Licenciatura

Certificados de Premios Extraordinarios de Licenciatura

Certificacións Académicas Oficiais relativas ós traslados de expedientes.

O asinamento das resolucións motivadas que se dicten autorizando ou denegando a rectificación das actas académicas en disciplinas que se impartan no Campus de Lugo.

Sexto.-

No eido das competencias atribuídas na xestión da investigación universitaria:
  1. Delégase no xefe da Unidade de Xestión Económica de I+D o asinamento de certificacións relativas ao financiamento, ingresos e execución de gastos das actividades de investigación e desenvolvemento realizadas na USC, cando esa certificación teña que ser achegada como xustificación ante entidades financiadoras das ditas actividades. (Modificación introducida pola Resolución do 28 de setembro de 2005)
  2. Delégase no xefe da Unidade de Xestión da Produción Científica e Tecnolóxica o asinamento de certificacións relativas aos datos que consten na documentación que se atopa nos arquivos da citada oficina. (Modificación introducida pola Resolución do 28 de setembro de 2005).
  3. Delégase no vicexerente do Campus de Lugo as certificacións relativas aos datos que consten na documentación da Oficina da OIT no Campus de Lugo.

Sétimo.-

Delégasena Vicerreitora de Profesorado e Organización Académica:
  1. As certificacións sobre datos que figuren no POD/PDA*
  2. As certificacións sobre concesión de "venia docendi"*
  3. As certificacións sobre a acreditación de titores externos e clínicos*
  4. A acreditación de datos que figuren no Vicerrectorado sobre o Plan de Traballo anual dos profesores.*
(* Modificación introducida pola Resolución do 30 de outubro de 2006)

Oitavo.-

Delégase no director do Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua, no marco das competencias do CPTF:
  1. As certificacións sobre dirección de teses, dirección de traballos de investigación tutelados e proxectos dirixidos*.
  2. As certificacións sobre tribunais de teses e tribunais para a obtención do diploma de estudos avanzados*.
  3. As certificacións sobre docencia en terceiro ciclo, posgrao e formación continua*.
(* Modificación introducida pola Resolución do 30 de outubro de 2006)

Noveno.-

Delégase no vicexerente do campus de Lugo a sinatura da facultade certificante do secretario xeral da universidade nos seguintes supostos:
  1. Certificar a condición de persoal contratado no ámbito do campus de Lugo para os efectos de solicitar a concesión das subvencións de matrícula nos centros de ensino, ou para que produza efectos en calquera acto da vida administrativa dos interesados, unicamente no ámbito da Universidade de Santiago de Compostela*.
  2. Certificar os servizos prestados por persoal contratado temporal no campus de Lugo*.
(* Modificación introducida pola Resolución do 18 de maio de 2004)

Décimo.-

Delégase no xefe do Servicio de Xestión de Persoal, en relación co persoal universitario, a función certificante do secretario xeral da Universidade, referida exclusivamente ós seguintes supostos:

Certifica-la condición de funcionario ou traballador da Universidade, en situación de servicio activo para solicitar a concesión de subvencións de matrícula nos centros de ensino.

Certificar ou constatar a situación de servicio activo dos funcionarios ou traballadores para que produza efectos en calquera acto da vida administrativa dos interesados, unicamente no ámbito da Universidade de Santiago.

Certificación dos datos que obran no expediente persoal do PAS para os de participar nos concursos de provisión de postos da propia USC.

Certificar as contías das retribucións básicas e complementarias percibidas anualmente polo persoal universitario para os únicos efectos de presentar a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Certificar ou constatar calquera extremo de carácter retributivo sobre cantidades percibidas polo persoal universitario para que produza efectos en actos da vida administrativa dos interesados, unicamente no ámbito da Universidade de Santiago.

