1.- LEXISLACIÓN ESTATAL
1.1.- Lei Orgánica de Universidades (Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro; B.O.E. nº 307 do 24 de decembro de 2001)
1.2.- Real decreto 557/1991, do 12 de abril, sobre creación e recoñecemento de universidades e centros universitarios BOE nº 95 do 20 de abril), modificado por Real Decreto 485/1995, do 7 de abril (BOE do 28 de abril).
2.- XURISPRUDENCIA
Fundamento xurídico 9º da STC do 27 de febreiro de 1987 sobre composición do Consello Social. Esta sentencia anula a súa intervención sobre minoración ou cambio de denominación ou categoría, dunha praza (art.39 L.R.U.). O artigo 47.3 é declarado inconstitucional ó atribuír a este órgano funcións académicas, cando pola súa composición, a Comunidade Universitaria é minoritaria.
3. LEXISLACIÓN AUTONÓMICA
3.1 Lei 7/2001, do 2 de xullo, de control en materia de creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudios na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136 do 13 de xullo, BOE nº 183 do 1 de agosto).
3.2 Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorizacións de estudios na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 157 do 16 de agosto de 1994).