DIRECTRICES PROPIAS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DOS PLANOS DE ESTUDIO.
(Claustro universitario do 16 de xuño de1997).
A reforma dos planos de estudio e a implantación de novas titulacións constitúen unha ocasión histórica para reconsiderar os deseños curriculares, tanto na súa estructura como nos seus contidos, atendendo ás demandas da sociedade e a inaprazable necesidade de superar as eivas pedagóxicas do ensino universitario, que tanto profesores como alumnos veñen denunciando dende hai tempo.
Neste senso, os principios que se seguiron no traballo da Comisión de Titulacións son os seguintes:
- para as diplomaturas: entre 180 e 198 créditos. En casos debidamente xustificados perante a Comisión de Titulacións, podería ampliarse ata 216 créditos.
- para as licenciaturas de primeiro e segundo ciclo: 300 créditos, excepcionalmente ampliables ata 330.
- para as licenciaturas de só segundo ciclo: entre 120 e 132 créditos.
- para as titulacións técnicas, dada a súa especificidade, os límites poderían situarse entre 180 e 225 créditos, para as de primeiro ciclo; entre 300 e 375 para as de primeiro e segundo ciclo, e entre 120 e 150 para os segundos ciclos de titulacións técnicas de primeiro e segundo ciclo.
Non se establece un número máximo de créditos por curso académico, nin se fixa un número mínimo de cursos académicos para a obtención dos títulos. Ámbolos dous extremos poderán ser determinados polos centros, aínda que se recomenda deixar liberdade aos estudiantes para a elección do número de créditos que realicen cada ano, e, polo tanto, do número de anos para acadar o título. Sen embargo, recoméndase unha estructura do plano de estudios co menor número posible de materias por ano académico, das que non máis de seis deberían cursarse simultaneamente.
En ningún caso se autorizará unha orientación ou especialidade que poidera solaparse cunha titulación ou especialidade doutro plano de estudios desta Universidade.
Cada plano de estudios irá acompañado dun estudio dos medios humanos e de infraestructura que necesitaría o devandito plano, comparándoo cos medios que posúe actualmente o centro correspondente. Os planos de estudio poderán incluír unha relación de materias optativas que poderían impartir as universidades, de tal forma que a oferta académica anual poderá ser modificada o inicio de cada curso académico. En todo caso estímase suficiente unha oferta de entre 2 e 2,5 créditos por cada crédito que debe cursar o alumno. Procurarase que as materias troncais, obrigatorias e optativas de titulacións afíns sexan consideradas materias optativas.
6. Informe da Comisión de Titulacións do Claustro en relacións aos planos de estudio
Os proxectos de planos de estudios elaborados polos centros deberán contar cun informe da Comisión de Titulacións do Claustro antes de ser presentados á Xunta de Goberno para a súa aprobación e posterior remisión ao Consello de Universidades.
Este anteproxecto debe:
- denominación
- carácter (troncal, obrigatorio ou optativo)
- número de créditos teóricos e prácticos que deben relexa-lo esforzo que o alumno debe realizar para supera-lo programa previsto: As materias que integran o plano de estudios, xa se trate de troncais, obrigatorias ou optativas, non poderán ter unha carga lectiva menor de 4,5 créditos, se se trata de cuadrimestrais, ou de 9 créditos, se se trata de anuais. A dita previsión non será de aplicación a aquelas materias troncais que, excepcionalmente, e polo seu carácter singular e específico, foron obxecto, nas correspondentes directrices xerais propias, dunha carga lectiva de dous ou tres créditos. O número de créditos teóricos de cada materia tenderá a ser múltiplo de 1,5 para as cuadrimestrais e de 3 para as anuais.
- contidos básicos. Tamén se especificará o tipo de practicas a que se refiren os correspondentes créditos: problema/encerado, laboratorio, seminario, presentación de casos, traballos de campo, traballos en institucións ou empresas, prácticas de arquivos, traballos personalizados… Sen que isto signifique renunciar a ningunha das melloras que se considere oportuno contemplar, é necesario facer a programación de cada materia de tal forma que a docencia poida ter a calidade suficiente cos medios actuais.
- área/s de coñecemento a que corresponde a docencia.
- prácticas en empresas ou en institucións
- traballos de investigación ou académicos dirixidos
- estancias noutras universidades
- outras actividades
i. Táboa de adaptacións dos planos vixentes ao novo plano de estudios. En todo caso, aos alumnos que teñan cursado parte dos seus estudios por un plano de estudios renovado e se adapten a un plano novo seranlles adaptados un número de créditos non inferior ó 95% dos créditos cursados. Os créditos superados que non teñan encaixe no novo plano de estudios seranlles considerados como créditos de libre elección ou optativos.
3.6 No texto do anteproxecto figurarán todas as propostas formuladas no seo da comisión, tanto as maioritarias como as minoritarias. Unha vez elaborado, será remitido ao Vicerrectorado de Ordenación Académica e Titulacións, que o fará chegar a todos os centros co fin de que o coñezan e o dean a coñecer aos departamentos adscritos a él para a presentación das obxeccións e melloras que consideren oportunas. Ó mesmo tempo o centro distribuirá o anteproxecto entre o seu profesorado e entre os representantes dos estudiantes na xunta de centro.
Unha Comisión de Seguimento dos planos de estudios nomeada pola Xunta de Goberno entre os membros da Comisión de Titulacións do Claustro, encargarase do seguimento, evolución e análise do cumprimento dos mesmos e fará as suxerencias de modificación que considere oportunas (en concreto, poderá facer propostas de adaptación dos planos de estudio en relación co número mínimo de créditos por disciplina e do número máximo de disciplinas por curso).
En todo caso, se a Comisión considera que a resposta do Centro ás suxerencias de modificación non é satisfactoria pode plantexar á Xunta de Goberno a necesidade de que o Vicerrectorado de Ordenación Académica e Titulacións inicie o procedemento establecido nos apartados 3.8, 3.9, 3.10 e 3.11.
Aqueles centros que imparten titulacións que dispoñan de directrices propias e queiran implantar un novo plano de estudios nun determinado curso, deben ter en conta o seguinte calendario orientativo:
En todo caso, tendo en conta que o Consello de Universidades dispón de seis meses de prazo para a homologación dun plano de estudios, é necesario que a Xunta de Goberno poida aprobalo en febreiro para poder remitilo en marzo.
MARCO LEXISLATIVO SOBRE A ELABORACIÓN DOS NOVOS PLANOS DE ESTUDIOS
A Universidade de Santiago, preocupada pola reforma dos planos de estudios e pola implantación de novas titulacións, constituíu unha Comisión de Titulacións, no seo do propio Claustro, para determinar o procedemento de elaboración de novos planos de estudios e de novas titulacións.
Aínda que o real decreto que fixa as directrices xerais comúns dos planos de estudio é de finais de 1987, sufriu diversas modificacións que fan necesario que a Universidade adapte ás novas disposicións a normativa aprobada polo Claustro o 28 de maio de 1991.
Este documento pretende recoller a normativa actual e aproveitar a experiencia acumulada nestes anos.
Neste documento facemos referencia aos planos de estudios que conducen á obtención de títulos universitarios con validez en todo o territorio estatal, e xa que logo, aos que teñen carácter oficial, dos que a Universidade de Santiago organizará a docencia, elaborará, aprobará e propoñerá ao Consello de Universidades, para a súa homologación, os correspondentes planos de estudios.
As disposicións legais ás que deben axustarse as propostas de planos de estudios son as seguintes:
Cada plano de estudios debe axeitarse ás directrices xerais comúns, e así mesmo debe axeitarse ás directrices xerais propias do título correspondente.
Neste apartado do documento pretendemos unha breve descrición sistematizada e orientativa dos condicionantes legais establecidos no R.D. das directrices xerais comúns para todo plano de estudios.
Un plano de estudios debe incluír:
Ao segundo ciclo accédese dende o primeiro ciclo da mesma licenciatura ou enxeñería directamente, e dende outros primeiros ciclos, segundo establezan as directrices xerais propias do título correspondente. Tal acceso pode ser directamente ou a través de "pasarelas" ou complementos de formación.
Hai tamén licenciaturas ou enxeñerías de só segundo ciclo, ás que se accede dende os primeiros ciclos que determinen as directrices xerais propias correspondentes.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior as indicadas ensinanzas, equivalentes ás teóricas e prácticas poderán ter unha correspondencia distinta da sinalada en dito parágrafo.
En todo caso cando a adaptación de determinados planos de estudio a unha directiva comunitaria así o esixa, os créditos asignados, tanto ás ensinanzas prácticas como ás equivalentes, terán unha correspondencia distinta da indicada.
Os créditos teñen as seguintes funcións:
O número de créditos de cada materia troncal a que se refire o parágrafo anterior non poderán ser incrementados nos planos de estudios que aproben as universidades, por encima do 15 % da carga lectiva troncal por ciclo ou do 25% da carga lectiva de cada materia troncal, salvo que se xustifique ante o Consello de Universidades que co dito incremento se consegue unha mellor utilización de recursos e se produce unha diminución do número de materias.
O plano de estudios debe expresar:
As directrices propias de cada título establecen:
Cada universidade pode organizar as materias troncais en disciplinas concretas, coa condición de que nelas se inclúan o número de créditos e os contidos establecidos nas directrices propias.
Os planos de estudios deben incluír as disciplinas que configuran as materias troncais establecidas nas directrices propias, as materias obrigatorias establecidas pola propia universidade e as materias que se poden ofrecer como optativas para que o alumno elixa entre elas.
A oferta académica anual de disciplinas optativas poderá ser modificada ao inicio de cada curso académico mediante a inclusión ou supresión dalgunhas materias.
No plano de estudios cada materia debe incluír:
As materias que forman un plano de estudios poden adscribirse a cursos académicos, pero non é imprescindible, nin vinculante; sen embargo, é obrigatorio diferenciar netamente as materias de cada ciclo nas titulacións que inclúan primeiro e segundo ciclo.
Os planos de estudio poden indicar a secuencia temporal da aprendizaxe fixando incompatibilidades entre materias. A ordenación temporal pode facerse de dous xeitos.
Os planos de estudios pode incluír a posibilidade de contabilizar como créditos a realización de prácticas en empresas, traballos profesionais dirixidos academicamente, traballos de campo, prácticas en empresas ou institucións, traballos de investigación, estancias formativas noutras universidades, etc. Nese caso tales actividades deben valorarse en termos de créditos, aínda que non ten por qué referirse cada crédito a dez horas de actividade. Así, e a título orientativo para os centros no momento de determinar os criterios para contabilizar este tipo de actividades en termos de créditos, os programas europeos de transferencia de créditos diferencian entre distintas actividades para valoralas en créditos. Os que se enuncian a continuación son un exemplo:
30 horas prácticas clínicas ……………………………….. 1 crédito
30 horas de prácticas de campo ………………………….. 1 crédito
30 horas de traballos ou prácticas en institucións e/ou
empresas ………………………………………………….. 1 crédito
2 meses de estancia noutra universidade ou centro
de investigación ………………………………………….. 10 créditos
1 traballo de investigación que implique dous meses de
adicación a tempo completo ……………………………… 10 créditos
Dada a mobilidade dos estudiantes universitarios entre universidades da Comunidade Europea, parece conveniente que os planos de estudios inclúan os procedementos para contabilizar en créditos os estudios que realicen noutras universidades, sobre todo cando tales estudios son realizados no marco de convenios internacionais asinados pola Universidade. Pódese incluír por exemplo, a posibilidade de validación de créditos en materias do plano de estudios cando os seus contidos son cursados e superados noutra universidade; ou que se poidan validar créditos, de libre elección e, mesmo, parte dos créditos optativos con materias cursadas e superadas noutra universidade.
Cando se establezan convenios con outras universidades que inclúan o intercambio de estudiantes, debería precisarse, en número de créditos, o recoñecemento das actividades formativas que os alumnos realicen durante a súa estancia nas outras universidades.
Os planos de estudio poden incluír o período de escolaridade mínimo para a obtención do título. Sen embargo, non parece razoable que tal período se fixe mediante a indicación dun número mínimo de cursos académicos entre o inicio e o final dos estudios, xa que, teoricamente, un estudiante pode superar todos os créditos nun número menor de anos que os que se indiquen e, nese caso, tendo os créditos cursados non se lle podería negar o título.
Con todo, pode impoñerse un período mínimo de escolaridade establecendo un número máximo de créditos para superar en cada curso académico (non se deberían contabilizar os créditos obtidos por validación de estudios anteriores). Este procedemento poderá xustificarse se consegue evitar unha excesiva acumulación de materias por parte do estudiante, e dende a perspectiva da psicoloxía da aprendizaxe, que require uns intervalos de tempo no proceso formativo de cara a asimilación de coñecementos, incompatible coa aprendizaxe apresurada destes.
De todas as formas, se o plano de estudios non indica explicitamente o número máximo de créditos que se poden cursar por ano académico, non existe ningún límite de anos para superar os créditos que dan dereito á obtención do título.
Os planos de estudios poden establecer a realización dun exame ou proba xeral a fin dos estudios, ou un traballo, memoria de licenciatura ou proxecto fin de carreira, como requisito para obtención do título. Tal exame, proba, memoria de licenciatura, proxecto … ten que ser contabilizado, se se esixe, no plano de estudios, asignándolle os correspondentes créditos, formando parte do total dos créditos que é necesario superar para a obtención do título. Cando un plano de estudios non o indique expresamente, non se poderá esixir o proxecto fin de carreira. Doutra maneira desaparece a obriga do traballo ou proxecto fin de carreira nas enxeñerías, pasando a ser unha opción que pode ou non incluír a universidade no plano de estudios de calquera título universitario.
As directrices comúns sinalan uns límites permitidos en relación ao número de créditos.
Cando un plano de estudios estea organizado en cursos académicos, a carga lectiva en cada un deles debe situarse entre 60 e 90 créditos, incluídas as prácticas, e a carga lectiva das ensinanzas teóricas non pode sobrepasar os 45 créditos.
Considérase que un curso académico comprende 30 semanas lectivas e que a carga lectiva semanal debe oscilar entre 20 e 30 horas, incluídas as ensinanzas prácticas. En ningún caso as horas de ensino teórico superarán as 15 horas semanais.
En caso de que os planos de estudio non indiquen a distribución por cursos académicos, si deberán indicar para cada ciclo a súa duración en anos académicos equivalentes.
Os primeiros ciclos poden ser de dous ou de tres anos, pero, en todo caso as diplomaturas con título terminal e as enxeñerías técnicas teñen que ter, polo menos, 180 créditos. Os segundos ciclos, son, normalmente, de dous anos, e poden ser de tres no caso das licenciaturas e enxeñerías de dous ciclos que teñan o primeiro ciclo de dous anos. A licenciatura en Medicina, excepcionalmente, consta de dous ciclos de tres anos cada un. As licenciaturas e enxeñerías de só segundo ciclo son necesariamente de dous anos.
Unha vez vez máis é importante subliñar que a duración en anos académicos establécese unicamente para os efectos de determinación de carga lectiva, non como obriga de realizar o currículo en cursos académicos determinados.
Polas características especiais que presentan os créditos de libre elección para o alumno e pola problemática específica a que poden dar lugar, merecen unha consideración á parte.
Como é sabido, as directrices xerais comúns establecen unha porcentaxe mínima de créditos de libre elección por parte do alumno. Estes créditos non teñen nada que ver coas materias optativas que o alumno elixe entre as que se ofertan como tales e se inclúen no plano de estudios de cada titulación.
Para cursar os créditos de libre elección co fin de configurar o seu currículo, o alumno pode escoller libremente as materias que queira entre todas as dispensadas pola universidade. É dicir, calquera das materias de calquera plano de estudios pode ser elixida polo alumno para completar os créditos de libre elección. O número de tales créditos, que hai que fixar en cada plano de estudios, non pode ser inferior ao 10% da carga lectiva total que dá dereito á obtención dun título.
Por tanto as materias que contabilizan para os créditos de libre elección non figuran no plano de estudios. Poden pertencer a outro plano de estudios e a outros centros distintos daquel no que o alumno pretende conseguir o título.
Isto pode suscitar algúns problemas. Por un lado é necesario repectar a liberdade do alumno para elixir as materias que queira, xa que non se pode establecer unha lista de "materias de libre elección", xa que o son todas por principio.
Por outro lado é necesario ter en conta a capacidade docente dos departamentos aos que se adscriben as materias xa que, teoricamente, podería producirse unha saturación dalgunhas materias e, consecuentemente, unha incapacidade, mesmo física, de espacio. Pero tamén hai que considerar que a demanda de docencia nestas materias de libre elección non ten por qué manterse constante dun ano para outro. Pode que nun curso académico haxa moitos alumnos nunha materia e para o seguinte moi poucos; podería darse a situación de, nun curso contratar profesorado para cubrir a docencia e para o curso seguinte non ter alumnos aos que lles dispensar docencia.
Para resolver estes problemas poden establecerse "límites de capacidade" para as diversas materias, evitando así que os créditos de libre elección dean lugar a grupos de docencia demasiado numerosos ou a multitude de grupos nunha determinada materia.
Os centros deben indicar, tamén, a título orientativo para os alumnos, cáles son as materias ou tipo de materias máis axeitadas, como complementarias, en relación ao plano de estudios que dispensan.
Tamén se pode facer unha lista daquelas materias que, polo seu carácter interdisciplinar ou de formación xeral e básica, se consideran máis recomendables para os alumnos doutros centros.
Así mesmo, a universidade pode establecer, se así o determina a Xunta de Goberno, materias que, sen ser de ningún plano de estudios concreto, se poidan dispensar en relación aos créditos de libre elección por parte do alumno. Neste caso deberá detallarse a súa extensión en créditos, os seus contidos básicos e a área ou áreas de coñecemento as que se adscriben..
Os planos de estudio deberanse adaptar á normativa vixente antes de que finalice a vixencia temporal de tales planos, equivalente ó número de anos de que actualmente constan. Os indicados planos de estudio, unha vez homologada a adaptación, iniciaranse no curso académico inmediatamente seguinte á finalización da citada vixencia, quedando extinguido o actual curso a curso.