Décimo-primeiro.-

Delégase no xefe da Oficina de Relacións Exteriores o asinamento de documentos internacional. En particular deléganse, en materia de intercambio e convenios bilaterais, a sinatura dos “Transcriptor of records” para estudiantes de intercambio, en tanto non se inclúan como certificados académicos ordinarios.

Décimo-segundo.-

Delégase no xefe da Sección de Xestión e Admisión de alumnos e no xefe de negociado de alumnos-información do Campus de Lugo,

A expedición de documentos nos que se faga constar as titulacións que se imparten na USC.

A expedición de documentos que poidan surtir efectos noutras Administracións Públicas nos que se faga constar a presentación de solicitudes, a situación dos procedementos ou calquera outra circunstancia administrativa en relación con procedementos de acceso ou ingreso.

Décimo-terceiro.-

Delégase no xefe da Sección de Terceiro Ciclo, sen prexuízo do disposto no punto terceiro, a sinatura da facultade certificante do secretario xeral en materia de estudos do terceiro ciclo, posgrao e formación continua, no tocante ás seguintes certificacións:
  1. As dos datos dos alumnos de terceiro ciclo, posgrao e formación continua*.
  2. As certificacións académicas persoais de materias totais ou parciais*.
  3. As que soliciten os interesados ou deban expedirse de oficio referidas exclusivamente aos datos administrativos que constan nos expedientes tramitados pola devandita sección*.
  4. As que fagan referencia á data de iniciación dos procedementos de matrícula ordinaria ou extraordinaria que formalicen os interesados*.
  5. As que acrediten o pagamento ou exención dos prezos de matrícula*.
  6. As que se refiran á presentación dos documentos exixidos para formalizar a matrícula*.
  7. Delégase no/a xefe/a da Unidade e Xestión Académica do Campus de Lugo potestade certificante das certificacións relacionadas neste artigo correspondentes ó campus de Lugo* (Modificación introducida pola Resolución do 24 de setembro de 2007)
(* Modificación introducida pola Resolución do 18 de maio de 2004)

Décimo-cuarto.-

Consideraranse autorizados a expedir certificacións o xerente ou o vicerrector que corresponda cando unha norma ou convocatoria estableza que algún destes órganos deben expedir ertificados para aportar nun procedemento administrativo, debendo cumprir en todo caso coas disposicións sobre expedición de certificacións.

Décimo-quinto.-

Cando se emitan certificacións en uso desta delegación de sinatura farase constar así expresamente e considerarase dictada polo órgano delegante.

Décimo-sexto.-

En caso de ausencia ou enfermidade do órgano delegado, este ou o órgano delegante designará quen o substitúa.

Décimo-sétimo.-

A Secretaría Xeral poderá dictar instruccións sobre os modelos de certificacións en desenvolvemento desta Resolución.

Disposición derrogatoria.-

A presente Resolución derroga a Resolucións do secretario xeral do 26 de setembro de 2001 sobre delegación de sinatura no Director da OIT, as de 11 de marzo de 1998 e 24 de setembro de 2001, así como calquera outra que se opoña ó contido da presente delegación de sinatura.

Esta resolución derroga parcialmente e nos termos indicados a Resolución do 14 de xullo de 2003 (DOG do 18 de agosto e 17 de outubro), pola que se delega a sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, así como calquera outra que se opoña ao contido desta delegación de sinatura. (Modificación introducida pola Resolución do 18 de maio de 2004)

Esta resolución derroga parcialmente e nos termos indicados a Resolución do 14 de xullo de 2003 (DOG do 18 de agosto e do 17 de outubro) e a Resolución do 18 de maio de 2004 (DOG do 1 de xuño), polas que se aproban a delegación de sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, así como calquera outra que se opoña ao contido desta delegación de sinatura.(Modificación introducida pola Resolución do 28 de setembro de 2005)

Disposición final.-

Esta resolución terá eficacia o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (Modificación introducida pola Resolución do 18 de maio de 2004)

Santiago de Compostela, a 14 de xullo do 2003

O secretario xeral


Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz