Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Organización docente  »  Inclusión de Bolseiros no Plano de Organización Docente (P.O.D.)

 

Inclusión de Bolseiros no Plano de Organización Docente (P.O.D.)

(Xunta de Goberno do 18 de febreiro de 1998)

O acordo de Xunta de Goberno de 21 de decembro de 1995 determina que "pódense contabilizar no P.O.D. aqueles bolseiros que teñan sido seleccionados a través dun concurso público de méritos, sempre que a convocatoria da bolsa non o prohíba de xeito específico".

O acordo de Xunta de Goberno de 15 de febreiro de 1996 regulamenta as condicións desta inclusión de bolseiros no P.O.D. Este acordo aparece recollido no punto 4.1.3. da "Normativa para a Organización Docente de 1º e 2º ciclo" aprobada pola Xunta de Goberno o día 31 de outubro de 1996.

Como consecuencia das modificacións das últimas convocatorias de bolsas e co fin de dar maior liberdade ós departamentos en relación con este tema, é necesario modificar o acordo de Xunta de Goberno de 15 de febreiro de 1996 e o punto 4.1.3. da "Normativa para a Organización Docente de 1º e 2º ciclo" aprobada pola Xunta de Goberno de 31 de outubro de 1996 que queda substituído polo seguinte acordo:

1.- Como criterio xeral, poderanse incluír no P.O.D. os bolseiros seleccionados mediante concurso público, sempre que as condicións da bolsa non o impida. A comisión de Investigación, delegada de Xunta de Goberno, en función deste criterio xeral, aprobará un listado coa relación do tipo de bolsas que poden ser incluídas no P.O.D.. Para o resto de bolsas non incluídas nesta listaxe, por non ser obrigatoria a selección por concurso público, a Comisión de Investigación estudiará, tras a solicitude do interesado, a procedencia ou non da súa inclusión no P.O.D. en función do método de selección seguido.

2.- O Departamento vixilará polo cumprimento das condicións da convocatoria da bolsa e das normas que lle sexan de aplicación en función da situación do bolseiro e só incluirá no P.O.D., ós bolseiros para os que exista autorización previa da Comisión de Investigación.

A adicación dun bolseiro no P.O.D. será a fixada pola convocatoria da bolsa e se esta non establece o número de horas, este número será fixado polo consello de departamento.

3.- Será necesaria a súa inclusión explícita na primeira proposta de P.O.D. feita polo departamento. Só poderán ser incorporados posteriormente aqueles bolseiros que reciban a súa primeira acreditación nas datas seguintes ó envío de P.O.D. As horas de docencia cubertas por bolseiros non condicionarán a avaliación de necesidades docentes do departamento.

4.- No caso de que un bolseiro incorporado no P.O.D. perdera a súa condición como tal antes de cubrir a totalidade da docencia asignada, o departamento fará a reformulación do P.O.D. onde soamente se recollan as horas xa impartidas.

5.- O Vicerrectorado só emitirá certificación destas inclusións no P.O.D. unha vez finalizado o curso académico ou tras o certificado do Departamento afectado onde se indique o número de horas xa impartido.

6.- Para os titulares de contratos de incorporación é aplicable todo o anterior.